sexta-feira, agosto 19, 2011

El escritor Bento da Cruz será nombrado arraiano maior en el monte Pedreiriño

Los asistentes a la celebración podrán visitar el museo de Terrachán, así como hacer una ruta de senderismo en el Parque Natural Baixa Limia

NATALIA NÓVOA - OURENSE Lo que en un momento suponía una división clara entre España y Portugal, A Raia, en la actualidad se configura como un eje histórico dueño de mitos y leyendas entre muchas otras cosas. Este enclave territorial era el principal eje de entrada de contrabando de tabaco en España. En estas tierras ha muerto, se han enamorado y como consecuencia ha vivido un gran número de gente, que aún hoy vive para contarlo.
Las viejas historias, se quedan en eso, en viejas y anecdóticas historia. En la actualidad la memoria y los libros han ayudado a salvar lo que en aquel momento suponía una forma clara de vida para los vecinos de aquella zona. Como consecuencia de esto, como cada año, el próximo sábado los habitantes de estas tierras mágicas nombran al arraiano maior da Raia Seca.
En esta nueva edición la asociación de arraianos ha decidido distinguir al escritor Benito da Cruz con el reconocimiento de arraiano maior. Esta distinción ya ha sido entregada al Padre Fontes en el año 2010 y a Méndez Ferrín, que inauguró este reconocimiento, en el año 2009.
Entre las obras escritas de Bento da Cruz destacan títulos como Planalto em chamas, Ao longo da frontera o A loba entre otras.

Subida a las Queguas

Esta tercera edición comenzará con un encuentro de los vecinos en la iglesia de Santa María a Real, en Entrimo. Allí se leerán unos poemas acompañados de música. Acto seguido todos los que lo deseen podrán subir al monte de las Queguas, lugar en donde se hará un ruta de senderismos guiada pasando por el Parque Natural de Baixa Limia, donde los asistentes podrán divisar este paraje insólito que a día de hoy guarda los secretos de todo aquel que atravesó a pie estas tierras.
Alrededor de las dos del mediodía los vecinos harán una parada en el camino para llenar el estómago.
Para poner punto y final a este encuentro con el pasado, los habitante de la zona visitarán el museo ubicado en Terrachán. Acto seguido, todos juntos subirán al monte de Pedreiriño para proceder al nombramiento de Bento da Cruz a cargo del arraiano maior del año anterior.

Nova publicada no Faro de Vigo

segunda-feira, agosto 08, 2011

Programa definitivo "Arraiano Maior da Raia Seca 2011"


PROGRAMA ARRAIANO MAIOR DA RAIA SECA 2011
Sábado, 20 agosto de 2011. ENTRIMO

10:00 h. Encontro na igrexa de Santa María a Real, Terrachán (Entrimo).
Lectura do manifesto arraiano.

10:30 h. Comezo dunha visita guiada á igrexa. Ao rematar degustaremos uns doces na alameda da Terrachán.
Música e lectura de poemas.

11:00-13:30 h. Subida en autocar ata Queguas para facer para facer a ruta de sendeirismo (guiada) que ten habilitada o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, onde ollaremos “Os Carríns” construccións que servían para aloxar o gando, e visitaremos As Cortes da Carballeira e a Casa da Moura (impresionante monumento megalítico), ademáis gozaremos coas vistas panorámicas da Serra do Leboreiro, Serra do Quinxo, Santa Eufemia e o Xurés. Cun pouco de sorte atoparémonos con cabalos da raza “garrana” e tamén con gando “cacheno”.
Música e lectura de poemas.

14:00 h. Xantar no restaurante Barcelona. Para participar na comida haberá que anotarse previamente.
PARA ANOTARSE NO XANTAR:
Hai que comunicalo por correo electrónico (xesusdiaz@gmail.com) ata o día 16 de agosto, e facer o ingreso de 20 euros no número de conta: 2080 0329 31 0040005303, concepto: xantar arraianos.
Menú: Entrantes variados de productos locales, primerio plato de peixe, segundo plato de carne asada á maneira desta terra arraiana, viños do país, postres e café.

17.00 h. Visita guiada ó museo ubicado na Terrachán, onde hai unha exposición de artistas locales.

18:00 h. Subiremos ao Pedreiriño para proceder o nomeamento de Bento Gonçalves da Cruz como Arraiano Maior da Raia Seca do ano 2011, a cargo do Arraiano Maior do ano anterior, Padre Fontes.

O horario do programa é pola hora local española.
Recomendamos levar auga, e ir provistos de protección solar e algo para cubri-la cabeza.

Arraianos distingue al escritor Bento da Cruz por su defensa de la "raia seca"





Arraianos distingue al escritor Bento da Cruz por su defensa de la "raia seca"

El Padre Fontes le cederá la "guillada" al autor portugués el próximo día 20

S.F. - OURENSE Por su defensa de la cultura y la etnografía de la "raia seca" y por sus relatos ambientados en esta región. El colectivo Arraianos ha decidido conceder al escritor portugués de Montalegre (Peirezes, 1925) la distinción de Arraiano Maior. Este nombramiento, que se realiza desde hace tres años, conlleva la entrega de la guillada típica de la zona con la que se dirigía al ganado y la boina arraiana. El primero en recibir la guillada fue el autor de "Arraianos", Xosé Luis Méndez Ferrín, y el segundo el Padre Fontes, que será el encargado de entregar este año el palo a Bento da Cruz.
Será en el transcurso de un acto el sábado 20 de agosto que incluye una ruta de senderismo por la ruta de Queguas (Xurés), una comida a base de productos locales, la visita al museo de Terrachán y la subida al Pedreiriño, donde se hará oficial el nombramiento a las 18 horas.

 Publicado: Faro de Vigo

En toda Galicia non hai precedente desta festa

baldo ramos 

«En toda Galicia non hai precedente desta festa»

Autor: alba reigada
Localidad: ourense / la voz
Fecha de publicación: 6/8/2011

Con motivo da procesión da Ramallosa de hoxe en Celanova, presentouse onte o libro Caligrafías da Luz, con 18 fotografías de Carlos Lorenzo e caligrafías de Baldo Ramos. Ademais conta con limiares escritos por Xosé Luís Méndez Ferrín e Aser Álvarez.
-¿Como xurdiu a idea de facer este libro?
-Foi a partir dunha serie fotográfica que elaborou Carlos Lorenzo. Fixo unhas fotografías da Ramallosa e dicía que algunhas lle recordaban ó meu trazo e púxose en contacto comigo. Eran en total 54 fotografías e doáronse 18 delas á Fundación Curros Enríquez. Aser Álvarez coordinou a publicación.
-¿Cal é o obxetivo desta publicación?
-A idea era achegar un pouco a festa da Ramallosa. O meu vínculo con esta festa é familiar e sentimental e unha vez que tiñamos o traballo plástico feito, eu escribín un poema onde intento recrear o que significou para min.
-¿Cal foi o seu traballo sobre as fotografías?
-Eu pintei sobre elas con tinta negra e intentei dialogar coa escuridade que envolve ós farois nas imaxes. Son imaxes en movemento, sen figura humana.
-¿Que significa a Ramallosa para Celanova?
-Considero que é a festa máis orixinal que hai en Celanova. É unha procesión profana e non se saca santo ningún e en toda Galicia non hai precedente desta festa. Ningún precedente.



Publicado: La voz de galicia

domingo, julho 31, 2011

Programa arraiano maior 2011


PROGRAMA ARRAIANO MAIOR DA RAIA SECA 2011
Sábado, 20 agosto de 2011. ENTRIMO


10:00 h. Encontro na igrexa de Santa María a Real, Terrachán (Entrimo).
Lectura do manifesto arraiano.

10:30 h. Comezo dunha visita guiada á igrexa. Ao rematar degustaremos uns doces na alameda da Terrachán.
Música e lectura de poemas.

11:00-13:30 h. Subida en autocar ata Queguas para facer para facer a ruta de sendeirismo (guiada) que ten habilitada o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, onde ollaremos “Os Carríns” construccións que servían para aloxar o gando, e visitaremos As Cortes da Carballeira e a Casa da Moura (impresionante monumento megalítico), ademáis gozaremos coas vistas panorámicas da Serra do Leboreiro, Serra do Quinxo, Santa Eufemia e o Xurés. Cun pouco de sorte atoparémonos con cabalos da raza “garrana” e tamén con gando “cacheno”.
Música e lectura de poemas.

14:00 h. Xantar no restaurante Barcelona. Para participar na comida haberá que anotarse previamente.
PARA ANOTARSE NO XANTAR:
Hai que comunicalo por correo electrónico (xesusdiaz@gmail.com) ata o día 16 de agosto, e facer o ingreso de 20 euros no número de conta: 2080 0329 31 0040005303, concepto: xantar arraianos.

18:00 h. Subiremos ao Pedreiriño para proceder o nomeamento de Bento Gonçalves da Cruz como Arraiano Maior da Raia Seca do ano 2011, a cargo do Arraiano Maior do ano anterior, Padre Fontes.

O horario do programa é pola hora local española.
Recomendamos levar auga, e ir provistos de protección solar e algo para cubri-la cabeza.

Organiza: ARRAIANOS
www.arraianos.com
http://cadernoarraiano.blogspot.com

sexta-feira, julho 22, 2011

Arraiano maior da raia seca 2011


O día 20 de agosto imos facer entrega do recoñecemento de "Arraiano maior da raia seca" ao escritor portugués Bento da Cruz. Xuntarémonos ás 11 da maña na Terrachán (Entrimo). Como adoita ser habitual nestes cónclaves arraianos, haberá música, poesía e un bo xantar. Xa pola tarde, o Padre Fontes, Arraiano Maior do ano 2010 e o xefe Ferrín farán entrega da guillada de mando ao Arraiano Maior do ano 2011. Para anotarse no xantar e na andaina é preciso facelo canto antes (último día 16 de agosto). Lembrade que a presenza e a asistencia á comida hai que comunicala a través do correo electrónico xesusdiaz@gmail.com, enderezo do arraiano Suso Díaz.

NUNS DÍAS PUBLICAREMOS O PROGRAMA PECHADO. Ide facendo sitio nas vosas axendas.

sexta-feira, janeiro 14, 2011

Pepe Velo e o Santa Liberdade

LA REGION: En la noche del 21 al 22 de enero de 1961, 24 miembros del Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL), liderados por sus fundadores, dos gallegos, José Velo y José Fernández (comandante Soutomaior), y el portugués Henrique Galvão, protagonizaron el primer secuestro con carácter político en la historia de la navegación.
Pepe Velo, Henrique Galvão y José Fernández (Soutomaior) en el interior del barco. (Foto: ARCHIVO)
Pepe Velo, Henrique Galvão y José Fernández (Soutomaior) en el interior del barco. (Foto: ARCHIVO)
El Santa María, trasatlántico de la Companhía de Navegacão Colonial de Portugal por el que pasó buena parte de la emigración gallega con destino a América, desapareció del Atlántico para saltar a las portadas de periódicos de todo el mundo denunciando las dictaduras de Francisco Franco y Oliveira Salazar.

La próxima semana se cumplen 50 años de 'aquela fermosa tolería', como escribiría más adelante el celanovés Celso Emilio Ferreiro del hito protagonizado por su vecino, amigo y compañero José (Pepe) Velo Mosquera. Un aniversario que coincidirá con la inauguración de 'O meu pai, o exiliado', la exposición fotográfica de Federico Fernández, hijo de Soutomaior y presente en el secuestro, que realiza un recorrido fotográfico de la vida del comandante Soutomaior, oriundo de A Pobra do Caramiñal, y donde el secuestro del Santa María adquiere una especial relevancia. 'A mostra recolle en imaxes obxectos e fotos familiares do comandante Soutomaior feitas polo seu fillo que, a día de hoxe, é un dos fotógrafos máis importantes de Latinoamérica', señala el investigador Xurxo Martínez Crespo, organizador de la exposición y amigo personal de Federico Fernández.

En la villa de San Rosendo, la hazaña de Velo y los demás miembros del Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación con el secuestro del Santa Liberdade (nombre con el que fue rebautizado el navío), es tan recordada como las obras de sus convecinos Curros Enríquez o Celso Emilio Ferreiro. El hijo de Lino y Manuela,'os do comercio da rúa San Roque, que tamén tiñan unha fábrica de chocolate, foi o ideólogo político da operación, aunque naquela época a prensa adxudicou esa responsabilidade a Galvão, polo seu papel como portavoz do grupo. Namentres, Soutomaior foi o responsable da navegación marítima', recuerda Antonio Piñeiro, escritor celanovés que en el año 2000 publicaba 'Pepe Velo. Pensador, soñador e mestre revolucionario'.


La denominada 'Operación Dulcinea', compuesta por 12 miembros del DRIL españoles y otros tantos portugueses incluidos los hijos de Velo y Soutomaior, Víctor y Ferderico, arrancó con la partida del Santa María del puerto caraqueño de Guaira. Tras la primera escala en Curaçao, se produce el asalto con el trágico fallecimiento del contramaestre Joao José do Nascimento Costa y donde resulta herido grave el oficial José Peres de Sousa. Un hecho desafortunado que marcará el resto del secuestro y que provocó el desembarco de los heridos y enfermos en la isla de Santa Lucía, en el archipiélago de la Antillas británicas.

Informada la tripulación (cerca de 1.000 personas) de la nueva situación, el barco inicia una ruta con destino desconocido, aunque más adelante se sabría que su objetivo era Angola. Tras permanecer ilocalizados los primeros días del secuestro, el Santa Liberdade fue descubierto y seguido por la Sexta Flota de la Armada de los Estados Unidos hasta su desenlace final en aguas brasileñas, con la tripulación desembarcando en Recife y los protagonistas exiliados en el pais entonces gobernado por Janio Quadros.

Durante las casi dos semanas que el barco estuvo en alta mar, toda la prensa internacional se hizo eco del secuestro. Si bien en España y Portugal los titulares les tildaron de 'piratas' y 'terroristas', la situación del navío y la denuncia sobre la situación política y social que se estaba viviendo en la península salió en la prensa de todo el mundo, considerandose como una victoria mediática e ideológica por sus impulsores.

quinta-feira, setembro 16, 2010

Sobre a raia, sobre a linde, sobre a fronteira

Arraianos VIII (Vivir na raia) Director, Aser Álvarez, coord., Suso Díaz e Aser Álvarez, Asociación Arraianos, Alvarellos Editora, 2010, 291 páxs. 10 €


JOSÉ MIGUEL GIRÁLDEZ


 TRAXECTORIA DA REVISTA
, que, neste mes de setembro de 2010 alcanza o número VIII, é extraordinaria. A súa calidade, tamén. Estamos ante unha cuidadísima publicación, como xa demostrou en números anteriores que, para empezar, merecería moita máis atención da que xa ten. Arraianos é unha revista cultural, humana, antropolóxica, xeográfica, etnográfica, sociolóxica, o que se queira. E é unha revista emotiva. Rigorosa, pero emotiva. Busca a empatía co lector desde a primeira páxina, a pesar da diversidade dos artigos que a compoñen, o que a converte nun exemplar riquísimo, cheo de miradas, de celebración dos lugares e as cousas, de paixón polo local e o universal. A revista rezuma xusto iso: paixón pola vida, pola enerxía poderosa que brota da fronteira. Rezuma desexos profundos de conservar o que nos fixo como somos e de evolucionar para seguir sendo, desexos profundos de saltar a ambos os dous lados do mítico espazo da raia, de explicar o contido dese espazo aos que aínda non comprenderon que a maxia sempre acontece no límite. É tempo de celebrar a periferia. Escribino nalgunha outra parte, e escríboo agora. Díxeno para Irlanda, e dígoo para nós. Como en Irlanda. É tempo de celebrar esta nova centralidade rica e construtiva que é a periferia. O interesante está nos límites. O que o futuro nos ofrece está aí, no comezo do océano, na raia que baixa acompañada da enerxía secular do Miño, a raia que une e divide, o espazo mestizo, o lugar de encontro e de separación.
Basta con ler o editorial deste número de Arraianos, fermosamente escrito, para comprender o significado de tan emblemático territorio. Velaquí un fragmento revelador: "Imos na procura de ese taoísmo que nos fai lembrar unha vez máis que é precisamente no límite onde sempre acontece todo o interesante. Porque para nós as fronteiras políticas nunca foron nin serán liñas divisorias trazadas sobre os mapas, senón raias, espazos porosos e permeables, onde non teñen cabida as barreiras artificiais que cada día ignoran as aguias, os garraos e os lobos arraianos. As fronteiras están na terra e nos mapas, pero máis aínda na mente de que as constrúe e asume como propias". O inmenso gozo que supón avanzar polas páxinas desta excelente revista iníciase, como non, con Xosé Luís Méndez Ferrin, e o seu artigo sobre "arraianos, raianos e raiotos". A partir de aí comeza un caudaloso río de sabedoría e emocións que nos leva a lombos dos ríos e os montes, a reserva do Gerés-Xurés, a literatura e a fronteira, as relacións entre Galicia e Portugal, os camiños portugueses, os arraianos de todo tipo e condición, os festivais da raia, ou o camiño xacobeo Miñoto Ribeiro. A revista complétase con varias páxinas dedicadas á creación e á crítica e está ilustrado polo fotógrafo estremeño Antonio Covarsi. Excelente número, excelente publicación.


El octavo número de «Arraianos» incluye reportajes sobre el megalitismo y el lobo en la «raia»

Alvarellos Editora ha puesto en las librerías un nuevo número de la revista Arraianos. El octavo volumen de esta publicación de carácter anual lleva por título Vivir na raia y en 191 páginas incluye la participación de cerca de 70 colaboradores. Un artículo de Xosé Luís Méndez Ferrín, titulado Arraianos, raianos e raiotos, abre la publicación y la serie de artículos relacionados con el espacio de referencia entre Ourense y Portugal. Colaboraciones de Juan J. Moralejo, sobre el río Deva, de Pedro Alonso -titulada Lobos gardiáns da Raia-, Miguel Dantas da Gama, acerca del regreso de la cabra montesa a la zona del Xurés-Gêres, o de Xosé Benito Reza sobre la declaración del parque natural raiano como «Reserva da biosfera» figuran en la obra.

Arraianos también incluye un reportaje gráfico de Iván Nespereira sobre A chega de bois, un trabajo del arqueólogo José María Eguileta Franco sobre Megálitos na raia seca o una colaboración firmada por Álvaro Xosé López Mira y Enrique José Varela Álvarez centrada en A realidade das relacións entre Galicia e Portugal. Entre los contenidos de la octava revista «arraiana» figuran una entrevista con el músico Carlos Núñez en relación a su último trabajo, varios reportajes sobre los montes Laboreiro o la información de citas puntuales como el nombramiento de Xosé Luís Méndez Ferrín, como «Arraiano maior da raia seca».

Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro e presentación da revista Arraianos

O pasado 29 de agosto os Arraianos novamente homenaxeamos a Celso Emilio Ferreiro. Trinta e un anos despois da súa desarapación, o lume segue a arder do mesmo xeito.





Tamén aproveitamos para presentar o noso número VIII da revista Arraianos que nesta ocasión leva o título de "Vivir na raia", no mesmo escenario que cando presentamos o primeiro.

sábado, agosto 28, 2010

Arraianos VIII



Xa está nas librarías o novo número da revista. 200 páxinas onde máis de sesenta autores, fotógrafos e ilustradores reflexionan sobre as fronteiras. Inclúe fotos inéditas do desaparecido artista extremeño Antonio Covarsí.
A revista Arraianos, dirixida por Aser Álvarez e coordinada por Suso Díaz, e promovida pola Asociación Arraianos, saca á luz un novo monográfico, o seu número VIII, titulado “Vivir na raia”. Participan nel máis de sesenta colaboradores entre escritores, fotógrafos e ilustradores. Nesta nova achega rescátase, así mesmo, parte da obra inédita do artista extremeño Antonio Covarsí (Badajoz, 1951-2006): as imaxes sobre a raia galaico-portuguesa, que van ilustrando os contidos deste número.
Entre os colaboradores do número VIII de Arraianos figuran: Xosé Luís Méndez Ferrín, Santiago Lamas, Fermín Bouza, Álvaro Negro, Juan J. Moralejo, Baldo Ramos, Xavier Cordal, Franck Meyer, Mercedes Queixas, Miguel Dantas da Gama, Xulio Ríos, Samuel Solleiro, Alberto Lema, Nuria Araúxo ou Xerardo Pereiro.
Neste número falamos de barreiras, bordes, límites e fronteiras, pero tamén cruzamos pasos, pontes e poldrados. Percorremos a nosa raia e viaxamos até outras raias lonxanas deste mundo supostamente sen fronteiras.
Furamos polos subeiros dos lobos e dos contrabandistas que operan nas alfándegas difusas entre a vida e a morte, entre nós e os outros, entre a luz e a escuridade, entre o civilizado e o salvaxe. Imos na procura dese taoísmo que nos fai lembrar unha vez máis que é precisamente no límite onde sempre acontece todo o interesante. Porque para nós as fronteiras políticas nunca foron nin serán liñas divisorias trazadas sobre os mapas, senón raias, espazos porosos e permeables, onde non teñen cabida as barreiras artificiais que cada día ignoran as águias, os garraos e os lobos arraianos.
As fronteiras están na terra e nos mapas, pero máis aínda na mente de quen as constrúe e asume como propias. Moito se ten falado de cooperación transfronteiriza nos útimos anos pero vemos que entre Portugal e Galicia segue a haber aínda unha e mil raias, vellas feridas que aínda proen e que os sucesivos gobernos non souberon ou non puideron suturar coa agulla certeira do traballo en común.

quinta-feira, agosto 26, 2010

Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

O vindeiro domingo, 29 de agosto de 2010, o cemiterio de San Breixo de Celanova vai acoller unha homenaxe colectiva ao poeta Celso Emilio Ferreiro, organizado pola Fundación Celso Emilio Ferreiro, o Colectivo Arraianos e as Redes Escarlata.

O acto principiará ás 11 da mañá, coa presentación da nova entrega da Revista Arraianos, o número especial ARRAIANOS VIII-VIVIR NA RAIA, co que a nosa publicación pecha un ciclo que empezaba hai seis anos, tal día coma hoxe, neste mesmo espazo simbólico, ao pé do xacigo de Celso Emilio Ferreiro.

A continuación haberá un recital poético e musical onde van intervir destacados poetas das Redes Escarlata, como Anxo Angueira ou Xosé Luís Méndez Ferrín, e músicos como MC García, de Dios Ke Te Crew ou Leo e Arremecághona, dos Labregos no tempo dos Sputniks, que interpretarán cancións con letras de Celso Emilio en clave contemporánea. Pechará este acto o gaiteiro de Lobeira, Daniel Romero cos seus sons telúricos e arraianos.

Os poetas das Redes Escarlata pecharán estes actos de homenaxe cunha acción performance que se desenvolverá a continuación, chamada Acción Ferreiro, percorrendo algunhas rúas e prazas da vila natal de Celso Emilio Ferreiro.

segunda-feira, agosto 23, 2010

Arraianos

23/08/2010 Con viento fresco josé A. Balboa de Paz


Castro Laboreiro, que antaño fue concejo y hoy pertenece al de Melgaço, es una cuña portuguesa que se adentra en tierras de Galicia. Aquí la frontera con España no la delimita el Miño sino una serie de sierras ásperas, de formas redondeadas, constituidas por bloques graníticos pelados en sus cumbres, en los que se han marcado con cruzes y números una serie de hitos o mojones, Al menos desde el siglo XVI: la raya seca. Estos paisajes inhóspitos y aislados son, como dicen los castrexos, «o fin do mundo»; en ellos nunca hubo pasos fronterizos sino silentes caminos atravesados por contrabandistas, traficantes, bandoleros y, en época de persecución política, huidos, prófugos, exiliados. Aunque aisladas, estas tierras han sido paso de viejas culturas megalíticas, que han dejado su impronta en mámoas, sepulcros de corredor y ancestrales creencias religiosas luego cristianizadas, como la peña de Anamán, cuya ermita a la Señora de ese nombre es un lugar recoleto en medio de una naturaleza telúrica.

El río Laboreiro y sus afluentes han tajado en profundas gargantas estas sierras, que se abren a dos paisajes geomorfológicos y humanos diferentes y complementarios: las brandas e invernías. Las brandas o brañas son las zonas altas, duras y frías en invierno, pues con frecuencia están cubiertas de nieve; pero en el verano son tierras soleadas y de pastos abundantes. Las invernías son las tierras bajas, en lo hondón de los valles y en las solanas, protegidas del frío. Esta singularidad geográfica ha dado lugar a un nomadismo de valle a montaña que, en el Bierzo, nos es conocido también en la Somoza. Allí los habitantes de Aira da Pedra, a orillas del Burbia, pasaban los meses de invierno en el valle, mientras que en Campo del Agua, en lo alto, vivían desde Pascua hasta el otoño, con sus ganados y campos de cultivo. En Castro Laboreiro no era uno, como en la Somoza, sino todos los pueblos los que practicaban este nomadismo, que se ha mantenido sin grandes cambios hasta hace unos veinte años.

La raya seca, la vieja frontera, ha desaparecido legalmente; incluso se han trazado nuevas carreteras que acercan Celanova y Bande a Castro Laboreiro; pero quedan muchos viejos malentendidos y distanciamientos mentales, que algunos españoles y portugueses buscan eliminar. Arraianos, una asociación nacida en la parte gallega, lleva años convocando a gallegos y portugueses a jornada s de convivencia, en las que se nombran como Arraiano Mayor, a los que se destacan por esta labor de unir ambos pueblos y divulgar la cultura de frontera. El año pasado le correspondió tal honor a Méndez Ferrín, el prestigioso escritor gallego, natural de Celanova., una de cuyas obras lleva justamente ese título de Arraianos . Este año, Ferrín, al que acompañamos algunos amigos, pasó el testigo al padre Fontes, un cura del Montealegre portugués un tanto heterodoxo, que además de escribir mucho y bien sobre la cultura popular, es capaz de concitar que miles de personas asistan a la Festa das Bruxas, que con carácter anual organiza en su parroquia.

La asociación gallega publica una buena revista, Arraianos, cuyo último número fue presentado la semana pasada en Castro Laboreiro, en el trascurso de unas jornadas dedicadas a la historia local. Américo Rodrigues es el alma de estas jornadas que se vienen organizando desde hace años, con un creciente interés. Invitado por él, asistí con unos amigos. Nos llamó la atención cómo un pequeño grupo de personas, animadas por Américo, han sido capaces de dinamizar una zona rica en recursos turísticos, pero dejada de las manos de las autoridades. Los congresos de historia han servido en este caso para reivindicar no sólo unas señas de identidad, las de la raya seca, sino unos recursos naturales, el paisaje, los restos arqueológicos, los puentes de piedra, el museo local. Hay varios hoteles y casas de turismo rural. Por las mañanas se ven a grupos de excursionistas que se dirigen a la montaña o al valle para practicar el senderismo. Es un buen ejemplo para algunas zonas de nuestra provincia.

Méndez Ferrín entrega al Padre Fontes título de Arraiano Maior del 2010

14-08-2010 / 11:00 h

Ourense, 13 ago (EFE).- El título de Arraiano Maior da Raia Seca del 2010 ha recaído sobre el intelectual y experto en etnografía Padre Fontes y el encargado de entregar la "guillada de mando" ha sido el presidente de la Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, en un acto celebrado hoy sierra de Castro Leboreiro (Ourense).
El colectivo cultural Arraianos otorga anualmente esta distinción, que pretende homenajear a los "personajes ilustres de la Raia Seca" y "defensores de la cultura y de la identidad arraianas".
Durante el nombramiento no faltaron las músicas tradicionales y la poesía, que se desarrolló al pié de la Pena de Anamán, un "mítico refugio de guerrilleros y contrabandistas", según explicaron a Efe los organizadores del encuentro.
A las 17 horas está previsto un visionado sobre la biografía del Padre Fontes, así como las intervenciones de los miembros del Núcleo de Estudos e Pesquisas dos Montes do Laboreiro. EFE ix/lrt/flh

Unha aguillada para o Padre Fontes

O presidente da Real Academia Galega entregou o testemuño de 'Arraiano Maior 2010' ao Padre Lourenço Fontes, na segunda edición de irmanamento entre as terras ourensáns e as lusas da raia seca do norte.

r.c.. CASTRO LABOREIRO
Borrar para sempre as raias que marcan a fronteira que se debruza entre Galicia e Portugal.
Méndez Ferrín e o Padre Fontes.
Méndez Ferrín e o Padre Fontes.


Con ese ánimo, a asociación cultural ourensá Arraianos avanzou un paso máis ao instituír a figura do 'Arraiano Maior da Raia Seca' que encarnara os ideais de irmandade entre galegos e portugueses. O ilustre celanovés Xosé Luís Méndez Ferrín foi o primeiro en ser investido con esa figura, hai un ano, na raia da Madalena, entre Lobios e Lindoso. Unha aguillada e unha boina foron os atributos que recibíu o hoxe presidente da Real Academia Galega de mans do de Arraianos, Aser Álvarez. A aguillada de tanguer o gando para impoñer autoridade e a boina de identificación coa paisanaxe. Méndez Ferrín, que sitúa algúns dos seus mellores relatos ('Arraianos') no imaxinario deste espazo, entregoulle onte a aguillada, que custodiou durante o último ano, ao Padre Antonio Lourenço Fontes. 'A quen aguilloarás con ela?', pregúntalle Ferrín. 'Aos políticos', respondeu o Padre ao instante. Todos asinten, talvez por teren na retina a imaxe fresca ao fondo dos lumes devorando, en tres puntos, as serras do Parque do Peneda Gerês. Os do lugar critican que o goberno luso decidira, sen contar cos veciños, un novo planeamento para o Parque, con maiores restriccións nos usos das propiedades. 

O 'Arraiano Maior 2010', un crego e home imprescindible da cultura e etnografía de Tras-os-Montes e a que é común con estoutro lado da raia, chegaba ao acto en Castro Laboreiro despois de clasurar a Festa das Bruxas que el organiza en Montalegre, no mesmo concello no que instituíu o recoñecido Congreso de Medicinas Alternativas. 

A xornada para os 'arraianos' comezara de mañá sobre a mesma liña da fronteira da Meixoeira, entre Entrimo e Castro Laboreiro, ao pé do marco 51 da Raia Seca cun roteiro guiado polos membros do Núcleo de Estudos e Pesquisas Montes Laboreiro (NEPML), con paso por pontes medievais que son monumento nacional, ascendendo desde as 'invernías' (lugares ocupados por persoas e animais nos invernos) ata as 'brandas' (brañas de pasto na altura da serra, habitados na maior parte do ano), próximas ao maior conxunto megalítico do noroeste peninsular, con ata 100 mámoas rexistradas. A altitude, a prehistoria e a paisaxe conforman un espazo mítico, que atrae hoxe aos arraianos, animados con música de gaita, lectura de poemas e bo xantar ao pé da Pena de Anamán, mítico refuxio de guerrilleiros e contrabandistas. Ata aqui tamén chegou, en 1997, o cineasta máis lonxevo do planeta, Manoel de Oliveira (101 anos) para rodar o filme 'Viagem ao principio do mundo', con Marcello Mastroianni de protagonista.

terça-feira, agosto 17, 2010

Manifesto nomeamento Arraiano Maior

Irmáns arraianos, por segundo ano e esta vez en Castro Laboreiro, onde comeza o mundo, onde o vento non para de esculpir o seu tempo na pedra con tódalas formas imaxinables, nun lugar que en si é un auténtico monumento, onde as fronteiras son a imaxinación e os prexuízos de cada quen, onde os primeiros poboadores se agarraban á eternidade en túmulos funerarios que simulaban estrelas nas noites estreladas deste ceo sempre agradecido cando un o olla agarimoso dende eiquí, e que acertadamente describe Manolo Rivas nun poema onde di: “Altares aleixoados / que apreixan os ceos.

Nesta nova cita para recoñecer como Arraiano Maior da Raia Seca ao Padre Fontes por parte da Asociación Arraianos, que mellor lugar que Castro Laboreiro, onde os lobos son súbditos dos cans e os homes transmiten a súa rica mitoloxía que asolaga esta terra sempre ceibe.

O Padre António Fontes é un arraiano por nacimento e convicción, un persoeiro feito e acrecentado na singularidade que vivimos os que habitamos estas terras, e como bo entendedor deste mundo telúrico e real, agranda a súa figura cando afirma que “o Porto sem mim cresce e a minha terra, sem mim, míngua”, e con esa claridade que da o coñecemento do lugar que habitas e da xente coa que convives, este home ergue o espírito e cultiva a alma dos seus feligreses, de parroquia en parroquia a cabalo ou en motorizada, pero coa idea firme de facer a súa labor sempre nestas serras mudando de local, pero não mudando de gente” como afirma. Pero seguro que será lembrado para sempre como o precursor dos Congresos de Medicina Popular en Vilar de Perdizes.

Aínda que os arraianos estamos convencidos de que o Padre Fontes é tal vez a reencarnación, evolución, transposición ou complemento de outros padres que habitaron estas terras noutra hora como aconteceu co célebre e mal logrado Gonçalo Coelho que tan enorme pegada deixou en Pitões das Júnias e A Cela, onde foi durante moito tempo venerado por galegos e portugueses como San Gonçalo de Pitões. Ou tal vez ten a mesma necesidade de xunguirse ao granito serrano como aconteceu con frei Lorenzo de Vera que se auto proclamou “abade bendito” por bendición papal do mosteiro de Santa María das Júnias, vivindo coma un señor feudal nas súas terras defendidas por bandidos e criminais. Pero seguro que el se sente identificado co ilustre padre Anibal, que amaba o Castro Laboreiro e así o deixou escrito nestes versos: “Quero adormecer no berço / onde sorri em criança / só então terei sossego / como na distante infância.

En lugares coma este, no que somos conscientes da nosa ridiculez, do pequenos que somos e o pouco que duramos, é cando máis claramente podemos reflexionar sobre a capacidade de construír e destruír que posúe o ser humano, pero que ao fin todo pasa, que somos tan efémeros coma un laio, e quedaremos na memoria dos nosos, mesmo dalgunha xente, e algúns na memoria dun pobo.

Dicía un Arraiano que ben puido ser un Arraino Maior e que nos deixou antes de tempo (o estremeño Ángel Campos Pámpano), que escribiu estes fermosos versos: “mientras pueda pensarte / no habrá olvido”. Agrandemos esa memoria, e fagamos bibliotecas deste sentir único, afondemos a pegada nos penedos que nos arrodean e queden aí para sempre. 

Pero nós reconfortámonos coa natureza como escribiu un dos primeiros arraianos “Os altos promontorios o choraram / e dos rios as águas saudosas” deixou dito Camoens. E acrecentamos o espírito, e o desacougo nos silencios que describe Baldo Ramos nestes versos: “e detrás de cada silencio / haberá sempre alguén que espera”. E nesa teima por descubrir o que se nos esconde a esencia da inmensidade que nos arrodea, “Há-de haber uma cor por descobrir, / um juntar de palavras escondido, / há-de haber uma chave para abrir / a porta deste muro desmedido” dixo Saramago.

E non deixamos de identificarnos cando detemos o tempo na memoria que se escribía con verbas nas lareiras da nosa infancia, e reafirmámonos no que somos cando transmitimos esa pegada aos nosos, eses novos arraianos que veñen para facer país nun novo mundo, e con novas fronteiras tan invisibles como palpables.

Rematamos este manifesto berrando dende esta altura a quen o queira escoitar, berrando a rabia que produce un tempo de gobernantes minúsculos, de seres ananos coma os descritos por Celso Emilio Ferreiro que non deixan de medrar e multiplicarse coma os vermes, nun tempo de retroceso e procuras de identidades falsas, nun vieiro que non conduce a ningures e que nos afoga a gorxa e creba o espiñazo, férennos co que máis nos doe, con  asfixiar a nosa lingua, e por iso digo en voz alta “Na casa dos meus avós arrecendente / a sí propia, singular no mundo; / nos cabalos da serra e nos mineiros / de Lousame aquil vinte de Santiago, / reclamo a libertade  pró meu pobo”, facendo nosos os versos do Arraiano Maior Xosé Luís Méndez Ferrín.

Suso Díaz

segunda-feira, agosto 02, 2010

Viaxe ao Principio do Mundo

Viaxa ao Principio do Mundo, o día 14 de agosto de 2010, polos Montes do Laboreiro. Foto de Humberto Vergara.