quarta-feira, fevereiro 21, 2007

Polos planaltos do principio do mundo



Inesquecible xornada cos amigos do Crasto Laboreiro e co profesor Isaac Alonso Estraviz e maila súa dona, antes das Xornadas de Historia Local que organizan todos os anos os compañeiros do Centro de Estudos e Pesquisas Montes do Laboreiro. Veleiquí un dos principios do mundo para nós, que somos contrabandistas arraianos, arroutados, panteístas, intelectuais sen palestra e laboriosos apicultores e facedores de revistas.

2 comentários:

Anónimo disse...

Cada un ten o seu principio do mundo. O meu principio do mundo non está na Mota Grande, o meu está entre a Fraga e a Gramma do Corno Dourado, pero tamén pertence aos Montes do Laboreiro

Anónimo disse...

Perto dos marcos da Raia Seca viven os espíritos dos contrabandistas de café que morreron cirróticos perdidos