Onte tiven un soño mentres me arrolaba a sesta o telexornal do mediodía.
Soñei unha Galicia sen envexas nen ruindades, onde os homes non se
comían entre eles. Era un país civilizado, dinámico e aberto, mais cunha
fonda identidade que se proxectaba sen complexos facendo deste
finisterre borroso o mesmísimo principio mundo. Soñei que eramos un pobo
tan coñecedor do noso pasado como dono do noso futuro, cunha forte
conciencia colectiva e cun pragmatismo por enriba de calquera tipo de
hedonismo parroquial e localista. Soñei que xa superaramos a endémica
dialéctica da galaica antropofaxia, esa do branco ou negro, amigo ou
inimigo, comigo ou contra min, dos nosos ou dos outros, cun eclecticismo
intersubxectivo con denominación de orixe.
Abrín un ollo e pareceume ver na tele ao actual presidente da RAG tarareando polo baixo aquela famosa canción de "...perhaps, perhaps, perhaps" e dixen eu maybe non pode ser e volvino pechar. Pero redios que foi entón cando o meu fillo maior me espetou no outro ollo un balazo a traizón cun canón de xoguete. Lembrei aquilo que xa dicía o presidente prenatal da RAG, Manuel Curros Enríquez, de que vivimos nun país que ispe aos fillos para vestir aos seus xenros.
Non deixei ao meu primoxénito en bolas ipso facto porque aínda non teño "enrio", que é como nos chaman aos xenros os-ogros do Val do Limia, aló polas terras de Muíños. - vaia baixonazo cósmico cando abandono definitivamente o fundido en negro da sesta para constatar que xa é hora de ir traballar. Total para seguir turrando coma un boi pisco do carro deste país de estadullazos, caníbales e canibalizados. Só entón decido escribir eiquí para deixar o meu total e absoluto apoio a Xosé Luís Méndez Ferrín, o mellor escritor galego de hoxe e xefe dos arraianos.
Ferrín é o padriño espiritual da nosa publicación, a revista Arraianos, nacida en Celanova hai xa case dez anos, e que colleu emprestado o título dun dos mellores libros de relatos da literatura galega, así coma o espírito irredento e contrabandista desta obra mestra. Arraianos somos os que vivimos na raia, ese espazo borroso que compartimos cos nosos mortos dende a noite dos tempos e que tratamos de transmitir aos nosos fillos, conscientes de que é na raia onde acontece sempre todo o interesante. Porque só quen vive na raia pode experimentar coa verdade propia e interactuar tamén coas verdades alleas, pois o home faise realmente home cando aprende a cruzar fronteiras, a derrubar muros e a avantar sobre as sebes e os valados.
Claro que tamén hai algúns límites que convén non traspasar nunca, pitufiños da miña querida Galicia caníbal. Porque a estas alturas da vida, cunha traxectoria tan respectable ás súas costas, o xefe dos arraianos, arraiano entre os arraianos, está a vivir unha situación tan inxusta e fodida como exemplificadora do que é este país incivilizado, cheo de ananos e pequenos mequetrefes sen raíces. Hai algúns límites que nunca deberan ser cruzados, por moi tentadores que sexan para os antropófagos sen fronteiras. Veleiquí o que diferencia a un arraiano de lei dun desleigado arrraiante, que o primeiro sabe que hai certos límites que son verdadeiros confíns cando temos un sentido ético da vida.
É innegable que Ferrín ten sido un extraordinario presidente da RAG e que aínda podería selo por moitos anos máis, que han vir cheos de saúde e ledicia. Non vou entrar hoxe nas trapalladas cósmicas desta Galicia caníbal que nos cantaron tan ben Os Resentidos. Así que fagas o que fagas e decidas o que decidas, amigo Ferrín, logo destes días tan acedos, a pesar das innumerables mostras de apoio recibidas, os arraianos estaremos contigo, sempre na raia, sempre sementando e traballando para que a Galicia do futuro poida superar esta manía antropófaga que impide o seu desenvolvemento en todos os eidos.
Voume retirar uns días á Raia Seca para meditar. Se queres vir avisa, que andamos de ramadán e sempre gardamos sitio para a xente boa na proa do noso mosteiro zen da Chaira de Amoroz, onde as vacas pacen ceibes coma no neolítico. Vaiche dende eiquí un ouveo cargado de forza telúrica e as beizóns e o apoio total e absoluto de todos os arraianos que sentimos vergoña allea por todo o que está a acontecer.
Aser Álvarez é o director da Revista ArraianosAbrín un ollo e pareceume ver na tele ao actual presidente da RAG tarareando polo baixo aquela famosa canción de "...perhaps, perhaps, perhaps" e dixen eu maybe non pode ser e volvino pechar. Pero redios que foi entón cando o meu fillo maior me espetou no outro ollo un balazo a traizón cun canón de xoguete. Lembrei aquilo que xa dicía o presidente prenatal da RAG, Manuel Curros Enríquez, de que vivimos nun país que ispe aos fillos para vestir aos seus xenros.
Non deixei ao meu primoxénito en bolas ipso facto porque aínda non teño "enrio", que é como nos chaman aos xenros os-ogros do Val do Limia, aló polas terras de Muíños. - vaia baixonazo cósmico cando abandono definitivamente o fundido en negro da sesta para constatar que xa é hora de ir traballar. Total para seguir turrando coma un boi pisco do carro deste país de estadullazos, caníbales e canibalizados. Só entón decido escribir eiquí para deixar o meu total e absoluto apoio a Xosé Luís Méndez Ferrín, o mellor escritor galego de hoxe e xefe dos arraianos.
Ferrín é o padriño espiritual da nosa publicación, a revista Arraianos, nacida en Celanova hai xa case dez anos, e que colleu emprestado o título dun dos mellores libros de relatos da literatura galega, así coma o espírito irredento e contrabandista desta obra mestra. Arraianos somos os que vivimos na raia, ese espazo borroso que compartimos cos nosos mortos dende a noite dos tempos e que tratamos de transmitir aos nosos fillos, conscientes de que é na raia onde acontece sempre todo o interesante. Porque só quen vive na raia pode experimentar coa verdade propia e interactuar tamén coas verdades alleas, pois o home faise realmente home cando aprende a cruzar fronteiras, a derrubar muros e a avantar sobre as sebes e os valados.
Claro que tamén hai algúns límites que convén non traspasar nunca, pitufiños da miña querida Galicia caníbal. Porque a estas alturas da vida, cunha traxectoria tan respectable ás súas costas, o xefe dos arraianos, arraiano entre os arraianos, está a vivir unha situación tan inxusta e fodida como exemplificadora do que é este país incivilizado, cheo de ananos e pequenos mequetrefes sen raíces. Hai algúns límites que nunca deberan ser cruzados, por moi tentadores que sexan para os antropófagos sen fronteiras. Veleiquí o que diferencia a un arraiano de lei dun desleigado arrraiante, que o primeiro sabe que hai certos límites que son verdadeiros confíns cando temos un sentido ético da vida.
É innegable que Ferrín ten sido un extraordinario presidente da RAG e que aínda podería selo por moitos anos máis, que han vir cheos de saúde e ledicia. Non vou entrar hoxe nas trapalladas cósmicas desta Galicia caníbal que nos cantaron tan ben Os Resentidos. Así que fagas o que fagas e decidas o que decidas, amigo Ferrín, logo destes días tan acedos, a pesar das innumerables mostras de apoio recibidas, os arraianos estaremos contigo, sempre na raia, sempre sementando e traballando para que a Galicia do futuro poida superar esta manía antropófaga que impide o seu desenvolvemento en todos os eidos.
Voume retirar uns días á Raia Seca para meditar. Se queres vir avisa, que andamos de ramadán e sempre gardamos sitio para a xente boa na proa do noso mosteiro zen da Chaira de Amoroz, onde as vacas pacen ceibes coma no neolítico. Vaiche dende eiquí un ouveo cargado de forza telúrica e as beizóns e o apoio total e absoluto de todos os arraianos que sentimos vergoña allea por todo o que está a acontecer.
2 comentários:
Digame usted que es gallego: se dice Ponte Varxas o Ponte Barxas ?
Gracias por aclararme.
David
Yo siempre he escrito Ponte Barxas pero no soy especialista en este tema
Enviar um comentário