terça-feira, fevereiro 26, 2013

100% CEF en Lalín este venres, ás 20:30, no Museo Ramón María Aller



Reproducimos eiquí a nota de prensa do concello de Lalín. Porco power e poesía!!

O Concello de Lalín continúa coa programación en torno ao poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro coa proxección este venres, 1 de marzo, ás 20.30 horas, no Museo Municipal “Ramón Mª Aller” do documental “100% CEF”, con guión e dirección de Aser Álvarez e co actor Luís Tosar no papel de Celso Emilio.

O documental vén sendo unha biografía do escritor, xornalista e polifacético celanovés, que foi estreado na TVG a finais do pasado ano. Está nominado aos Premios Mestre Mateo 2013 da Academia Galega do Audiovisual como mellor traballo documental, que foi presentado pola canle autonómica de televisión ao Premio Iris da Academia das Ciencias e das Artes da Televisión de España.

Esta longametraxe documental é o froito da edición e da montaxe de case cen horas de gravación con entrevistas, colaboracións artísticas, lecturas de poemas e musicacións que axudan a debuxar un retrato contemporáneo e pouco académico de Celso Emilio Ferreiro, despois dun centenario do seu nacemento.

O dito traballo audiovisual foi gravado en Celanova, Acevedo, Vigo, Pontevedra, Santiago, Asturias e Ourense. Ao longo dunha hora de duración, Celso Emilio Ferreiro é reconstruído a través de entrevistas con familiares, expertos, historiadores, literatos, amigos e tamén grazas á participación de persoas anónimas e coñecidas que recitan, len e rapean e cantan os seus poemas, demostrando que Celso Emilio Ferreiro é un dos poetas máis populares de Galicia.

Esta montaxe é o resultado dun intenso traballo de investigación e achega á vida e obra do poeta de Celanova, que levou ao equipo dirixido por Aser Álvarez a pescudar en arquivos de Asturias, Celanova, Madrid, Vigo, Pontevedra e Venezuela.

O retrato poliédrico e moi ferreiriano de Celso Emilio faise a través da conversa cos seus fillos, Isabel e Luís; os seus biógrafos, Xesús Alonso Montero e Ramón Nicolás; o seu amigo e paisano e ata onte presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín; Xosé Neira Vilas; Suso de Toro ou Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira e Daniel Salgado, entre outros.

Os poemas chegan pola voz de cantantes como Luís Emilio Batallán, Xiana e Xosé Lastra, Mini e Mero, pero sobre todo co punk dos Labregos do tempo, dos Sputniks e co rap máis contemporáneo de Ferriman, Nuno e Fred.

O documental conta ademais coa colaboración de artistas como Baldo Ramos, que elabora un libro de artistas que funciona como fío condutor do documental, Francisco Leiro, Manolo Paz ou Baldomero Moreiras que en palabras do director, Aser Álvarez, “...tamén nos axudan, dende diferentes disciplinas artísticas a facer un pandeiro de Celso Emilio Ferreiro, cen anos despois do seu nacemento, convencidos de que o seu lume e o das súas ideas segue a alampear, porque ese lume que alampea é precisamente a radical vixencia e contemporaneidade da súa poesía e do seu discurso”.

Celso Emilio Ferreiro foi pregoeiro da segunda edición da Feira do Cocido, ademais de ser coetáneo e amigo doutro lalinense ilustre, Laxeiro.

segunda-feira, fevereiro 25, 2013

O xefe deixa a RAG



Velaivai a carta na que Xosé Luís Méndez Ferrín, arraiano entre arraianos, anuncia que deixa a RAG
 
Á Comisión executiva e membros numerarios e correspondentes da Real Academia Galega.
Mediante este escrito renuncio á presidencia da Real Academia Galega e no mesmo acto renunciarei á condición de membro numerario da institución.
Doulles as grazas e un abrazo a todos os membros da Executiva porque á súa intelixencia, superior cultura e desinteresada entrega son debidas as obras, éxitos e conquistas que acadou e coñeceu a Academia no período inconcluso que termina coa redacción da presente carta.
De modo especial quero destacar a dedicación sacrificada e lúcida do Secretario.
Á maioría dos académicos e académicas quérolles significar os meus sentimentos fraternais e o meu agradecemento polo seu labor ilusionado, a súa lealdade institucional e cooperación eficiente.
Non obstante, outros académicos e académicas, unidos a persoas externas, fixéronme sentir que eu non teño sitio na Academia. Beizón tamén a estes e estas porque os seus esforzos, finalmente coroados por un éxito completo, tiveron a virtude de me facer ver a tempo onde debo estar e onde non debo estar nos poucos días que me resten de vida.
            Viva e floreza a Academia Galega!
            Viva Galicia ceibe!

sábado, fevereiro 16, 2013

100% CEF nomimando aos Premios Mestre Mateo de 2013 como mellor documental

Beizóns a todos os que nos axudastes a facer un pandeiro de Celso Emilio Ferreiro. Na imaxe, con Isabel Ferreiro, filla do poeta, durante a rodaxe deste traballo audiovisual promovido por Arraianos. O documental 100% CEF está nominado, na categoría de mellor documental, aos premios Mestre Mateo 2013. O poeta do pobo segue alampeando cen anos despois, coa poesía máis humana e verdadeira... Porque temos o dereito e o deber de ser rebeldes
http://youtu.be/iwrxsjB8Uyo

segunda-feira, fevereiro 11, 2013

Adriana Trujillo mándanos un enlace ao seu documental sobre un carneiro contemporáneo de Tijuana, o único tipo desta cidade arraiana que lle dá "traballo aos gringos". www.felixdocumentary.com
Eiquí vos queda un pequeno grolete desta augardente arraiana

segunda-feira, fevereiro 04, 2013

La Feria de los Secretos (crónica urxente dun galego en Fitur, para la Voz de Galicia)

Madrid, 2 febreiro.
"Hay que estar aquí aunque sirva de poco, porque si no vienes
no cuentan contigo". Esta sentencia la soltó uno de los gurús que ayer andaban por Fitur, la feria de turismo donde "hay que estar", aunque cada vez sean menos los profesionales que participan en ella. Es un rito anual que genera una gran actividad económica en Madrid y que sirve como punto de encuentro para la gente del sector y también para los coleccionistas de folletos. Los stands de los diferentes destinos pretenden ser un escaparate de lo mejor de cada territorio, buscando, con mayor o menor fortuna, la diferenciación y la singularidad, para atraer turismo en un contexto de crisis sin precedentes y con una oferta cada vez más globalizada, competitiva y variada.

Sin salir de Fitur, podemos recorrer España y casi el mundo entero, adivinando los rasgos de países y comunidades autónomas a través de sus chiringos y mensajes, impactantes, acertados, disparatados o atávicos, algunos de ellos incluso susceptibles de tumbar al paciente en el diván. Es el caso de Galicia, ese país borroso que nos pregunta susurrando si le guardamos el secreto, con aliento de queimada, esa tierra que es testigo de inconfesables confidencias y que nos invita a perdernos definitivamente, a través de un brumoso mapa de cibernéticos geodestinos diseñados desde las nubes más altas, por el cual todo el territorio de Galicia puede y debe ser turístico.

El stand gallego deja bien a la vista nuestro síndrome de provinciano que intenta disimular su acento en la capital, acogiendo presentaciones y actos donde los únicos asistentes somos nosotros mismos, nuestro parroquianos y los medios de comunicación de Galicia, por lo que no tienen repercusión más allá de nuestro propio ombligo. En lugar de vender al mundo nuestros activos turísticos mas valiosos, como los Caminos de Santiago, la enogastronomía, las geografías, el patrimonio y la hospitalidad de este finisterre europeo, haciendo posible la internacionalización de la economía de Galicia con base en modelo turístico especializado, sostenible y ordenado, donde no cabe el cafe para todos sino la optimización de nuestros recursos mas valiosos, insistimos en pedir que nos guarden el secreto.

Menos mal que al lado del stand deGalicia, donde solo huele a lona, moqueta y pantallas planas, tenemos a los de Guijuelo, con sus aromas seductores, el stand de Asturias, que huele a verde y sidrina, o el de Castilla y León y Euskadi, siempre enrollados, sorprendentes y divertidos . Nos queda el consuelo de ver que Turespaña ha puesto una gran foto donde aparecen tres chicas guapas comiendo marisco en la terraza del Hostal dos Reis Católicos, con la Catedral de Santiago al fondo. Spain is different y Galicia non ten xeito. Que les aproveche. Menos mal que no nos hacen caso y comparten nuestro secreto a voces. Ellas son nuestras mejores embajadoras en esta feria de los secretos...

quarta-feira, dezembro 05, 2012

La TVG estrena un documental de Celso Emilio Ferreiro que protagoniza Luis Tosar

La cinta dirigida por Aser Álvarez reconstruye la vida del poeta por el centenario de su nacimiento. Fue grabada en Vigo, Celanova, Ourense, Pontevedra, Santiago y Asturias
Un momento del rodaje en la tumba de Celso Emilio Ferreiro en Celanova, con el director Aser Álvarez (segundo izq.), junto al profesor Xesús Alonso Montero, uno de los entrevistados del documental.

“Mais o lume que alampea en cada cousa endexamais o veredes morto”. Esos versos de Celso Emilio Ferreiro se han convertido en una máxima para Aser Álvarez, director del documental “100%CEF”, que se estrenará en la TVG el próximo día 12 de diciembre y que demuestra la vigencia de la obra del poeta celanovés –y de su ideario, como el fuego que no se apaga– cien años después de su nacimiento.

Se trata de una propuesta audiovisual poliédrica y contemporánea, que cuenta con el actor Luis Tosar en el papel de Celso Emilio y la colaboración de casi un centenar de familiares, amigos, expertos, artistas, músicos y personas anónimas y conocidas que recitan, rapean o leen sus poemas.

Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912 –Vigo, 1979) es reconstruido a través de más de cincuenta entrevistas en esta cinta, cuya emisión cerrará los actos del centenario de Celso Emilio Ferreiro coincidiendo con una lectura simultánea de poemas en centros educativos de Galicia. “É un documental biográfico pero non aspira a abarcar toda a súa vida e obra, senón que se trata dun exercicio interpretativo onde lle damos voz a xente moi diversa”, asegura el director, guionista y productor ejecutivo.

El montaje es el resultado de un intenso trabajo de investigación y acercamiento a la figura del poeta celanovés, que llevó al equipo dirigido por Aser Álvarez a investigar en archivos de Asturias, Celanova, Madrid, Vigo, Pontevedra y Venezuela y a grabar en siete ciudades. Este retrato de Celso Emilio se realiza a través del testimonio y las conversaciones con sus hijos, Isabel y Luis; sus biógrafos, Xesús Alonso Montero y Ramón Nicolás; el amigo y actual presidente de la RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín; y otros como Xosé Neira Vilas, Suso de Toro o Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira y Daniel Salgado. Voces como la de Luís Emilio Batallán, Xiana Lastra y Mini e Mero –y sobre todo el punk de Os Labregos do Tempo dos Sputniks– ponen la nota musical a los poemas. A través de diferentes disciplinas artísticas, el hilo transcurre por la vida Celso Emilio Ferreiro, con la pretensión de hacer de él “un pandeiro”.

El trabajo, promovido por la Asociación Arraianos, cuenta con la colaboración de la TVG, la Consellería de Educación y Cultura, los concellos de Pontevedra, Vigo y Celanova y la Fundación Celso Emilio Ferreiro.
 Nova publicada no Faro de Vigo do 3/12/12

terça-feira, setembro 25, 2012

Discursos dos arraianos maiores

Discursos dos tres arraianos maiores: Xosé Luís Méndez Ferrín (primeiro Arraiano Maior), Padre Fontes e Bento da Cruz.

Xuntámolos en Entrimo, concretamente no "Pedreiriño", nese lugar máxico onde ollar é o meirande privilexio de calquera alma ceibe. Con eles alí, coas súas verbas recollidas aquí para o mundo, os Arraianos sentímonos ledos de compartir na nosa canle os seus discursos; non teñen desperdicio, abofé.

Xosé Luís Méndez Ferrín

Padre Fontes


Bento da Cruz

O autor dos vídeos é Placido Romero.

Vídeo do nomeamento de Bento da Cruz como Arraiano Maior

Vídeo do nomeamento do escritor portugués Bento da Cruz como Arraiano Maior da Raia Seca no ano 2011 en Entrimo.


O autor do vídeo é Plácido Romero.

segunda-feira, setembro 24, 2012

Vídeos do nomeamento como Arraino Maior da Raia Seca o Padre Fontes

Vídeos do nomeamento como Arraiano Maior da Raia Seca o Padre Fontes en Castro Laboreiro no ano 2010.

1ª Parte

2ª Parte

Autor do Vídeo é Plácido Romero

domingo, setembro 23, 2012

2ª parte do vídeo de nomeamento de Xosé Luís Méndez Ferrín como Arraiano Maior

2ª Parte do vídeo de nomeamento de Xosé Luís Méndez Ferrín como "Arraiano Maior da Raia Seca". 



O autor dos vídeos é Plácido Romero.

segunda-feira, setembro 10, 2012

Concepto de arraiano


Alocución sobre o concepto de arraiano: palabras non fatalistas
ditas nun tempo de miseria e de oprobio (Celanova, 31 de agosto de 2012)


Xesús Alonso Montero


Para Francisco Fernández Buey,
mestre grandioso no pensamento e na acción
antes e despois de 1975, “compañero del alma, compañero”.


Miñas donas e meus señores:

Eu, que nunca residín á beira dunha raia política ou administrativa, son, desde hoxe, “arraiano maior”. Así pois, sen ser “arraiano”, nin sequera menor, na data de hoxe cincunstancias un pouco estrañas, en principio, convértenme en “arraiano” e, por se fose pouco, en “arraiano maior”. O premio case me obriga a vir con máis frecuencia ás terras máis extremas, aquelas que extreman co Portugual raiano, e desde elas manter un diálogo sen fronteiras co Padre Fontes e co escritor Bento da Cruz, un diálogo, mutatis mutandis, como o que mantén, desde hai tres anos, un intelectual como Xosé Luís Méndez Ferrín, tan enraizado nestas terras do norte da Raia. Estoume a referir, miñas donas e meus señores, ós ilustres cidadáns coroados con este loureiro nas tres primeiras edicións: loureiro que está en moi boas mans.


Levo unha chea de días, coas súas noites, cavilando por que eu, alleo ó universo físico arraiano, recibo esta condecoración. Comunícolles que onte mesmo batín cunha idea que quizais foi tida en conta polos ideadores deste premio e responsables deste acto. A idea ten que ver coa “raia”, pero cunha “raia” tan delgada e sutil que nin sequera se ve, nin sequera é tanxible. Trátase, en realidade, dunha raia espiritual, dunha raia que moitos, ó longo dos anos, atopan no mapa moral da súa existencia, no territorio intanxible da súa actividade ideal. Esas raias existen, dun xeito moi especial, para aqueles seres humanos que, cunha clara cociencia cívica, reparan na fronteira -na raia- que separa a legalidade da ilegalidade. Antes do 20 de novembro de 1975 -a data na que morreu Atila, un deles- o territorio que se abría máis alá da raia, o territorio da ilegalidade, era inmenso, tan inmenso como perigoso, pero nese dilatado territorio florecía a decencia civil, que un contemplaba, comprimido e admirado, desde a estreita e beocia legalidade, un mapa mísero e indigno.


O tempo era tan menesteroso que, se un avantaba a raia, era extremadamente difícil e arriscado camiñar un ou dous metros; ás veces, catro centímetros xa era moito, en ocasións, demasiado. Xa de volta á legalidade, avantando a raia en sentido contrario, un regresaba confortado, pois viña, viaxeiro con sorte, do mapa da decencia, do mapa no que era preciso construír unha legalidade menos inhumana e, nun impreciso futuro, moito máis xusta. Pero, unha e mil veces, os viaxeiros, despois de avantaren a raia, os intérpretes da Lei e os seus xendarmes eran capaces das maiores vilezas. Pero a raia, señoras e señores, estaba aí, diante de nós, á beiriña de nós, tentándonos para que a avantásemos e fixésemos, máis alá dela, incursións no territorio da ilegalidade, que era o da decencia. Os viaxeiros sabían que cruzar a raia implicaba, moitas veces, caer nas poutas dos estúrdigos funcionarios da alfándega porque para estes funcionarios os arriscados viaxeiros traficaban co contrabando que máis os alporizaba: levaban no seu fardel de contrabandistas unha música prohibida, unha canción que cantaran en coro, na primavera do 36, estas catorce voces, algunhas procedentes das terras que hoxe nos acollen: a de Castelao, a de Roberto Blanco Torres, a de Manuela Sánchez, a de Xaime Quintanilla, a de Carmen Fernández Seguín, a de Luís Soto, a de Alexandre Boveda, a de María Miramontes, a de Luís Seoane, a de Manuel Estévez Gómez, a de Juana Capdevielle, a de Manuel Gómez del Valle, a de Josefa García Segret e a de Celso de Paulo. Os ousados viaxeiros avantaban a raia, arriscando a vida, por oíren esta canción. Era tal a maxia deste orfeón e a riqueza da súa polifonía que se sabe, hoxe, que algúns dos alfandegueiros sucumbiron, engaiolados, ante a súa grandeza.


***


Cando morre Atila, o noso país experimenta importantes cambios secundarios, razón pola cal as raias seguen a existir, quizais un chisquiño menos nítidas. Trinta e sete anos despois da cobizada defunción, hai, en efecto, unha raia que separa o territorio da decencia do da indecencia, territorio este inmenso e poboado por xentes e feitos que, aínda fóra da Lei, impoñen os seus privilexios, a súa concepción das cousas e a súa prática depredadora. A un lado da raia está un sánchez andaluz calquera que é alcalde dunhas cantas ducias de veciños, e, ó outro lado da raia, está unha condesa, baronesa ou duquesa (perdoen a miña impericia en títulos nobiliarios). A baronesa -quizais duquesa- acapara a atención e a admiración de centos e centos de horas de televisión, incluso antes de que o Virrei de Andalucía condecorase a súa inutilidade coa Medalla de Ouro de seu Virreino. O condecorador militaba nunha sigla aparentemente antiaristrocrática. Ninguén no imperio da televisión fixo referencia nesas datas ós miles e miles de zapateiros honrados e xornaleiros sen xornal que merecían, ademais de pan e traballo, o Ouro desa medalla. Pouco antes, en Galicia, un fascista non arrepentido, Luís Moure Mariño, era condecorado coa medalla Castelao, medalla que, ipso facto, se converteu nunha chapa de folla de lata oxidada.


É certo que, despois de 1975, estas cuestións e estas concepcións poden denunciarse nos foros minoritarios ós que asisten unhas cantas ducias de persoas apelidadas sánchez, previamente convencidas de que a Administración e a Televisión mobilizan o seu entusiasmo para semisacralizaren o universo mental e moral dos Moures e, sobre todo, das Baronesas ou Condesas. É certo, sen dúbida, que, despois de 1975, vivimos unha legalidade que non penaliza estas denuncias con tal de que se fagan en foros moi minoritarios, case clandestinos. Nesta legalidade a megafonía constante e implacable está ó servizo das Baronesas ou para execrar a actitude dos sánchez, eses farrapentos da historia que nin os xuristas saben se vulneran a Lei aínda que todos estamos convencidos de que pensan e actúan dentro dos límites -das raias- da decencia cívica.


Coa megafonía na man, case en exclusiva, os poderosos, os banqueiros, as duquesas, os moures, as andreasfabra, os guillermoscollarte, os monarcas elefanticidas e as xenrocracias coroadas están a trazar no mapa de Andalucía e de Galicia, no mapa de Europa, no mapa do mundo enteiro, raias novas, raias insospeitadas, raias inquietantes que son un desafío político -un desafío moral- para todos os que queren que non lles rouben o seu pan, o seu traballo e a súa pequena autonomía de dignidade. Cómpre, pois, examinar esas novas raias e avantalas coa Lei da decencia no corazón e no puño a bandeira vermella dunha nova concepción da vida e da sociedade. En opinión dun arraiano universal, o poeta Celso Emilio Ferreiro, esa sociedade existiu algunha vez:


No tempo aquil
[…]
Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu ou meu non se entendía,
decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin senso, un aire que mancaba
o corazón da xente.

O poeta titulou este poema “O reino”, pero nós chamarémoslle a ese soño, realizable, República.


sábado, setembro 08, 2012

Manifesto arraiano 2012




Manifesto arraiano 2012

Suso Díaz lendo o manifesto
Irmáns arraianos, benvidos aos actos que iste colectivo vimos celebrando dende hai catro anos. Comezamos esta andaina co recoñecemento ao mestre Xosé Luís Méndez Ferrín, coincidindo coa festa transfronteiriza da Madalena (Lobios-Lindoso), unha desas celebracións que rachou as barreiras administrativas para afondar na fraternidade que os arraianos posuen a ambos lados da fronteira.

Obra de Baldomero Moreiras
Hoxe xuntámonos aquí, “Onde o mundo se chama Celanova”, para recoñecer a dous persoeiros irrepetibles das nosas letras. Por unha banda, e por primeira vez recoñecemos como “Arraiano Universal” a Celso Emilio Ferreiro Míguez; e un ano máis, facemos entrega da aguillada e a boina, símbolos distintivos da autoridade e respeto a Xesús Alonso Montero merecedor de ser Arraiano Maior da Raia Seca.

Obra de Baldo Ramos
Baldomero Moreiras
Xesús Alonso Montero, Baldo Ramos, Aser Álvarez

Entrega do Arraiano Maior da Raia Seca a XAM
Permitídeme que continúe cuns versos de CEF. Cicáis maña / cando a miña mirada / non abrolle na luz / como cativa mapoula de auga, / veña a soedade. / Pero hoxe canto en libertá / e mentras canto / non estóu isolado, / que o corazón vai comigo / e con il falo. É preciso recordar aquí onde a pedra e poesía o alento que aínda respiramos de persoeiros que fixeron destas terras un espazo de idealismo e creación literaria. Eles son o alicerce no que se ergue a semente que se espalla, son o cerne que xungue o sentimento coa perennidade da palabra escrita. Coa presenza do Arraiano Universal reflictida no busto que nos acompaña, e a unhas ducias de pasos de Manuel Curros Enríquez, que está alí, co ollar no infinito, recordámolo nestes versos: Preto da cibdá de Ourense, / camiño de Celanova, / onde é máis tépedo o vento / que a terra galega azouta, / dun círcolo de montañas / na faldra, sempre verdosa, / exténdese un val frorido, / cuberto de herbas cheirosas, / piñeirales i arboredos / ricos de frutas e sombra. Él tamén retratou a emigración deste xeito tan agarimoso: Dicen que como o Miño, o noso pobo / na terra donde nace quer morrer; / pero o sono do río é sosegado / i o de este non o é. Sen descoidar a musicalidade que abre as portas dos corazóns más tépedos. Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar.

Daniel Salgado e O Leo

Tamén nos acordamos dos poetas Castor Elices e Castor Méndez Brandón, de arraianos coma Delfín Modesto Brandón que con 28 anos asinou como Xuíz do Couto Mixto dimitindo como repulsa ao acordo entre España e Portugal que acabou cos privilexios desta terra arraiana tan particular. Seu é o libro de memorias “Interesante historieta de Coto Mixto, con una digresión político-social-religiosa”.

Bento da Cruz entrega a aguillada a Xesús Alonso Montero

Pero o país faise con xente comprometida como foi o caso de Luís Soto Fdez., quen entregou a súa vida a causa nacional, no tempo que viviu no país e no que pasou fora. Foi un dos fundadores da revista Vieiros, e colaborou en diversos medios escritos. O 25 de xullo de 1964 participou na fundación do UPG.

Xosé María Álvarez Cáccamo
Se a estela de Luís Soto é alongada e perdura, que podemos decir do traballo de Xosé Velo Mosquera, que xunto a CEF funda en 1932 as Mocedades Galeguistas de Celanova, publican o boletín informativo da Mocedade de Celanova, e o semanario Adiante, ao longo da súa vida no exilio non deixa de participar en distintos proxectos culturales ligados á nosa terra. Para sempre, na memoria do noso pobo quedará a súa participación xunto ao portugués Humberto Delgado, Henrique Galvao e José Fernando Fernández para denunciar ao mundo do que acontecía nunha península gobernada pola tiranía de dúas dictaduras que perduraban no tempo, para o que deciden secuestrar o trasatlántico “Santa María”.

Baldo Ramos
Outras voces súmanse ao elenco de escritores paridos aquí, falo de Lola González, Xosé Manuel del Caño, Xosé Benito Reza, Paulino Vázquez ou Baldo Ramos, que nos agasalla versos coma estes escritos sobre a obra do desaparecido fotógrafo estremeño Antonio Covarsí e que comeza cunha cita do poeta estremeño Ángel Campos Pámpano, admirados arraianos de obra e condición. Di Baldo: detrás do veo / só o aire que pasa / como un corpo en penumbra. / fronteira de cal / que vai borrando a apariencia. O poeta respira o que o rodea e deixa a súa pegada impresa, o seu alento que se xungue ao sentimento e pronuncia: o baleiro espera / a contracción da paisaxe. / a poesía é a aprendizaxe do final.

Xoán Carlos Domínguez Alberte
Hoxe xuntámonos co gallo de alumear un novo recoñecemento de Arraiano Maior da Raia Seca, Xesús Alonso Montero leva unha vida a traballar en prol da nosa cultura, dos nosos escritores e da nosa lingua, seu é o mérito de ter publicado estudios sobre algúns dos escritores galegos más admirados, profundizou no eido da sociolingüistica, poñéndolle nome e datas ao futuro da nosa lingua. Falar de Xesús é abrir unha fiestra a CEF, un fio que os xungue dende hai ben tempo e que perdura para ben das nosas letras. Decir Alonso Montero é encher de froitos o balde da nosa memoria e reafirmar os coñecementos que o tempo adormeceu. Grande é a súa obra, e así o estimamos os arraianos.

Maripaz Paz lendo un escrito de Ramón Nicolás, biógrafo de CEF
Comezamos este camiño coa entrega da boina e da aguillada a Xosé Luís Méndez Ferrín, pouco máis podemos decir do autor de Arraianos que non saibades, pero facemos nosos versos coma: ¡Oh cabalo cativo, torga ruín, can de palleiro, / espello no que se mira a nosa caste! Por millentos anos este estrondo de cascos / nas cortes vellas da lembranza... / ¿Será cecais o curro / todo o que desta Patria sobreviva no mundo?

Daniel Romero interpretando o himno arraiano
Talvez, pero entre tanto, achegamos as súas palabras, hoxe que aquí non está para decilas il, como nos houbese agradado.
Di o Arraiano Maior Ferrín: De xeito ineludíbel, e debido a compromisos contraídos anteriormente, non poderei estar na nosa grande festa arraiana.
De certo, o corazón de Celso Emilio incharía de nobre orgullo ao ser nomeado “Arraiano Preferencial”, pois il amaba e coñecía coma poucos as longas ermanzas fronteirizas dos montes do Laboreiro e da serra do Xurés.
Tamén Xesús Alonso Montero recibirá a aguillada e a pucha con satisfacción, estou seguro, pois il é dos que coñeceu e calcou a cotío a face da Nosa Terra. A Raia Seca é un espazo fundamental da Patria.
Para a sombra de Celso e para a persoa viva de Xesús, vaia a miña felicitación polo premio ben merecido.
Parabéns á Asociación Arraiana por saberdes elixir tan ben as figuras
dos galardoados este ano.

Xantar arraiano no Airiños
Para rematar, non poderiamos facelo doutro xeito que non fose con versos de CEF, e ao fio dos lidos anteriormente dicimos: Viviréi coma o lume / alcendido na noite. / Teréi cumios de estrelas, / cantaréi para os homes / Estóu comigo mesmo. / O corazón é quen manda, i eu obedezo.

Aser e O Leo na Taberna do Galo
Isabel Ferreiro Loredo
Xesús Alonso Montero co pandeiro de CEF
So nos queda decir que os ananos que espreitar coma a doniña, e acostuman a fura-la terra para inutilizala coma touperia, non falamos, retratados están sinedie por CEF, simplemente lles decimos que por moito que furen, as verbas que abrollan neste país renacen cada día con máis forza, e é que o lume que alampea, xamáis o veredes morto.

Beizóns arraianos!

Suso Díaz

quarta-feira, setembro 05, 2012

Celso Emilio e Alonso Montero, unidos por Celanova e a raia

O escritor ribadaviense recibiu o nomeamento de Arraiano Maior e o celanovense, a condición de Universal


Montero recolleu a pucha e a aillada do seu antecesor no nomeamento de Arraiano. silvia mosquera
Celanova foi onte lugar de encontro. E tamén serviu para limar asperezas. A relación de amor-odio que, asegurou o colectivo Arraianos, o escritor Celso Emilio Ferreiro tiña coa súa vila natal tornouse onte menos negativa. Na celda onde pasou os días dos que saíu Longa noite de pedra serviu para renderlle unha homenaxe e convertelo en Arraiano Universal. No denominado Manifesto arraiano 2012 uniuse á figura de Celso Emilio Ferreiro outro ourensán, Xesús Alonso Montero, que a partir de agora é Arraiano Maior da Raia Seca.
Os representantes do colectivo Arraianos falaron de xente comprometida coa terra, coa lingua e destacaron de Alonso Montero o seu traballo por la cultura galega e polos seus escritores. O autor ribadaviense, que desvelou no saber moi ben que é iso de «arraiano maior» asegurou que a mala relación de Celso Emilio Ferreiro con Celanova non é nin nova nin orixinal, referenciando casos parecidos entre autores e a súa terra de orixe. Tras abandonar a celda e mostrar a escultura feita polos cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro realizada por Baldomero Moreiras o acto desprazouse o cemiterio de San Breixo xunto á tumba de Celso Emilio. Alí, Alonso Montero colleu o testigo de Bento da Cruz, o escritor portugués que o ano pasado mereceu o nomeamento. A festa terminou de tarde, nunha taberna, como lle gustaba a Celso Emilio Ferreiro, cantando e lendo poemas.