sexta-feira, maio 21, 2010

VIVIR NA RAIA

Despois dun retiro espritirual ben pouco produtivo, ao pé das grandes mámoas do Laboreiro, baixamos a rolos polos Aguillóns para mergullarnos durante uns días nas augas frías e cheas de puríns diversos do río Deva. A austeridade selectiva é o que tén. É tempo, por fin, de traballar en cousas improdutivas, como de costume. En breve informaremos de dous eventos moi agardados: a presentación do novo número de ARRAIANOS, un especial sobre VIVIR NA RAIA, antes do verán, e o nomenamento do ARRAIANO MAIOR DA RAIA SECA DE 2010, no mes de agosto, no Crasto Laboreiro.

Sem comentários: