Unímonos á iniciativa dos amigos de Arredemo, que volven ás andadas agora cun motivo tan poderoso e lexítimo coma a defensa do noso vello e benquerido amigo Isaac Díaz Pardo, "conservador libertario, templagaitas e limpamerdas".
A Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo vén de pór en liña unha nova páxina: www.escribelleaisaac.info, para dar resposta a un agravio informático contra Isaac Díaz Pardo acontecido no web do Grupo Sargadelos. Hai dous días, os xestores do sitio anulaban e silenciaban a conta de correo de Isaac Díaz Pardo no dominio do grupo, onde o mestre recibía mensaxes de todo o mundo, especialmente desde a Galiza emigrante. A ligazón á súa biografía (http://www.sargadelos.com/ga/diazpardo1.html) é ao formulario de correo foi deshabilitada da páxina principal nunha clara tentativa por parte da nova dirección de Sargadelos de desvencellar a imaxe corporativa do grupo do seu fundador.Sabedores deste singular exercicio de cibermesquindade, varios activistas de Arredemo, decidiron copiar as páxinas orfas, aloxalas nun novo dominio e ofrecer ao mestre unha nova conta de correo onde poder continuar a recibir a solidariedade e o agarimo dos miles de galegos galegas que aínda lle profesan a admiración, o agradecemento e o respecto debidos a un dos homes que máis loitou e traballou a prol da nosa cultura e da nosa identidade como pobo. No novo web inclúese tamén unha ligazón á campaña “Apoio a Isaac Díaz Pardo”, mestreisaac.aduaneirossemfronteiras.org, que desde hai varios meses recaba sinaturas contra a xubilación anticipada do mestre e a nova filosofía mercantilista que a actual dirección pretende imprimir ao grupo Sargadelos.Deste xeito, a Rede de Acción Socio-Cultural ARREDEMO, que actualmente traballa na posta a punto do seu novo portal de comunicación socio-cultural, quere anunciar o inminente desenvolvemento dunha serie de accións de solidariedade con Isaac Díaz Pardo e co Instituto Galego de Información, actual obxectivo da nova dirección de Sargadelos na súa estratexia de liquidación do legado histórico e conceptual de Luis Seoane, Andrés Fernández-Albalat e o propio Díaz Pardo, sen o cal a actual cultura galega non se podería comprender.Neste sentido, Arredemo quere facer un primeiro chamamento ao mundo social e cultural galego para participar e colaborar na campaña facéndolle chegar ao mestre mensaxes de solidariedade e apoio a través da súa nova conta de correo: isaac@escribelleaisaac.info, aloxada en www.escribelleaisaac.info.Por riba das coitas e loitas propias dunha empresa como Sargadelos, desde Arredemo pensamos que preservar a dignidade persoal e intelectual dun home como Isaac Díaz Pardo é un compromiso que atinxe a toda a cultura galega.
Contacto: info@arredemo.info
981554248
3 comentários:
Todos con Isaac na sociedade civil e os do PSOE, que agora gobernan este país de pandereta e licor café, seguen mirando para outro lado.
Pero antes ben que se facían fotos con el sempre que podían... e agora que lle dean. Moi bonito.
E parabéns a ARREDEMO, que xa saben moito deste país de mal agradecidos.
Hai que arroupalo do mellor xeito que saibamos facelo. Porque ben o merece...
Arraianos coma Isaac hai poucos neste país de masas de cabestros adoctrinados
Enviar um comentário