Volverlles a palabra é o intento de lles render unha solidaria e conmovida homenaxe a todas as mulleres e homes que foron represaliados pola ditadura franquista por pensar e vivir libremente nun país que comezaba a nacer.
"Xa non está na nosa man devolverlles a vida nin liberalos dos anos de prisión, nin impedir aldraxes e calumnias, pero está na nosa man, aínda que tarde, evocar a súa verdadeira voz, facelos falar desde a súa dignidade. O presente volume está de cheo nese compromiso de volverlles a palabra a todos aqueles que non puideron falar, e sobre todo, a aqueles que decidiron falar, pagando, tantas e tantas veces, un duro prezo, o que impuña a barbarie franquista. Conscientes deste compromiso, Baldo Ramos e X. C. Domínguez Alberte non repararon en esforzos para que un número importante de voces de hoxe se xuntasen, nesta tribuna da dignidade civil, para volverlles a palabra (simbolicamente cando menos) a miles e miles de homes e mulleres que para moitos de nós, están na raíz dos nosos mellores compromisos cívicos"
Texto de Xesús Alonso Montero no prólogo deste libro, que xa está a venda nas librerías
2 comentários:
Os meus parabéns aos numerosos colaboradores que fixeron posible esta publicación, aos coordinadores, aos infatigables arraianos sen fronteiras e á Difusora de Letras Artes e Ideas.
Estamos perante todo un exemplo de dignificación da memoria dos represaliados polo franquismo.
AVANTE ARRAIANOS!
E NON AFROUXEDES!
Hay que olvidar, din os do PP
Carallo, olvidan ben eles aos asasinados pola ETA...
Os do Furriolo son outro cantar.
Enviar um comentário