A Galería Sargadelos de Ferrol acolleu a presentación ante os medios do libro Isaac Díaz Pardo. Homenaxe galega, editado pola asociación cultural Fuco Buxán e coordinado por Rosa Méndez Fonte.
Esta obra pretende afondar no coñecemento da traxectoria vital de Isaac nas súas múltiples vertentes: artista, industrial, escritor, ceramista, conservador, editor e libertario comprometido con Galicia e a coa súa cultura. Consta de 260 páxinas, ilustracións e fotografías e recolle colaboracións de Camilo Díaz, Manuel Aznar, Xosé Neira Vilas, Euloxio Ruibal, Fernando Salgado, Fermín Bouza e Andrés Varela, Eva Veiga, Xosé Leira, Jose Viale Moutinho e Rosa Méndez
A presentación oficial do libro terá lugar o 2 de marzo trala cea e homenaxe que lle van render os de Fuco Buxán ao Sumámonos a esta homenaxe e felicitámolos pola iniciativa...
Se houbera máis Isaacs en Galicia, dez ou vinte aínda que só fora, outro galo cantaría neste país, que sempre foi especialmente ingrato coas persoas verdadeiramente xeniais e brillantes. E que viva a mediocridade...
Saúde Isaac, e non afrouxes!!
4 comentários:
Con todos os seus defectos, que tamén os ten, Isaac aínda merece moitas máis homenaxes coma esta.
Pídome un IDP tamén para o meu pobo
Isaac é algo así como o último grande loitador de Galicia; tan chea de homes e mulleres mediocres que, soprendentemente, ateigan os postos de poder. LONGA VIDA, ISAAC, e resiste coma só ti sabes facelo!
Nunca houbo no mundo país máis desagradecido cos homes brillantes que Galicia Malicia
Enviar um comentário