Vendo os sempre estimulantes informativos da TVG, que onte fixeron un directo coa reporteira informando sobre a gripe porcina enfundada nun marciano traxe branco entre os porcos, pero asegurando que non había perigo de consumilo, vaia imaxe de tranquilidade e normalidade que trasnmitía, veume ao maxín un tempo remoto en que todo cheiraba a tubarrete e carbonilla de carburador. Lembro aqueles anos de adolescencia no taller do Patacas de Celanova, cando soñabamos con atracar a algún vello para mercarnos, por fin, unha moto trucada ou de serie, que os nosos pais se negaban a mercarnos. Daquela había anxos do inferno que percorrían a comarca e eran a nosa envexa. Nós tiñamos chupa de coiro, pantalóns e camisetas de xevi, e escoitabamos aos chicos e aos calis. Incluso tiñamos casco e luvas. Só nos faltaba a moto para ser plenamente felices.
Daquela tamén soñabamos espertos que as chuchis se nos espetaban, cando as levabamos de paquete, nas apuradas de frenada que caracterizaban aos machotiños. Só podiamos soñar, e de cando en vez, mangar algunha moto na vila e darlle unhas voltas co ferro a fondo ata toupala. A aquilo chamábaselle gripar. Popopopooooooo.... e había que levar rectificar o motor onde o angelito de ourense e blablablá...
Seica os porcos tamén griparon nestes días, con tanto chourizo, tanta cachucha e tanto xamón que lle jalamos non é de estranar, é o seu xeito de protestar... o mesmo que griparon os informativos infumables da TVG, onde fan directos ata para dicir que chove no inverno e que fai sol no verán, sen importar o que lle custan eses alardes técnicos a todos os galegos. Nada mellor para animar a comer porco que poñer á reporteira vestida de badiola nunha granxa porcina. Mágoa dunha entrevista en directo co porco xefe supremo dicindo: "home, xa se sabe que somos marisco de curral e que uns picamos e outros non, pero a todos nos chega o san martiño e a gripe do porco voando que ás veces te pilla coa pezuña de pé"... e esas cousas espontáneas e informativas que tranquilizan aos consumidores. Tamén gripou o bicéfalo bipartito, coa súa lingua bífida de beizos insaboros. Os que non griparon foron os medios de comunicación galegos, que foron untados con máis de 50 millóns de euros polas "nosas" consellerías, para logo metela dobrada por onde empezan os cestos. Toda unha lección de independencia e democracia nun país excesivamente civilizado, onde os porcos falan e gripan, son trucados e levan tubarro. Claro que o que non chupa por un lado, chupa polo outro. Pero que conste que nós non levamos un can desa tarta de santiago con purín que se repartiu entre os avutres, aínda que somos un medio de referencia no país onde os cerebros adoptan forma de lacón. Gripoume o porco e eu sen paracetamol na casa. Haberá que embimbalo, que a augardente cura todo...

2 comentários:
Unha boa observación a do "sensacionalismo porcino" da TVG e a súa obsesión por facer directos en calquera lugar, sexan ou non pertinentes dende o punto de vista informativo. De todos xeitos, non nos preocupemos, porque alguén sacará tallada de todo ese inútil despregamento e alrde tecnolóxico
Máis que curar, o que fai a augardente é matalo todo, meu señor!
Enviar um comentário