Deixamos eiquí só un pequeno avance do que vai ser a peza de videocreación, dirixida por Aser Álvarez e editada por Mariana Romero, realizada recentemente por Arraianos Producións, na que os protagonistas son os alumnos e alumnas do instituto de Celanova, que reflexionan sobre a obra do artista estadounidense Bill Viola.
Coa colaboración do propio Viola, Eugenio Ampudia, José Rivela, Óscar Doviso, Rubén Méndez, Yasmina Vázquez, Miguel Pérez e moitas máis persoas, coñecidas e anónimas, conseguimos perpetrar unha videocreación de 12 minutos cuxo avance deixamos eiquí coma un petisco do que vai vir á volta do verán. Onde o mundo se chama Celanova, seguimos "Looking for Bill Viola".
Sem comentários:
Enviar um comentário