O día 1 de abril de 1997 un cibernatuta americano espetou algo na súa bitácora e comezou así a creación da blogosfera, ese espazo virtual cheo de lixo e de beleza polo que tamén navegamos os arraianos.
Aproveitamos para dicir que xa vai sendo hora de loitar polo noso e deixar de mirar para outro lado.
2 comentários:
POEMA ESCATOLÓXICO ARRAIANO
arde o pengache. sol, sombreiros de palla e diarreas estivais, e mentais... cereixas, ameixas, pavías, laranxas, uvas verdes e mandarinas de contrabando. todo quente e unha banana podre de repetición no peto do pantalón.
un ollo mira pra españa e outro pra portugal. co ollo do cú, que seica o meu pode ver, cágome no marco 19 da raia seca, onde xa houbo quen escagarrizara antes ca min. merda seca sobre pedra vella. antes do sol, a raia será húmida no laboreiro
pois se nesa loita tamén valemos os arraianos de fora, mesmo sen nacer na raia pero non menos arraianos por iso, aqui estamos!
Enviar um comentário