sexta-feira, fevereiro 23, 2007

Celanova sempre foi terra de xudeus

Como descendentes do mellorciño da estirpe xudaica arraiana cun par de parafusos arabescos rosendianos espetados na trabe de ouro, os irresponsables deste CADERNO ARRAIANO queremos dar conta dunha nova que se vía vir dende había tempo.
Estaba claro que o primeiro xudeu documentado en Galicia, no ano 1.044, tiña que ser de Celanova. O resto eran indocumentados, sen papeis, ilegais, fuxidos, arraianos: os nosos antergos.
Abraiados porque a nosa intuición non coñece límites, a noticia publicada o outro día na prensa só confirma algo ben sabido pero que só diciamos na intimidade, polo medo que nos foi transmitido de xeración en xeración.
Pero xa nolo dicía o demo... que eramos un crisol de culturas, froito da persecución, do abandono e do ecelcticismo máis fronteirizo.
O que está claro é que eran ben mellores os xudeus de hai mil anos. Entre os de hoxe hai poucos que merezan compartir o noso fogar arraiano...

3 comentários:

Anónimo disse...

Os palestinos resistimos o asedio celanovés coa intifada de Vilanova

Anónimo disse...

En Amoroce tamén resistimos a invasión dos escornabois

Anónimo disse...

No Castro Laboreiro habitan os mestres da cábala que pinaron a Madonna