Deixamos aquí o cartaz dos actos que terán lugar estes días en Celanova con motivo do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, así como o programa de actos para quen se poida achegar.
Os escritores da comarca Terra de Celanova – Baixa Limia
no centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro
Organiza: Biblioteca do IES de Celanova, Coordinadora comarcal de Equipos de
Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova – Baixa Limia
Colabora: Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Fundación Celso
Emilio Ferreiro
Lugar de celebración: Biblioteca do IES de Celanova
Datas: Mércores 20 de xuño (10.45-12.25). Xoves 21 de xuño (19.00 en diante)
Exposicións
Celso Emilio Ferreiro. Letras Galegas 1989 (IES de Celanova)
Elaborada no I.B. Celso Emilio Ferreiro no curso escolar 1988-1989
Descubrindo a Xocas (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” - Bande)
Libro feito polo alumnado de Educación Infantil
O foxo do lobo das Covateiras (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” - Bande)
Maqueta elaborada a partir do libro de Davide Pérez Os foxos do lobo. A caza do lobona cultura popular
Moais do val do Limia (IES Aquis Querquernis – Bande)
Os ollos das palabras
Exposición de obra gráfica de Baldo Ramos
Presentacións
Mostra bibliográfica Escritores da comarca Terra de Celanova - Baixa Limia (IES de Celanova)
Inauguración da mostra permanente de fondos dos escritores da comarca Vieiros de palabra. Terra de Celanova – Baixa Limia en letras de autor Presentación do libro conformado por textos orixinais de corenta e cinco autores vivos da comarca, editado pola Librería Conde, de Celanova
Audiovisuais
A miña palabra preferida é... (CEIP Curros Enríquez – Celanova)
Vocábulos escollidos polo alumnado, presentes na obra de escritores de Celanova
Celanova ten un vento (CPR Sagrado Corazón – Celanova)
Vídeo-poema cantado a partir do texto de Celso Emilio Ferreiro
A máis fermosa roseira (CEIP Rogelio García Yáñez - Ramirás)
Versión de poemas de Lois Antón Pérez e de Xoán Carlos Domínguez Alberte
Loa ao porco bravo (CEIP San Marcos – Cartelle)
Versión dun poema de Henrique Feixó
Letras do val do Limia (IES Aquis Querquernis - Bande)
Audiovisual sobre os escritores da bisbarra da Baixa Limia
Deus che dea ira, que paciencia tes de abondo (IES Lagoa de Antela – Xinzo de Limia)
Audiovisual sobre Celso Emilio Ferreiro, elaborado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL)
Ás veces fáltannos palabras (IES de Tomiño)
Versión plurilingüe dun poema de Baldo Ramos, elaborada polo EDLG
Recitais
Recital musicado dos poemas “Nai”, “Soldado” e “Moraima”, de Celso Emilio
Ferreiro (IES de Celanova)
Interpretación musical dos poemas “Bande” e “María Soliña”, de Celso Emilio
Ferreiro (IES Aquis Querquernis – Bande)
Intervencións Celso Emilio Ferreiro fai cen anos
Palabras de Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro
Escritores da Terra. Terra de escritores
Lectura, a cargo do presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias, dun manifesto elaborado pola AELG
A palabra dos nosos escritores
Lectura de textos de autores da comarca de Terra de Celanova – Baixa Limia
Propostas
Proposta do IES de Celanova para pasar a se denominar IES Celso Emilio Ferreiro
Sem comentários:
Enviar um comentário