sábado, setembro 08, 2012

Manifesto arraiano 2012




Manifesto arraiano 2012

Suso Díaz lendo o manifesto
Irmáns arraianos, benvidos aos actos que iste colectivo vimos celebrando dende hai catro anos. Comezamos esta andaina co recoñecemento ao mestre Xosé Luís Méndez Ferrín, coincidindo coa festa transfronteiriza da Madalena (Lobios-Lindoso), unha desas celebracións que rachou as barreiras administrativas para afondar na fraternidade que os arraianos posuen a ambos lados da fronteira.

Obra de Baldomero Moreiras
Hoxe xuntámonos aquí, “Onde o mundo se chama Celanova”, para recoñecer a dous persoeiros irrepetibles das nosas letras. Por unha banda, e por primeira vez recoñecemos como “Arraiano Universal” a Celso Emilio Ferreiro Míguez; e un ano máis, facemos entrega da aguillada e a boina, símbolos distintivos da autoridade e respeto a Xesús Alonso Montero merecedor de ser Arraiano Maior da Raia Seca.

Obra de Baldo Ramos
Baldomero Moreiras
Xesús Alonso Montero, Baldo Ramos, Aser Álvarez

Entrega do Arraiano Maior da Raia Seca a XAM
Permitídeme que continúe cuns versos de CEF. Cicáis maña / cando a miña mirada / non abrolle na luz / como cativa mapoula de auga, / veña a soedade. / Pero hoxe canto en libertá / e mentras canto / non estóu isolado, / que o corazón vai comigo / e con il falo. É preciso recordar aquí onde a pedra e poesía o alento que aínda respiramos de persoeiros que fixeron destas terras un espazo de idealismo e creación literaria. Eles son o alicerce no que se ergue a semente que se espalla, son o cerne que xungue o sentimento coa perennidade da palabra escrita. Coa presenza do Arraiano Universal reflictida no busto que nos acompaña, e a unhas ducias de pasos de Manuel Curros Enríquez, que está alí, co ollar no infinito, recordámolo nestes versos: Preto da cibdá de Ourense, / camiño de Celanova, / onde é máis tépedo o vento / que a terra galega azouta, / dun círcolo de montañas / na faldra, sempre verdosa, / exténdese un val frorido, / cuberto de herbas cheirosas, / piñeirales i arboredos / ricos de frutas e sombra. Él tamén retratou a emigración deste xeito tan agarimoso: Dicen que como o Miño, o noso pobo / na terra donde nace quer morrer; / pero o sono do río é sosegado / i o de este non o é. Sen descoidar a musicalidade que abre as portas dos corazóns más tépedos. Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar.

Daniel Salgado e O Leo

Tamén nos acordamos dos poetas Castor Elices e Castor Méndez Brandón, de arraianos coma Delfín Modesto Brandón que con 28 anos asinou como Xuíz do Couto Mixto dimitindo como repulsa ao acordo entre España e Portugal que acabou cos privilexios desta terra arraiana tan particular. Seu é o libro de memorias “Interesante historieta de Coto Mixto, con una digresión político-social-religiosa”.

Bento da Cruz entrega a aguillada a Xesús Alonso Montero

Pero o país faise con xente comprometida como foi o caso de Luís Soto Fdez., quen entregou a súa vida a causa nacional, no tempo que viviu no país e no que pasou fora. Foi un dos fundadores da revista Vieiros, e colaborou en diversos medios escritos. O 25 de xullo de 1964 participou na fundación do UPG.

Xosé María Álvarez Cáccamo
Se a estela de Luís Soto é alongada e perdura, que podemos decir do traballo de Xosé Velo Mosquera, que xunto a CEF funda en 1932 as Mocedades Galeguistas de Celanova, publican o boletín informativo da Mocedade de Celanova, e o semanario Adiante, ao longo da súa vida no exilio non deixa de participar en distintos proxectos culturales ligados á nosa terra. Para sempre, na memoria do noso pobo quedará a súa participación xunto ao portugués Humberto Delgado, Henrique Galvao e José Fernando Fernández para denunciar ao mundo do que acontecía nunha península gobernada pola tiranía de dúas dictaduras que perduraban no tempo, para o que deciden secuestrar o trasatlántico “Santa María”.

Baldo Ramos
Outras voces súmanse ao elenco de escritores paridos aquí, falo de Lola González, Xosé Manuel del Caño, Xosé Benito Reza, Paulino Vázquez ou Baldo Ramos, que nos agasalla versos coma estes escritos sobre a obra do desaparecido fotógrafo estremeño Antonio Covarsí e que comeza cunha cita do poeta estremeño Ángel Campos Pámpano, admirados arraianos de obra e condición. Di Baldo: detrás do veo / só o aire que pasa / como un corpo en penumbra. / fronteira de cal / que vai borrando a apariencia. O poeta respira o que o rodea e deixa a súa pegada impresa, o seu alento que se xungue ao sentimento e pronuncia: o baleiro espera / a contracción da paisaxe. / a poesía é a aprendizaxe do final.

Xoán Carlos Domínguez Alberte
Hoxe xuntámonos co gallo de alumear un novo recoñecemento de Arraiano Maior da Raia Seca, Xesús Alonso Montero leva unha vida a traballar en prol da nosa cultura, dos nosos escritores e da nosa lingua, seu é o mérito de ter publicado estudios sobre algúns dos escritores galegos más admirados, profundizou no eido da sociolingüistica, poñéndolle nome e datas ao futuro da nosa lingua. Falar de Xesús é abrir unha fiestra a CEF, un fio que os xungue dende hai ben tempo e que perdura para ben das nosas letras. Decir Alonso Montero é encher de froitos o balde da nosa memoria e reafirmar os coñecementos que o tempo adormeceu. Grande é a súa obra, e así o estimamos os arraianos.

Maripaz Paz lendo un escrito de Ramón Nicolás, biógrafo de CEF
Comezamos este camiño coa entrega da boina e da aguillada a Xosé Luís Méndez Ferrín, pouco máis podemos decir do autor de Arraianos que non saibades, pero facemos nosos versos coma: ¡Oh cabalo cativo, torga ruín, can de palleiro, / espello no que se mira a nosa caste! Por millentos anos este estrondo de cascos / nas cortes vellas da lembranza... / ¿Será cecais o curro / todo o que desta Patria sobreviva no mundo?

Daniel Romero interpretando o himno arraiano
Talvez, pero entre tanto, achegamos as súas palabras, hoxe que aquí non está para decilas il, como nos houbese agradado.
Di o Arraiano Maior Ferrín: De xeito ineludíbel, e debido a compromisos contraídos anteriormente, non poderei estar na nosa grande festa arraiana.
De certo, o corazón de Celso Emilio incharía de nobre orgullo ao ser nomeado “Arraiano Preferencial”, pois il amaba e coñecía coma poucos as longas ermanzas fronteirizas dos montes do Laboreiro e da serra do Xurés.
Tamén Xesús Alonso Montero recibirá a aguillada e a pucha con satisfacción, estou seguro, pois il é dos que coñeceu e calcou a cotío a face da Nosa Terra. A Raia Seca é un espazo fundamental da Patria.
Para a sombra de Celso e para a persoa viva de Xesús, vaia a miña felicitación polo premio ben merecido.
Parabéns á Asociación Arraiana por saberdes elixir tan ben as figuras
dos galardoados este ano.

Xantar arraiano no Airiños
Para rematar, non poderiamos facelo doutro xeito que non fose con versos de CEF, e ao fio dos lidos anteriormente dicimos: Viviréi coma o lume / alcendido na noite. / Teréi cumios de estrelas, / cantaréi para os homes / Estóu comigo mesmo. / O corazón é quen manda, i eu obedezo.

Aser e O Leo na Taberna do Galo
Isabel Ferreiro Loredo
Xesús Alonso Montero co pandeiro de CEF
So nos queda decir que os ananos que espreitar coma a doniña, e acostuman a fura-la terra para inutilizala coma touperia, non falamos, retratados están sinedie por CEF, simplemente lles decimos que por moito que furen, as verbas que abrollan neste país renacen cada día con máis forza, e é que o lume que alampea, xamáis o veredes morto.

Beizóns arraianos!

Suso Díaz

quarta-feira, setembro 05, 2012

Celso Emilio e Alonso Montero, unidos por Celanova e a raia

O escritor ribadaviense recibiu o nomeamento de Arraiano Maior e o celanovense, a condición de Universal


Montero recolleu a pucha e a aillada do seu antecesor no nomeamento de Arraiano. silvia mosquera
Celanova foi onte lugar de encontro. E tamén serviu para limar asperezas. A relación de amor-odio que, asegurou o colectivo Arraianos, o escritor Celso Emilio Ferreiro tiña coa súa vila natal tornouse onte menos negativa. Na celda onde pasou os días dos que saíu Longa noite de pedra serviu para renderlle unha homenaxe e convertelo en Arraiano Universal. No denominado Manifesto arraiano 2012 uniuse á figura de Celso Emilio Ferreiro outro ourensán, Xesús Alonso Montero, que a partir de agora é Arraiano Maior da Raia Seca.
Os representantes do colectivo Arraianos falaron de xente comprometida coa terra, coa lingua e destacaron de Alonso Montero o seu traballo por la cultura galega e polos seus escritores. O autor ribadaviense, que desvelou no saber moi ben que é iso de «arraiano maior» asegurou que a mala relación de Celso Emilio Ferreiro con Celanova non é nin nova nin orixinal, referenciando casos parecidos entre autores e a súa terra de orixe. Tras abandonar a celda e mostrar a escultura feita polos cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro realizada por Baldomero Moreiras o acto desprazouse o cemiterio de San Breixo xunto á tumba de Celso Emilio. Alí, Alonso Montero colleu o testigo de Bento da Cruz, o escritor portugués que o ano pasado mereceu o nomeamento. A festa terminou de tarde, nunha taberna, como lle gustaba a Celso Emilio Ferreiro, cantando e lendo poemas.

Celso Emilio fuera del sepulcro

Arraianos homenajea al poeta en Celanova y ultima un documental sobre él. Alonso Montero: "El PP no es republicano, marxista ni ateo, por eso no le gustan sus versos"

Óscar Iglesias Celanova 1 SEP 2012 - 20:52 CET
 

Celda del monasterio de Celanova en la que estuvo recluido Celso Emilio, con la instalación de Baldomero Moreiras en primer plano. / NACHO GÓMEZ

Tres días y tres noches de 1937, entre el techo y el suelo de piedra del viejo archivo del monasterio de Celanova, pudieron ser la raíz de Longa noite de pedra (1962), uno de los poemarios fetiche del antifranquismo. En esa celda de cúpula abovedada estuvo recluido Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1914-Vigo, 1979) durante la guerra, tras un permiso que lo devolvió del frente de Asturias a casa para ver a la madre enferma. La mujer se recuperó y al poeta se le escapó algún Viva Rusia mientras celebraba su salud en las tabernas. En ese espacio inició su viaje el pasado viernes, 33º aniversario de su muerte, la asociación cultural Arraianos, punta de lanza de los homenajes civiles al poeta gallego más traducido desde Rosalía tras la sorpresiva declaración de 2012 como Ano Celso Emilio por parte de la Xunta.
Una estructura cúbica de Baldomero Moreiras, cubierta de lonas negras, y el libro de artista del también poeta Baldo Ramos sirvieron de plástica conmemorativa en el monasterio durante la mañana. No había allí muchos celanovenses, cuestión difícil de zanjar en pocas palabras, aunque sí decidió acercarse, como vicario de la corporación municipal, el baltarista Maximino Rodríguez (PP), en UCD cuando muere CEF y uno de los responsables de que tuviese una calle con su nombre ese mismo año. Fue Ramos el primero en exponer la relación con el origen del autor de Onde o mundo se chama Celanova. Recurriendo a otro poeta del mismo pueblo, y al que Celso Emilio Ferreiro (CEF) sucedió en los libros de texto como poeta civil (o social) de Galicia: “Hacia el final se acordaba de aquellas palabras de Curros: Galicia desviste aos seus fillos para vestir aos seus xenros”.
Por “devolver a Celso Emilio una pequeña parte de lo que él dio a Celanova”, insistió Aser Álvarez, de Arraianos, se concibieron los actos del viernes. El profesor Xesús Alonso Montero esgrimió razones políticas: “Celso Emilio no le gusta a más del 50% de los vecinos, son votantes del PP y el PP no es republicano, marxista ni ateo, por eso no le gustan sus versos”. Después, en el cementerio de San Breixo donde están enterrados el poeta y su esposa, sobre la férrea admonición que graba el sepulcro —“mais o lume que alampea xamáis o veredes morto”—, el octogenario catedrático fue ungido como arraiano maior y leyó un discurso anticapitalista encaramado al túmulo. Con referencias a Ignacio Sánchez Gordillo, la Transición como disfunción o a la Medalla Castelao que recibió de Fraga, en 1990, Luís Moure Mariño, “un fascista no arrepentido”. O Leo y Daniel Salgado pusieron después guitarra y voces a Libremente, uno de los poemas de Longa noite... que justifican el rechazo del autor a la poesía social como cliché de sí mismo —“soy un poeta beligerante”, corregía él—. Allí estaban dos de los tres hijos vivos de CEF, Luís e Isabel, académicos como Francisco Fernández Rei, que se acercó a Celanova a título personal, como Pepe Álvarez Cáccamo, Amancio Prada o Cynthia Leborne, una profesora de Rennes que conoció al poeta en 1978 y decidió consagrarle su investigación Celso Emilio Ferreiro, poeta do pobo galego.
El recorrido siguió en la Taberna de O Galo, ahora bar de copas, y por la noche, con la fiesta de fin de rodaje del documental Celso Emilio fai cen anos, unha biografía 100%, dirigido por Aser Álvarez y con más de 40 entrevistas —se presentará a finales de año para su emisión en TVG—. A falta de exprimir el esfuerzo biográfico de Ramón Nicolás, autor del reciente Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (Xerais), en el documental se evidencian algunas de las líneas de corte de la literatura de posguerra y la compleja relación entre Celso Emilio y Galaxia, quizá marcada por la presencia del poeta en la UPG iniciática de 1964.
“Formalmente fue respetuosa”, resumió apresuradamente Luís Ferreiro. “Ramón Piñeiro nunca dijo nada que desfigurase públicamente a Celso Emilio, como sí hicieron del Riego o Cunqueiro”. La correspondencia del poeta con Álvarez Blázquez, editor en Castrelos de Longa noite de pedra tras la publicación inicial de Galaxia en 1962 —el editor catalán Josep Batlló, que la recuperó después en bilingüe, reconoce que gracias a Longa noite... pudo publicar “a muchos poetas catalanes”—, aún se publicará en 2013.

Nova publicada no País

La asociación Arraianos nombra a Alonso Montero "Arraiano Maior"

El colectivo realizó ayer en Celanova un homenaje al poeta social Celso Emilio Ferreiro con motivo del 33 cabo de año







EIRE VALCÁRCEL - OURENSE 

El escritor y catedrático de Literatura Gallega, Xesús Alonso Montero, recibió ayer el reconocimiento de "Arraiano Maior da Raia Seca 2012" por la asociación Arraianos en un acto que conmemoró el 33 cabo de año del poeta social Celso Emilio Ferreiro, fallecido el 31 de agosto de 1979, y que fue nombrado póstumamente "Arraiano Universal".
Alonso Montero, experto en el escritor Celso Emilio y autor de varios trabajos sobre su obra, acogió esta mención con gran humildad y afirmó que "no merezco este reconocimiento como sí lo merecieron el escritor Méndez Ferrín, el Padre Fortes, o el portugués Bento da Cruz, homenajeados en otras ediciones".
Por otro lado, señaló que él no nació en la Raia Seca (es natural de Ventosela, en el municipio de Ribadavia) aunque afirmó bromeando que "llevo toda la vida pasándome de la raya, algo que tendrá que ver con este reconocimiento", en alusión a su militancia en el Partido Comunista desde el año 1962, por la que fue represaliado en varias ocasiones.
Esta mención honorífica del colectivo Arraianos tuvo lugar en el marco de una jornada festiva y de recuerdo del poeta celanovés que consistió, en primer lugar, en un roteiro literario por las calles de su lugar de origen, desde su casa natal o la del poeta Curros Enríquez, hasta la Taberna do Galo, lugar de reunión y tertulia de Celso Emilio Ferreiro y otros escritores coetáneos. Los participantes en el evento recorrieron así los lugares más significativos en la vida y obra de Celso Emilio Ferreiro.
"Longa noite de pedra"
La ruta hizo una parada especial en la celda del monasterio de Celanova donde estuvo preso Celso Emilio durante tres días, siendo esta experiencia el origen de su poema "Longa noite de pedra", primera pieza del libro homónimo. En este momento se hizo entrega de un diploma acreditativo a la Fundación Celso Emilio Ferreiro con motivo de la mención del poeta como "Arraiano Universal".
A continuación, prosiguió su itinerario por el cementerio de San Breixo, donde está enterrado el escritor, y donde tuvo lugar la entrega de la boina y guillada acreditativa a Alonso Montero, por su nombramiento.
Tras este acto, hubo un recital poético y musical con la participación de Daniel Salgado, Baldo Ramos, Leo Fernández, Anxo Angueira y otros poetas locales, que terminó con la interpretación del Himno Arraiano por parte de Daniel Romero.
Rap y hip-hop en el documental sobre el escritor
En la Taberna do Galo de Celanova, se celebró ayer la fiesta de fin de rodaje del documental biográfico sobre el escritor celanovés titulado "Celso Emilio fai cen anos, unha biografía 100%", promovido por Arraianos para la TVG y dirigido por Aser Álvarez.
Su creador destaca que es una obra "dirigida al público adolescente y juvenil", y que combina la poesía social de Celso Emilio con ritmos del rap o hip-hop, por lo que lo define como "poco académico y muy ferreriano".
Fue también en este lugar de reunión y animación, la Taberna do Galo, (sobre la cual Celso Emilio escribió un libro homónimo), donde Xesús Alonso Montero interpretó una canción inédita del poeta celanovés, entregada al catedrático hace años. La pieza es una llamada al "Santo Cristo dos Vigueses, tú que entiendes de finanzas" para que defienda al pueblo de "los que gobiernan la banca".


Nova publicada no Faro de Vigo

Os arraianos coroan a Alonso Montero símbolo da raia seca

Os actos, onde proclamouse a universalidade de Celso Emilio Ferreiro, incluíron un roteiro literario

laura fernández. celanova - 01-09-2012 
 
A Asociación Arraianos reuniu onte en Celanova a diferentes personalidades do mundo das artes luso-galaicas, co motivo do nomeamento do profesor Xesús Alonso Montero como Arraiano Maior da Raia Seca de 2012 e, a título póstumo, o Arraiano Universal a Celso Emilio Ferreiro.'Eu non sei moi ben que significa eso de ser arraiano, nin a que me compromete', bromeaba Alonso Montero que, ao pé do xacigo do seu amigo Celso, onde fai 33 anos exerceu de sacerdote laico no seu enterro, realizou un emotivo discurso sobre a raia, a liberdade e a importancia de loitar por un mundo máis humanista. 

Xesús Alonso Montero -esquerda-, durante o seu discurso en recordo de Celso Emilio Ferreiro. (Foto: L.F.)
Xesús Alonso Montero -esquerda-, durante o seu discurso en recordo de Celso Emilio Ferreiro. (Foto: L.F.)
 
As súas verbas encheron o camposanto celanovés, ao igual que os recitais poético-musicais realizados polos artistas da contorna, nun sinxelo e sincero acto de recoñecemento á palabra.

Os actos na vila comenzaron cun roteiro literario polos lugares máis importantes na vida e na obra do poeta celanovés ata rematar no Mosteiro de San Salvador, na celda onde Celso Emilio escribiu 'Longa noite de pedra'. 'É un luxo e unha grande emoción poder estar hoxe aquí', señalaba Aser Álvarez, organizador do acto e presidente da Asociación Arraianos, emocionado ao escoitar a Baldomero Moreiras ou Baldo Ramos, outros dous celanoveses, lembrar as trastadas do neno Celso na trastienda da sombrereria dos Moreiras, onde traballou por vez primeira ou do relato da súa relación de amor e odio ca sua vila natal

A Taberna do Galo, nunha mixtura de rap, poesía, pandeiretas e algún petisco en forma de galeguesas, puxeron onte o fin de festa a unha xornada de recoñecemento.

Nova publicada na Región

Celso Emilio Ferreiro é, indubidablemente, un herdeiro do galeguismo do grupo Nós

31 de agosto de 2012 05:00
Celso Emilio Ferreiro xa ten unha biografía que o escriba. Edicións Xerais publica nos vindeiros días Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, unha narración de Ramón Nicolás sobre o poeta. O suplemento Culturas ofrecerá mañá dous capítulos adiantados deste libro.
-¿Como cre que cambiou a perspectiva sobre o escritor neste ano?
-Malia que sería preciso gozar de maior perspectiva, cando menos estes oito meses transcorridos do centenario supuxeron unha inequívoca reactivación do Celso Emilio poeta, subliñando o feito de que a súa voz pertence a iso que se denominan «clásicos». Este ano permitiu redescubrir esoutros perfís que atesoura: un narrador de primeira liña, un extraordinario columnista, un político comprometido con Galicia e o seu futuro.
-¿Que puntos de vista pode cambiar a súa biografía?
-Sobresae o labor titánico de organización dentro das mocidades do nacionalismo galego na época da segunda república, o labor poético creativo que seguiu realizando na guerra civil -aínda pouco coñecido-, como nuclea o galeguismo cultural resistente na Pontevedra dos anos corenta, como foi a súa actividade política clandestina nos anos sesenta e setenta, cal é a evolución das valoracións que os seus contemporáneos fan da súa obra poética ou como se proxecta a súa poesía a través de diversos movementos musicais.
-¿Que lle sorprendeu máis na investigación da vida do poeta?
-No lado humano, o elemento no que coinciden as máis das persoas que entrevistei: o seu carácter en primeira instancia tímido, mais tamén afable, aberto, extraordinariamente vitalista, cheo de simpatía e de enxeño -que neste caso adxectivarei como celanovés ou ourensán-, se cadra por acreditar que o seu perfil persoal distaba de ser así. Celso Emilio resulta, indubidablemente, herdeiro dese espírito dun galeguismo do grupo Nós.
-Estamos asistindo a unha recuperación da valoración de Ferreiro como poeta. ¿Axudan os malos tempos?
-É probable. O seu discurso literario é contemporáneo nas formas e nos contidos. Esa innegable vea reivindicativa que agroma aquí e acolá na súa obra resulta case unha profecía... Un dos poemas que estou moi contento de rescatar este ano titúlase O atraco, que comeza dicindo «Maus arriba e boa abaixo o pobo».

El colectivo Arraianos homenajeará a Celso Emilio Ferreiro el viernes en Celanova

La asociación cultural nombrará al ilustre poeta Arraiano Universal en un recorrido literario por los lugares que marcaron la vida y la obra de Ferreiro

La asociación Arraianos homenajeará al escritor Celso Emilio Ferreiro en Celanova, el próximo viernes, día 31, con motivo de cumplirse los 33 años del fallecimiento del ilustre poeta. El programa confeccionado para la ocasión empezará a las once de la mañana, con el nombramiento de Celso Emilio Ferreiro como Arraiano Universal. A continuación se hará el nombramiento del profesor Xesús Alonso Montero como Arraiano Maior da Raia Seca. Por la tarde, a partir de las siete, habrá una fiesta de final del rodaje del documental Celso Emilio Ferreiro fai cen anos. Unha biografía. Ese viernes la mañana comenzará a las diez y media, con la realización de una ruta literaria por las calles de Celanova, desde la casa natal de Celso Emilio hasta el cementerio, recorriendo algunos de los espacios más notables en la vida y obra del poeta.
El nombramiento de Arraiano Universal tendrá lugar en la celda del monasterio donde estuvo preso y donde vivió su longa noite de pedra. Allí el artista Baldo Ramos mostrará el libro que elaboró para el documental promovido por Arraianos, además dle montaje que Baldomero Moreiras hizo para homenajear al poeta de Celanova. Después la ruta llevará a los participantes hasta el lugar del monasterio donde existe una pintada en sus muros, realizada por el poeta antes de la guerra, luego irán hacia el busto de Celso Emilio pasando por la Taberna do Galo para alcanzar el camposanto. Allí habrá un recital poético en el que intervendrán poetas como Daniel Salgado, Baldo Ramos, Leo Fernández, Anxo Angueira, Méndez Ferrín, para después terminar el acto con el Himno Arraiano, a cargo de Daniel Romero.
La fiesta de fin del rodaje del documental tendrá lugar en la Taberna do Galo. Será un acto abierto a quien quiera sumarse e incluirá una ruta literaria, musical y gastronómica por la villa de San Rosendo para recordar la vida y la obra de Celso Emilio. Participarán las bandas Bann Kalac, Porco Dinamita y los Pornoenogastrophoners.

Tras o rastro de Celso Emilio

Un cabezudo de Celso Emilio de cartón-pedra percorreu onte as rúas de Celanova para escenificar as pegadas do poeta na súa vila natal. Un regreso que forma parte do documental biográfico que está a rodar a Asociación Arraianos.

laura fernández - 24-08-2012 
 
A Taberna do Galo, os xardíns de Curros Enríquez ou o popular mercado dos xoves celanovés foron onte escenario de rodaxe dun novo proxecto audiovisual na memoria de Celso Emilio Ferreiro. Un cabezudo de cartón-pedra devolveu a Celanova a presencia testimonial da súa figura, chamando a atención dos viandantes que preguntaban con curiosidade cando poderían ver o filme. 'Presentarase a final de ano, como colofón as actividades organizadas no galo do centenario do seu nacemento', aclaráballes Aser Álvarez, director do documental biográfico impulsado pola Asociación Arraianos. 

Aser Álvarez (á esquerda) durante a entrevista a Baldomero Moreiras (á dereita) na Taberna do Galo. (Foto: MARCOS ATRIO)
Aser Álvarez (á esquerda) durante a entrevista a Baldomero Moreiras (á dereita) na Taberna do Galo. (Foto: MARCOS ATRIO)
 
Nas últimas tres semanas, o equipo de rodaxe desplazouse por diferentes enclaves vitais do autor de 'Longa noite de pedra'. Paisaxes de Oviedo, Vigo, Pontevedra, Caracas (Venezuela) ou Celanova serviron de base para retratar o Celso Emilio máis contemporáneo. 'É un longametraxe 100% Celso Emilio. Moi fresco, pouco académico e onde tratamos de mixturar as súas facetas, o seu carácter auténtico, verdadeiro e combativo, pero sin mitificalo', advirte Álvarez.


RECONCILIACIÓN CO POBO
Dirixido sobre todo para a xente máis nova, pero que a bo seguro enganchará a todas as idades, o documental mixtura ritmos de rap e hip-hop, coas testemuñas de artistas e veciños que lembran o Celso Emilio máis intimo e o recitado dos seus poemas más representativos. 'Non lembro cando foi a derradeira vez que o vin, pero si me quedou marcada unha das últimas conversas, onde un Celso Emilio emocionado me confesou a falta de cariño que sentira dos seus veciños, nunha Celanova onde non tiña tantos amigos como il pensaba', lembra Baldomero Moreiras. Hoxe, cen anos despois, ise sentimento está esquecido.


Máis de 70 persoas colaboran neste proxecto audiovisual impregnado de celanovismo. Dende o seu director Aser Álvarez ata o traballo de son de Javier da Silva, pasando polos artistas locais Baldomero Moreiras ou Méndez Ferrín, así como unha dúcia de amigos e veciños do poeta. O documental, como as obras e publicacións que xurdiron neste ano do centenario, son unha demostración de que o pobo quere ao poeta. 'E ista biografía audiovisual é a escenificación desa reconciliación, necesaria e de xustiza. Porque fixo máis polo coñecemento de Celanova no mundo que calquera'.


Ao pé da imaxe doutro grande celanovés, Manuel Curros Enríquez, Aser Álvarez lembra a Celso Emilio como un dos referentes da poesía galega, 'cun discuso que sigue sendo vixente, porque a súa poesía non envellece'. 


 Nova publicada na Región 

terça-feira, agosto 28, 2012

Celso Emilio fai cen anos con moi boa saúde

Venres 31 de agosto. Onde o mundo se chama Celanova. Celso Emilio Ferreiro, un arraiano universal
Todos os camiños levan a Celanova este venres, 31 de agosto, coincidindo co cabodano de CEF no ano do seu centenario. Vémonos no principio do mundo...
Arraianos walking around da mañá á noite por Celanova e arredores, cun roteiro literario polos espazos máis importantes na vida e na obra do noso poeta
máis beatnik. Rematamos no cemiterio, co nomeamento de Alonso Montero como Arraiano Maior da Raia Seca de 2012, mesmo ao pé do xacigo do seu amigo Celso Emilio Ferreiro, onde exerceu de "sacerdote laico".

E xa pola tarde, festa de fin de rodaxe do documental na Taberna do Galo, coa presenza de moitos dos entrevistados, familiares, amigos, expertos, artistas e colaboradores que participan neste proxecto.

Haberá viño do Ribeiro, pandeiro, galeguesas, música, pedra, poesía, rap e algúns petiscos do noso documental biográfico sobre Celso Emilio Ferreiro.
Os que queirades participar no xantar e degustar o video do nomeamento do Arraiano Maior de 2011 tedes que anotarvos previamente enviando un correo a xesusdiaz@gmail.com

sábado, agosto 18, 2012

Xesús Alonso Montero será nombrado «Arraiano Maior de la Raia Seca»

Los actos se desarrollarán en Celanova el día 31 de este mes


La Asociación Arraianos decidió por unanimidad reconocer a Celso Emilio Ferreiro Míguez como Arraiano Universal, y al escritor Xesús Alonso Montero concederle el reconocimiento como Arraiano Maior da Raia Seca 2012, por su trabajo por la sociolingüística, así como polos estudios realizados sobre escritores gallegos. El acto de entrega del galardón tendrá lugar el día 31 de agosto en Celanova. Durante la jornada se desarrollarán varias actividades que empezarán a las 10. 30 horas con un roteiro literario por la villa ligado a los literatos nacidos en Celanova, seguido de una ofrenda floral y un acto poético-musical en el cementerio de San Breixo, donde se entregarán los reconocimientos. La jornada finalizará con una comida «arraiana», y un espectáculo multimedia en el claustro barroco del monasterio de Celanova con actuaciones musicales y poéticas.

Convite Arraiano 2012


sexta-feira, agosto 17, 2012

Arraiano maior: Símbolo da raia seca


venres, 17 de agosto de 2012
 
Achegase o día grande dos arraianos. Será o próximo 31 de agosto, na vila de Celanova. Onde a aguillada e a boina, autoridade e poder, sinais identitarias arraianas, mudan de mau, pasan do Arraiano Maior saínte o Arraiano Maior entrante.

Este ritual vense celebrando dende o ano 2009, con motivo do nomeamento, do primeiro Arraiano Maior da Raia Seca a D. Xosé Luís Méndez Ferrín.


Méndez Ferrín, escritor arraiano universal, poeta e político, espertador de conciencias, é a figura máis representativa da literatura galega contemporánea, e un dos máis galardoados. Ferrín, é para moitos mestre, amigo, símbolo e guía.


Para esta primeira entrega, escolleuse o marco incomparable da aldea de Ludeiros (Lobios), en pleno corazón do Parque Transfronteirizo Gerês-Xurés, cunha andaina ata a fronteira da Madalena (Lindoso), aproveitando a conmemoración anual da festa da Madalena, símbolo da unión arraiana. Na que os vínculos veciñais foron máis fortes que as fronteiras administrativas.


No ano 2010, o recoñecemento foi para o Padre Fontes, polos méritos en defensa do patrimonio cultural do Barroso, e polos máis de 25 anos de congresos de medicina popular.

A entrega levouse a cabo no mítico lugar portugués de Castro Laboreiro, contouse co apoio dos irmáns arraianos do Núcleo de Estudos e Pesquisas dos Montes Laboreiro.

No ano 2011, o recoñecemento foi para o escritor portugués Bento da Cruz. Autor de títulos tan arraianos coma Planalto em chamas, Ao longo da fronteira, O lobo guerrilheiro, Histórias da Vermelhinha.

Para esta entrega escolleuse o Concello de Entrimo, e o marco natural das Cortes da Carballeira, a Igrexa de Santa María A Real e o Pedreiriño..

Nese mesmo ano, acordouse recoñecer a Celso Emilio Ferreiro como Arraiano Universal.


Este ano 2012, será nomeado Arrainao Maior, o profesor D. Xesús Alonso Montero.


Da extensa obra de Alonso Montero, destacamos os seus traballos sociolingüísticos, e os estudos feitos sobre escritores galegos. Para a nosa literatura quedan títulos coma: Cen anos de literatura galega; Decálogo da lingua galega; Versos republicanos e outros versos políticos, Curros Enríquez no franquismo ou Castelao na Unión Soviética en 1938.


Os actos comezarán as 10,00 h. Encontro na praza da vila de Celanova.

Lectura do manifesto arraiano.
10,30 h. Rota literaria por distintos espazos relacionados cos escritores nados en Celanova, con lecturas de poemas e música arraiana.
11,30 - 14,00 h. No cemiterio de San Breixo. Nomeamento de Xesús Alonso Montero como Arraiano Maior da Raia Seca do ano 2012, a cargo do Arraiano Maior do ano anterior, Bento da Cruz. Entrega do recoñecemento como ARRAIANO UNIVERSAL a Celso Emilio Ferreiro Míguez. Ofrenda floral e recital poético e musical, coa participación de poetas e músicos das terras de Celanova e do val do Limia, ao pé do xacigo de Celso Emilio Ferreiro.
14,30 h. Xantar arraiano no Restaurante Airiños.

Somos uns afortunados por ter a persoas tan significativas na nosa terra. Persoas as que temos a obriga de recoñecer a súa labor, nos diferentes ámbitos culturais, económicos e sociais. Eles son eses faros que nos permiten descubrir novas sendas, cos seus bordes, os seus nodos e os seus fitos. Eles son luz e semente nova, que nos permite avanzar e interpretar a realidade de forma dinámica.


Unhas veces con palabras e obras, e outras con silencios estanos a indicar que é tempo de sementeira, que é tempo de sementar, que é tempo de innovación, que é tempo crear, de innovar e de pórse a andar.

Arraianos rinde homenaxe a Celso Emilio e Xesús Alonso Montero

Redacción - Ourense - 15-08-2012  

O escritor Celso Emilio Ferreiro e o profesor Xesús Alonso Montero serán os protagonistas da xornada que o vindeiro 31 de agosto a Asociación Arraianos celebrará en Celanova. No centenario do nacemento do poeta celanovés, a asociación cultural ven de recoñecer como 'Arraiano universal' ao autor de 'Longa noite de pedra'. Ademais, o escritor e académico Xesús Alonso Montero será distinguido co recoñecemento 'Arraiano Maior da Raia Seca 2012'. Esta distinción anual xa foi entregada ao escritor Bento da Cruz no ano 2011, ao Padre Fontes no 2010 e a Xosé Luís Méndez Ferrín, que inaugurou estes recoñecementos no 2009. O programa cultural arrancará as dez da mañá na praza Maior da vila de San Rosendo ca lectura do manifesto arraiano e posterior roteiro literario polos distintos espacios da vila relacionados cos autores locales. O longo de itinerario faranse varias lecturas de poemas e intervencións musicais. As 11,30 horas, no cementerio de San Breixo, desenvolverase o acto central cos nomeamentos, a ofrenda floral ao pé do xacigo de Celso Emilio Ferreiro e un recital coa participación de poetas e músicos das terras de Celanova e do val do Limia. Tralo xantar nun restaurante da vila, o claustro barroco do Mosteiro celanovés acollerá un espectáculo multimedia con intervencións de diferentes persoeiros, poetas, así como as actuacións de diversos grupos musicais. 

quinta-feira, agosto 09, 2012

Arraiano Universal e Arraiano Maior da Raia Seca 2012

Cartaz obra de Baldo Ramos

Celanova, 31 de agosto do 2012

No centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, a Asociación Arraianos ven de recoñecer como ARRAIANO UNIVERSAL ao autor de Longa noite de pedra.

Ademáis, Xesús Alonso Montero, escritor e académico, ven a ser distinguido co Recoñecemento Arraiano Maior da Raia Seca 2012, que concede anualmente a Asociación Arraianos. Esta distinción xa foi entregada ao escritor Bento da Cruz no 2011, ao Padre Fontes no 2010 e a Xosé Luís Méndez Ferrín, que inaugurou estes recoñecementos no 2009.

Da extensa biografía de Xesús Alonso Montero, destacar os traballos sociolingüísticos, así coma os estudos feitos sobre escritores galegos. Para a nosa literatura xa quedan títulos coma: Cen anos de literatura galega, Decálogo da língua galega, Versos republicanos e outros versos políticos, Curros Enríquez no franquismo ou Castelao na Unión Soviética en 1938.

O autor vigués está vencellado á figura de Celso Emilio Ferreiro, o que dalgún xeito xungue no tempo dous autores irrepetibles da nosa literatura.

 PROGRAMA

10,00 h. Encontro na praza da vila de Celanova.
Lectura do manifesto arraiano.

10,30 h. Rota literaria por distintos espazos relacionados cos literatos nados en Celanova, con lecturas de poemas e música arraiana.
11,30 - 14,00 h. No cemiterio de San Breixo. Nomeamento de Xesús Alonso Montero como Arraiano Maior da Raia Seca do ano 2012, a cargo do Arraiano Maior do ano anterior, Bento da Cruz.

Entrega do recoñecemento como ARRAIANO UNIVERSAL a Celso Emilio Ferreiro Míguez.

Ofrenda floral e recital poético e musical, coa participación de poetas e músicos das terras de Celanova e do val do Limia, ao pé do xacigo de Celso Emilio Ferreiro.

14,30 h. Xantar arraiano no Restaurante Airiños.


PARA ANOTARSE NO XANTAR:
Hai que comunicalo a este enderezo electrónico (xesusdiaz@gmail.com) ata o día 27 de agosto, e facer o ingreso de 20 euros no número de conta: 2080 0329 31 0040005303, concepto: xantar arraianos.

Celso Emilio Ferreiro fai 100 anos

17,00 h. Espectáculo multimedia no claustro barroco do mosteiro de Celanova, facendo unha montaxe escénica atractiva e dinámica con intervencións de diferentes persoeiros, poetas, así como as actuacións de diversos grupos musicais.

terça-feira, junho 19, 2012

Escritores da Comarca das Terras de Celanova - Baixa Limia no Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro

Deixamos aquí o cartaz dos actos que terán lugar estes días en Celanova con motivo do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, así como o programa de actos para quen se poida achegar.



Os escritores da comarca Terra de Celanova – Baixa Limia
no centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro

Organiza: Biblioteca do IES de Celanova, Coordinadora comarcal de Equipos de
Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova – Baixa Limia

Colabora: Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Fundación Celso
Emilio Ferreiro

Lugar de celebración: Biblioteca do IES de Celanova

Datas: Mércores 20 de xuño (10.45-12.25). Xoves 21 de xuño (19.00 en diante)

Exposicións

Celso Emilio Ferreiro. Letras Galegas 1989 (IES de Celanova)
Elaborada no I.B. Celso Emilio Ferreiro no curso escolar 1988-1989
Descubrindo a Xocas (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” - Bande)
Libro feito polo alumnado de Educación Infantil
O foxo do lobo das Covateiras (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” - Bande)
Maqueta elaborada a partir do libro de Davide Pérez Os foxos do lobo. A caza do lobona cultura popular
Moais do val do Limia (IES Aquis Querquernis – Bande)

Os ollos das palabras
Exposición de obra gráfica de Baldo Ramos


Presentacións

Mostra bibliográfica Escritores da comarca Terra de Celanova - Baixa Limia (IES de Celanova)
 

Inauguración da mostra permanente de fondos dos escritores da comarca Vieiros de palabra. Terra de Celanova – Baixa Limia en letras de autor Presentación do libro conformado por textos orixinais de corenta e cinco autores vivos da comarca, editado pola Librería Conde, de Celanova

Audiovisuais

A miña palabra preferida é... (CEIP Curros Enríquez – Celanova)
Vocábulos escollidos polo alumnado, presentes na obra de escritores de Celanova
Celanova ten un vento (CPR Sagrado Corazón – Celanova)
Vídeo-poema cantado a partir do texto de Celso Emilio Ferreiro
A máis fermosa roseira (CEIP Rogelio García Yáñez - Ramirás)
Versión de poemas de Lois Antón Pérez e de Xoán Carlos Domínguez Alberte
Loa ao porco bravo (CEIP San Marcos – Cartelle)
Versión dun poema de Henrique Feixó
Letras do val do Limia (IES Aquis Querquernis - Bande)
Audiovisual sobre os escritores da bisbarra da Baixa Limia
Deus che dea ira, que paciencia tes de abondo (IES Lagoa de Antela – Xinzo de Limia)
Audiovisual sobre Celso Emilio Ferreiro, elaborado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL)
Ás veces fáltannos palabras (IES de Tomiño)
Versión plurilingüe dun poema de Baldo Ramos, elaborada polo EDLG

Recitais

Recital musicado dos poemas “Nai”, “Soldado” e “Moraima”, de Celso Emilio
Ferreiro (IES de Celanova)
Interpretación musical dos poemas “Bande” e “María Soliña”, de Celso Emilio
Ferreiro (IES Aquis Querquernis – Bande)
Intervencións Celso Emilio Ferreiro fai cen anos

Palabras de Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro

Escritores da Terra. Terra de escritores

Lectura, a cargo do presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias, dun manifesto elaborado pola AELG

A palabra dos nosos escritores

Lectura de textos de autores da comarca de Terra de Celanova – Baixa Limia

Propostas

Proposta do IES de Celanova para pasar a se denominar IES Celso Emilio Ferreiro

quarta-feira, fevereiro 15, 2012

Celso Emilio fai 100 anos xa está á venda na túa libraría

Xa podes mercar o teu volume de Celso Emilio fai 100 anos en: librería Conde (Celanova), Livraria Torga (Ourense), Libraria Couceiro (Santiago), Aira das Letras (Allariz), Central Librera de Ferrol, Nós e Couceiro (A Coruña), Librouro, Andel e Meendinho (Vigo), Casa do Libro de Vigo e Coruña, no Uf e na Galería Jazz (Vigo), en Abraxas (Santiago) e Follas Novas (Santiago). Pero tamén podes mercalo online en http://www.centrallibrera.com/index.php/celso-emilio-fai-100-anos.html ou en calquera outra libraría, pois o Consorcio Galego de Editores tamén distribúe exemplares

segunda-feira, janeiro 16, 2012

Celso Emilio, aínda de actualidade no seu centenario

Os paisanos do autor presentaron en Vigo a edición especial da súa revista 'Arraianos', homenaxe ao escritor de Celanova

ana baena. vigo - 14-01-2012 
 
O primeiro acto homenaxe a Celso Emilio Ferreiro na cidade tivo lugar onte en Librouro.


Ramón Nicolás, Luís Ferreiro e Méndez Ferrín, na primeira homenaxe en Vigo no Ano de Ferreiro. (Foto: FELIPE CARNOTTO)
Ramón Nicolás, Luís Ferreiro e Méndez Ferrín, na primeira homenaxe en Vigo no Ano de Ferreiro. (Foto: FELIPE CARNOTTO)
 
O presidente da Real Academia da Lingua, Xosé Luís Méndez Ferrín; o biógrafo do autor, Ramón Nicolás, e o seu fillo Luís Ferreiro reuníronso para presentar o monográfico da revista 'Arraianos', adicada a Celso Emilio. O valor engadido a este recoñecemento é que a publicación está editada por mocidade de Celanova, vila natal do escritor. O que sentía pola súa terra quedou reflectido na súa obra, concretamente en 'Onde o mundo se chama Celanova'. En palabras do seu fillo, 'é unha declaración pública do seu amor como arraiano'.

Hai 33 anos que morreu, pero os seus escritos seguen a estar de actualidade. 'O que lle preocupou no seu momento, persiste na actualidade e a xente nova síntese identificada co que le'. Así explica o seu vástago Luís a aceptación do seu poemario: 'A súa figura continúa a ser permanente; e o autor con máis musicalizaciones dos seus poemas en Galicia, superando as 200, e en distintos estilos, incluido o rap'.

A banda Labregos do Tempo dos Sputniks amosaron tralas intervencións a actualidade das letras de Celso Emilio, adaptándoa a ritmos modernos.

Alonso Montero, Xaime Quessada, Isaac Díaz Pardo, Méndez Ferrín o Armando Requeixo son algúns dos nomes que participan no monográfico de 'Arraianos. Celso Emilio fai 100 anos', xunto a abondoso material inédito do poeta. Lembranzas, recoñecementos e soidades atópanse nese artigos. Pero para Luís, o máis reseñable do seu pai son dous aspectos: 'A súa sociabilidade, tiña unha facilidade asombrosa para conectar coa xente, e a adicación da súa vida á defesa de Galicia'.

Dende o punto de vista literario, 'Longa noite de pedra' representa a obra máis popular de Celso Emilio Ferreiro. Clasificada como poesía social ou belixerante non foi o único xénero que desenvolveu. Ao seu fillo gustaríalle que no centenario se xeralizase o coñecemento das composicións amorosas, das de corte modernista e a denominada polos críticos como a antropolóxica: 'Como din os seus estudiosos, en Celso hai moito Celso'.

Celso Emilio Ferreiro ten moito de vigués: Vivíu na cidade antes da migración e morreu aquí en 1979 , mentras pasaba as vacacións cos seus fillos que residen en Vigo.

Atlántico Diario
 

Vigo se suma al recuerdo de Celso Emilio con la presentación de Arraianos

La publicación recupera material inédito del autor gallego que nació hace 100 años

REDACCIÓN - VIGO 

La librería Librouro, en Vigo, acogió ayer la presentación del monográfico de la revista Arraianos dedicado al centenario de Celso Emilio Ferreiro. La publicación presenta material inédito del poeta y político gallego.
Con motivo del centenario del nacimiento del autor de "Longa noite de pedra", el monográfico lleva el título "Celso Emilio fai 100 anos".
En la presentación de Vigo –días atrás había tenido lugar otra en la Casa dos Poetas de Celanova–, participaron Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente de la Real Academia Galega; Ramón Nicolás y Luís Ferreiro.
Además, el poeta Anxo Angueira ofreció un recita junto a Aser Álvarez, este último coordinador de Arraianos. No faltaron Daniel Romero y Os Labregos do Tempo dos Sputniks con una actuación musical "intergaláctica", según destacaron los organizadores.
La revista presenta colaboraciones destacadas entre las que destaca la de Díaz Pardo.

 Faro de Vigo 14/01/2012

domingo, janeiro 08, 2012

100 anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro


Recollido pola CRTVG

La asociación Arraianos abre el homenaje civil a Celso Emilio Ferreiro

El colectivo presentó ayer en Celanova un monográfico del poeta bélico

ÓSCAR IGLESIAS - Celanova - 08/01/2012
 
La declaración de 2012 como Ano Celso Emilio a propuesta de la Xunta, la acordaron en el Parlamento de forma unánime las tres fuerzas políticas. No sin disonancias, sobre todo cuando la oposición hizo notar el contraste entre los actos del autor y el lugar político de los promotores de la celebración. Quiso arreglarlo el portavoz de Cultura del PP, Agustín Baamonde, sosteniendo que al que fuera miembro de la UPG y candidato al Senado por el Partido Socialista Galego, en 1977, "no puede apropiárselo" ninguna formación.

De exprimirse a fondo el legado del poeta más traducido desde Rosalía, este desajuste sólo será una línea de fuga en el centenario de Celso Emilio Ferreiro Míguez (Celanova, 1912-Vigo, 1979). En paralelo al homenaje institucional de la Xunta, de momento sin tocarse, la asociación cultural Arraianos presentó ayer en la Casa dos Poetas de Celanova el monográfico Celso Emilio fai 100 anos, coordinado por Aser Álvarez. A falta de la esperada biografía que ultima para Xerais el crítico Ramón Nicolás, una edición de autor que da para hozar en la obra y en muchas de las cuestiones que dejó abiertas en vida Celso Emilio, el escritor que quiso que su obra fuese hierro, dúctil como arma y literatura, más allá del realismo social.
Poetas como Manuel Vilanova , Miro Villar o Baldo Ramos y Benedicto García; críticos como Armando Requeixo y el propio Ramón Nicolás; Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Méndez Ferrín, Quessada o Díaz Pardo son algunos de los 19 colaboradores, directamente o por cesión de obra, en esta nueva entrega de Arraianos, nacida en 2003 bajo el influjo del poeta "arraiano y fronterizo". "Un tipo que defiende su verdad pero, habituado a transitar entre límites, consigue interactuar con otras verdades", verbalizó Álvarez. "Su discurso es rabiosamente contemporáneo". Lo destaca el hijo, Luís Ferreiro, en un breve acercamiento personal a lo que significó Viaxe ao país dos ananos (Akal, Madrid, 1968). Aquel poemario, línea de corte en su obra y en su forma de enfrentar la cuestión nacional, concentra las esencias del Celso Emilio hiriente y glacial en el combate dialéctico. Y reclama a gritos otra puesta en común, con todas sus visiones múltiples, de la historia del exilio. Aquí está el Celso Emilio harto, expulsado de la Irmandade Galeguista de Caracas, enlace gallego de Cela en la revista de literatura Papeles de Son Armadans (el Nobel llegó a ofrecerle una salida laboral en una universidad americana). Celso Emilio fai 100 anos incluye diversas muestras, entre ellas la carta que escribe a Cunqueiro tras la estancia de éste en Venezuela. Para el de Celanova, unas vacaciones pagadas como comisario político: "Eres un infame. ¿Canto che pagaron de "ñapa" polos anacos que lle brindache da miña piel, os franquistas, teus anfitriós, tendeiros estraperlistas, horteras analfabetos e proxenetas de barato que te trouxeron eiquí de intelectual mercenario?".
Entre verdades y contradicciones, en 2012 se recordará nuevamente cómo Longa noite de pedra llegó a convertirse en un best-seller. Tras editarlo Galaxia en 1962, fue el editor y traductor catalán Josep Batlló quien consiguió que no muriese. Le dio vida en la famosa colección El Bardo. Como suele recordar Batlló, todavía vivo, "gracias a Longa noite de pedra pude editar a muchos poetas catalanes". El pequeño volumen, del que se han tirado 500 ejemplares, incluye dos poemas inéditos sin título, uno en gallego y otro en castellano. Y un cedé donde O García, O Vero y O Leo -en su formación Labregos do Tempo dos Sputniks- hacen suyo O meu reinado.

Nova recollida "El País"

Un monográfico por el centenario de Celso Emilio Ferreiro revela varios poemas inéditos

La asociación "Arraianos" lo presentó en Celanova, prologado por el biógrafo Ramón Nicolás y lo llevará a Vigo el próximo viernes

 


E. OCAMPO - VIGO "Dígoche adiós dende o barco/ que a lonxanas terras vai./ Dígoche adiós dende as Cíes/ que están preñadas de mar./". Este poema firmado en Miami por el autor de "Longa noite de pedra" forma parte del material inédito que ayer se dio a conocer en Celanova, la villa natal de Celso Emilio Ferreiro, en el marco de la presentación de un monográfico de la asociación "Arraianos". Refleja precisamente la despedida, durante la travesía rumbo a América.
Con motivo del cien aniversario del nacimiento de Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912- Vigo, 1979), la asociación que preside Aser Álvarez editó un número que cuenta con colaboraciones del recién fallecido Isaac Díaz Pardo, de Xesús Alonso Montero o del presidente de la Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín y con un prólogo del actual biógrafo de Celso Emilio, Ramón Nicolás. Álvarez remarcó la vigencia de obra del poeta, que llega a nuestros días: "Creo que Celso Emilio envejece muy bien". Y citó los versos "Mais o lume que alampea en cada cousa/endexamais o veredes morto".
La presentación de "Celso Emilio fai 100 anos" en la Casa dos Poetas de Celanova se cerró con una actuación poético musical a cargo de "Labregos do tempo dos sputniks", una formación que, precisamente, toma su nombre de uno de los versos de Celso Emilio.
Entre los trabajos de investigación que incluyen el monográfico se halla otro de los poemas inéditos que se atribuyen a Celso Emilio, cuyo año ha decidido señalar también la Administración. Titulado como "O atraco", refleja en alguno de sus versos: "Vimos a instalar o silencio/cero preguntas,/cero movimento porque/esto é un atraco.
Fuentes de la asociación precisaron que este monográfico será presentado también en Vigo, en la librería Librouro, el próximo viernes 13 a las 20.00 horas.

Nova recollida no Faro de Vigo

Los 'arraianos' celebran el 100 cumpleaños de Celso Emilio

redacción. celanova - 08-01-2012
La Asociación Arraianos presentó ayer en la Casa dos Poetas de Celanova el número nueve de la revista de su mismo nombre, con un completo monográfico con material inédito sobre Celso Emilio Ferreiro.
Aser Álvarez y Antonio Piñeiro (Foto: MARCOS ATRIO)
Aser Álvarez y Antonio Piñeiro (Foto: MARCOS ATRIO)
Un emotivo recital poético y musical inspirado en la obra del autor de 'Longa noite de pedra', permitió recordar algunos de los versos mas contemporáneos con el pretexto de que 'Celso Emilio fai 100 anos'. 'Vós diredes que son moitos, máis a nós parécenos que lle sentan moi ben. Que a súa obra envellece sen perder potencia, coma unha esgrevia augardente do país. Que alza a quen queira bebela', recitaba Aser Álvarez, acompañado de los acordes de guitarra de Daniel Romero. Anxo Angueira y 'Labregos do Tempo dos Sputniks' completaron el homenaje .

El monográfico, que incluye entrevistas, ensayos, ilustraciones, fotografías, música y poesía, es un preludio de los actos que la asociación arraiana prevé desarrollar en 2012

Nova recollida La Región

terça-feira, janeiro 03, 2012

Presentación do monográfico "Celso Emilio fai 100 anos"

Na Casa dos Poetas de Celanova, ás 11 horas.

Presentación do monográfico Celso Emilio fai 100 anos.
 

O cartel é obra de Baldo Ramos, autor da cuberta e das ilustracións do monográfico conmemorativo do Centanerio de CEF.

ESTADES TODOS CONVIDADOS!