Este potente mural de X. Vizoso no Alto do Furriolo (entre Xinzo en Celanova), promovido polo Colectivo Arraianos, foi definido por Isaac D. Pardo coma un berro no medio do monte.
Ben definido. Sobran as palabras.
As fotos son do Américo, Irmau Arraiano do Crasto Laboreiro
9 comentários:
Acto de xustiza e dignificación inesquecible e loubable. O mural e as xornadas e a revista. Pero nunca pensei que forades quen de facelo todo tan ben e con tanto estilo. Xa ía sendo hora de que chegara alguén facer o que ninguén facemos.
Hai que seguir traballando e que isto non morra, pero o máis difícil xa o fixestes. E moi ben feito.
Abofé que si. Dou fe de que os arraianos saben facer ben as cousas
Tampouco nós esqueceremos nunca o acto de dignificación que fixestes no mes de agosto no Furriolo.
Que tomen nota
Ai mamaciña!.
O tipo ese de barbas parece un resucitado...
Ai mamá... eu vin ao demo no Furriolo!!
Quero felicitar á Asociación Arraianos pola súa labor incansable de reparación e recuperación da memoria dos asasinados por Franco.
Hoxe máis que nunca precisamos dignidade para as vitimas do franquismo e unha condena unánime do réxime fascista que nos fixo a todos retroceder 40 anos no tempo.
Un saúdo para Xulio Medela.
GALIZA CEIVE, PODER POPULAR
En 1936, o pirata financeiro mallorquín March, ingresou 500.000 pesetas nunha conta a nome de Francisco Franco Bahamonde, en Suíza. Foi o que esixiu Franco para "saltar". Outros financiaron o "Dragon Rapide". Meu avó Manolo, que era garda civil, casado coa miña avoa Concha, de Lobeira, foi mobilizado e morto de inmediato na fronte de Madrid, na cidade universitaria. Tivo unha morte horríbel, segundo testemuñas presenciais. Franco, as quiñentas mil pesetas, e os que financiaron o Dragon Rapide foron os que asasinaron o meu avó, deixando a miña avoa viúva, con 26 anos.
Non llo perdoo, nin esquezo.
E desconfío dos que queren facer que esquezamos isto, e tiran tallada do caso De Juana Chaos.
Grazas a todos os que participaron neste foro pola súa participación.
VIVA GALIZA CEIBE, DEMOCRÁTICA, REPUBLICANA E ANTICACIQUE!!!
Que si, que De Juana Chaos es de puta madre, hombre. Un encanto de tipo. Un menda canelo. Un saludo para los arraianos varios. Cuidado con el maniqueismo cerril, parece que se contagia rápido.
Non vos deixedes levar polos argumentos maniqueístas, nin os arraianos nin os ciudadanos. Todo se pode falar tomando uns viñotes
Enviar um comentário