-->
O FICRURAL 2019 adica a súa
retrospectiva a YOSEBA MP, que vai facer un
mural durante a celebración deste evento en Compostela
O Foro Internacional da Economía e da Cultura Rural acolle do 26 ao 28 de setembro a realización dun mural en directo deste artista multidisciplinar da serie Fenómenos do Rural
O Festival
Internacional de Cine Rural de Galicia, único festival específico
de cine rural que hai en Galicia, é un espazo para a divulgación e exhibición
de curtametraxes documentais e de ficción, cunha temática relacionada co medio
rural e coa recuperación da memoria material e inmaterial dos pobos do mundo, que este ano se celebra no marco do I Foro Internacional de Economía e Cultura Rural de Galicia FICRURAL.
ACHEGAR A CULTURA AO RURAL
O FICRURAL estará espallado este ano a todo o rural de Compostela, a través de programación nos seu
centros socioculturais, onde se fará o visionado e posterior votación dos
filmes finalistas (10 de entre mais de 200 presentadas dende diferentes paises)
polos asistentes. Todos os actos deste foro son de balde, coa vontade punto de encontro para
a cidadanía en xeral e para os profesionais do sector audiovisual, un espazo
para o debate e a reflexión creativa sobre o pasado, o presente e o futuro do
mundo rural.
Con esta iniciativa
reivindicamos igualmente a figura e o legado do gran cineasta de
Cartelle, Carlos Velo, promovendo a creación e o
desenvolvemento de proxectos artísticos, sociais, culturais, económicos e obras
audiovisuais que xiren arredor do medio rural e do seu futuro.
Entre os obxectivos dos
organizadores deste festival multidisciplinar hai que destacar o interese polo
coñecemento, a conservación e a defensa das culturas e dos sinais identitarios
do mundo rural dos pobos do mundo, do seu singular patrimonio material e
inmaterial, a recuperación e a codificación da memoria histórica e colectiva, e
a promoción do intercambio interxeracional e a participación cidadá neste
debate necesario e imprescindible sobre o futuro do mundo rural.
Esta iniciativa quere ser un
referente cultural e artístico contemporáneo, un evento que proporcione un
espazo de encontro e de proxección exterior do talento creativo pasado,
presente e futuro. Neste contexto enmárcase tamén a homenaxe ao cineasta Eloy
Lozano, que se vai desenvolver ao longo do FICRURAL.
No marco desta edición do
festival tamén imos facer unha homenaxe a Antonio
Román, un dos pioneiros do documentalismo en Galicia, así como unha
exposición sobre o artista galego Yoseba MP e o seu singular proxecto
creativo Fenómenos do Rural,
centrado en mulleres que habitan no rural galego. Ao longo de todo o evento,
este prestixioso artista multidisciplinar vai pintar en directo un mural no
lugar onde se van desenvolver todas as actividades de FICRURAL.
DOCUMENTAL:
Luzas
y Morras, de
José Carlos Castaño (2018, España). Duración: 29’.
O pastoreo é o oficio máis antiguo que existe, esixe sacrificio
e paixón pola natureza, con valores que exaltan a pureza da vida e que corren
serio perigo de extinción. Federico Torres elixiu un oficio que condiciona a
súa vida por completo, é o pastor máis xoven da comarca, e será tamén o
derradeiro?.
Mariñeiro, de Juan Galiñanes (2018,
España). Duración: 19’
Antonio sempre traballou no mar e non coñece outro modo de vida.
Hoxe chamárono para facer unha reportaxe sobre a ría de Arousa. onde vive. No
medio da gravación ocorre algo inesperado que obligará a suspender a rodaxe.
Que pode ser?.
El cielo es nuestro techo, de Carlos Cazurro Burgos (2017,
España). Duración:18’.
Dende que se estableceu a necesidade de contar cunha licencia de
marisqueo, nas praias da ría de Cedeira, as mariscadoras tiveron que loitar moi
duro por ter (e manter) un traballo digno a pesares de ter que se enfrontar a
algúns dos seus veciños, a algunhas das que máis tarde serían as súas propias
compañeiras, á mesma natureza, aos furtivos e ao machismo.
O
nó da cana tambem dá garapa,
de Marco Escrivao (2018, Brasil). Duración: 22’
Un filme de lembranzas e memorias. A través das historias e
contos de Helvio Tamoio, este traballo percorre a historia da Usina Tamoio no
interior do estado de Sao Paulo: o monocultivo da cana de azucre, o
desenvolvemento desenfreado e os traballadores expulsados da súa terra natal.
Ubi
sunt, de
Sandra Román Peñalba (España, 2018). Duración: 14’
Partindo morte do rural e a extinción da cultura, este ensaio
documental quere construir o relato do derradeiro bafexo de Quintanarraya, unha
aldea de Castela e León. Todo o que se perde e xamais volverá a través do
tópico literario do ubi sunt. Unha reflexión sobre a experiencia, os valores e
a cultura de persoas que habitan un mundo que se vai.
FICCIÓN:
Hasta mostla, de
Luz María Cardenal (2017,
Cuernavaca, México). Duración: 18’
Male refúxiase dos seus problemas nunha comunidade Náhuatl, onde é vestida
e adoptada por Nana Juana. Non contaba con que Gibrán aparecería na súa vida
nin cos sentimentos que agromarían entre eles.
Chen
Li (Ciruela de agua dulce),
de Roberto F. Canuto y Xiaoxi Xu (2017, España e China).
Duración: 19’
Unha muller transxénero chinesa, empregada nun cabaret, recibe a
inesperada visita da súa curmá, quen lle comunica que a súa nai, coa que se
levaba mal, faleceu. Sendo o único “varón” da familia, vese na obriga de
regresar á súa aldea nas montañas, aínda que non pode aparecer como muller
diante dos seus veciños e parentes.
Work, de Sam Griffith
(2017, Estados Unidos). Duración: 10’
Unha xoven nai pregúntase sobre as súas decisións vitais e a súa
propia identidade mentres medra a súa filla nunha granxa, en contacto coa natureza.
Kiriri, de Miguel Ángel Agüero
(2018, Paraguay). Duración: 13’
En plena dictadura militar, un calmo silencio envolve a vida
campesiña dunha avoa e a súa neta no interior de Paraguai, ata que unha
repentina ausencia a volve tormentosa.
Sinyt, de
Hristo Simeonov (2016, Bulgaria). Duración: 29’
Unha historia sobra a vida dun neno xitano que vive coa súa
familia nun vello tráiler no interior de Bulgaria, onde ten que cubrir o papel
da figura paterna cando este se dirixe á cidade para loitar pola vida. O único
compañeiro do rapaz é un can da rúa.
Sem comentários:
Enviar um comentário