Cartaz obra de Baldo Ramos
Celanova, 31 de agosto do 2012
No
centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, a
Asociación Arraianos ven de recoñecer como ARRAIANO UNIVERSAL ao
autor de Longa noite de pedra.
Ademáis,
Xesús Alonso Montero, escritor e académico, ven a ser distinguido
co Recoñecemento Arraiano Maior da Raia Seca 2012, que concede
anualmente a Asociación Arraianos. Esta distinción xa foi entregada
ao escritor Bento da Cruz no 2011, ao Padre Fontes no 2010 e a Xosé
Luís Méndez Ferrín, que inaugurou estes recoñecementos no 2009.
Da
extensa biografía de Xesús Alonso Montero, destacar os traballos
sociolingüísticos, así coma os estudos feitos sobre escritores
galegos. Para a nosa literatura xa quedan títulos coma: Cen
anos de literatura galega, Decálogo da língua galega, Versos
republicanos e outros versos políticos, Curros Enríquez no
franquismo ou Castelao na Unión Soviética en 1938.
O
autor vigués está vencellado á figura de Celso Emilio Ferreiro, o
que dalgún xeito xungue no tempo dous autores irrepetibles da nosa
literatura.
PROGRAMA
10,00
h. Encontro na praza da vila de Celanova.
Lectura
do manifesto arraiano.
10,30
h. Rota literaria por distintos espazos
relacionados cos literatos nados en Celanova, con lecturas de poemas
e música arraiana.
11,30
- 14,00 h. No cemiterio de San Breixo.
Nomeamento de Xesús Alonso Montero como Arraiano Maior da Raia Seca
do ano 2012, a cargo do Arraiano Maior do ano anterior, Bento da
Cruz.
Entrega
do recoñecemento como ARRAIANO UNIVERSAL a Celso Emilio Ferreiro
Míguez.
Ofrenda
floral e recital poético e musical, coa participación de poetas e
músicos das terras de Celanova e do val do Limia, ao pé do xacigo
de Celso Emilio Ferreiro.
14,30
h. Xantar arraiano no Restaurante
Airiños.
PARA
ANOTARSE NO XANTAR:
Hai
que comunicalo a este enderezo electrónico (xesusdiaz@gmail.com)
ata
o día 27 de agosto,
e facer o ingreso de 20 euros no número de conta: 2080 0329 31
0040005303, concepto: xantar
arraianos.
Celso
Emilio Ferreiro fai 100 anos
17,00
h. Espectáculo
multimedia no claustro barroco do mosteiro de Celanova, facendo unha
montaxe escénica atractiva e dinámica con intervencións de
diferentes persoeiros, poetas, así como as actuacións de diversos
grupos musicais.
Sem comentários:
Enviar um comentário