segunda-feira, abril 03, 2006

As Vías do Imperio Arraiano...seguirán pechadas??


A Vía Nova, unha das principais vías de comunicación da Península Ibérica na época romana, e que en tempos unía Braga con Astorga, podería ser a porta de entrada dun novo turismo na procura de natureza, historia, cultura, calidade, benestar e a beberaxe da autenticidade arraiana na Portela do Homem. Pero todo depende, en último termo, da vontade política e do grao de esixencia da sociedade civil (dúas cousas das que non andamos nada sobrados neste recuncho panteísta do Auriense´s Far West)
Estivemos o pasado fin de semana en Lobios, na clausura das xornadas internacionais sobre as Vías do Imperio, unha iniciativa moi interesante que pode marcar un antes e un depois no desenvolvemento desta zona, ou ficar nunha carallada académica de paparota raiota e abondosos honorarios para uns poucos profesores, e totalmente allea á realidade. O tempo dirá. Polo dagora eí vos vai unha foto.

2 comentários:

Anónimo disse...

É preciso ter moito coidado con estes arraianos...
que pesimistas son!!!

Anónimo disse...

O coidado non cómpre só telo polo noso pesimismo, que é natural que o teñamos, senón por outros motivos máis telúricos...