Onde están os movementos sociais galegos?
A existencia dun Foro Social Galego como espazo de intercambio entre os
movementos sociais cómpre máis ca nunca agora que o sistema amosa a súa
febleza. A consolidación dunha Asemblea de Movementos Sociais como aparello
de accións comúns para acadar obxectivos concretos aínda máis.
http://altermundo.org/portal/content/view/1921/1/
O Foro Social Galego (FSGal), que se vai celebrar entre o 5 e 7 de decembro
en Compostela amparado na primeira Asemblea de Movementos Sociais celebrada
o 26 de xaneiro na mesma cidade, podería ser o primeiro paso para que os
movementos galegos amosemos a nosa forza. Só facéndonos realmente visíbeis
diante do labirinto socio-político e mediático do país poderemos algún día
influír realmente nas decisións que toma o poder e, xa que logo, ser un
contrapoder a ter moi en conta. Temos as alternativas, mais non logramos que
estas se vexan. Velaí unha das nosas grandes eivas e velaí un dos obxectivos
urxentes dos movementos.
Eivas globais, eivas locais
Disque toda crise é tamén oportunidade. De cambio, claro está. A conxuntura
global multicrise que nos rodea crises ecolóxica, enerxética, alimentaria e
financeira como resume delas ten pois que ser aproveitada polos movementos
sociais para amosar á sociedade que existen alternativas válidas á relixión
economicista e militarista que, especialmente dende hai tres décadas, leva
a humanidade e o planeta ao desastre.
Mentres no cumio da pirámide os poderosos falan de refundacións, de
maquillaxes, de exquisitos clubes como o G-8 ou o G-20, dun Bretton Woods
II, de novas (des)regulamentacións e dun outro capitalismo; os movementos
aínda non fomos quen de erguer a voz para explicar nidiamente á sociedade
salvo nalgúns casos en América Latina, berce do Foro Social Mundial cales
son as nosas alternativas para chegar ao tan cacarexado outro mundo posíbel.
Témolas? Abofé que si, mais a poderosa estrutura político-mediática co que o
poder foi fornecéndose durante todo o nocivo proceso de globalización
encárgase de agachalas con fantástica efectividade. A atomización dos nosos
colectivos, o feito de que os recelos pesen moitas veces máis cós obxectivos
polos que loitamos e a moi mellorábel colaboración entre os movementos fai o
resto, todo hai que dicilo.
Deste xeito, o imprescindíbel traballo de base do amplo e hetereoxéneo
espectro de movementos sociais da Galiza fica as mais das veces mergullado
no máis periférico e invisíbel dunha arañeira social, política e mediática
que está tecida para ser totalmente desfavorábel e hostil a todo o que
signifique resistencia, nova proposta ou mesmo alternativa. Calquera
activista do país noso viviu algún día, senón todos e todas, nas súas carnes
a frustración de ver como os seus esforzos por facer visíbel esta ou aquela
loita ficaban en van. E nesta visibilización está a clave para que cada día
máis xente do país se sume ao activismo contra o sistema. Porque é diso do
que falamos. Ou non?
As loitas son moitas, sabémolo ben, mais os efectivos para dar conta delas
son tan escasos como os seus recursos. Válidos si, mais escasos e xa que
logo as máis das veces inefectivos. Cómpre pois que cando menos nos
obxectivos comúns, nas loitas que son de todos e de todas, que non son
poucas, sexamos quen de coordinarnos para exercer a presión da que sen
dúbida somos capaces. Se temos loitas globais fortes, teremos loitas locais
críbeis e efectivas.
Un Foro Social, urxente e necesario
Alén das loitas locais ou sectoriais de cadaquén xa dixemos que
imprescíndíbeis e sobre todo básicas, irrenunciábeis os movementos galegos
aínda non acertamos a confluír en accións e manifestacións conxuntas que
amosen un noso ³poder² como voces da sociedade civil, un poder hogano máis
potencial que real. Perder ocasións como a que nós mesmos, os movementos,
consensuamos hai case un ano cando no Día de Mobilización e Acción Global do
26X decidimos unanimemente camiñar cara a un Foro Social Galego sería
imperdoábel. E inxusto para as nosas causas.
O FSGal non vai ser, loxicamente, a solución, pois nin é unha nova entidade,
nin unha representación magna da sociedade civil, senón só un espazo de
reflexión, de intercambio e de artellamento de loitas. A solución está nas
mans dos movementos xa formen parte do proceso do FSGal ou none do seu
traballo. Mais o FSGal, como proceso horizontal e autofinanciado e
xestionado polos movementos, si pode ter dous efectos extremadamente
necesarios e sobre todo urxentes.
En primeiro lugar, a nivel interno pode contribuír á reafirmación das
loitas, o artellamento doutras en forma de alianzas, de redes, de campañasŠ,
o intercambio de experiencias, a aprendizaxe e a formación, a recarga
enerxética do e da activista, o exercicicio do poder da palabra e da
imaxinación.
En segundo lugar, a nivel externo, xa o dixemos, o foro pode ser un
excelente espazo para a visibilización das nosas propostas, un necesario
abrirse á sociedade para que esta comprobe que si que existen, que os
movementos sociais galegos son reais, loitan, traballan, teñen alternativas
e ademais son quen de confluír no obxectivo común de cambiar as cousas.
É por isto que a presenza masiva e activa nos debates que propuxeron os
movementos sociais, nos espazos transversais e na carpa de colectivos na
que terán espazo todos os que sexan adherentes do FSGal resultaría un golpe
de efecto fundamental para afrontar o noso labor como forxadores de
alternativas á nociva orde imperante.
A Asemblea de Movementos Sociais
O primeiro fin de semana de decembro é pois unha ocasión fabulosa, se cadra
histórica, para facernos ver, mais tamén para tomar decisións entre todos e
todas as que participen na nova Asemblea de Movementos Sociais que pechará o
evento o día 7 ao mediodía. Da dita asemblea, autoconvocada e aberta a
todas as persoas e colectivos do país, ao noso xuízo debería saír o consenso
para consolidar o FSGal como espazo periódico de intercambio entre os
movementos, mais sobre todo, deberían poñerse enriba da mesa unha serie de
accións concretas que todos asumamos para desenvolver durante 2009. Da
reflexión necesaria, á acción imprescindíbel.
Dende Altermundo pedimos xa que logo a todos os movementos sociais galegos,
dende os independentistas aos anarquistas, dende os de labregas e labregos
aos sindicalistas, dende os ecoloxistas aos de economía solidaria, dende as
organizacións de cooperación ás de acción directa, aos artistas e
intelectuais, ao mundo universitario, aos traballadores e traballadoras, a
todos e todas as que acrediten que si, que outra Galiza e que outro Mundo
son posíbeis, unha participación masiva e entusiasta no FSGal e na dita
Asemblea de Movementos Sociais. É a nosa responsabilidade. A nosa
oportunidade.domingo, novembro 09, 2008
Foro Social Galego
quinta-feira, novembro 06, 2008
Programación Intercultural no Campus de Ourense
terça-feira, novembro 04, 2008
Visibilidade da nación galega
Usamos moito o substantivo abstracto visibilidade e invisibilidade para nos referir a que Galicia e o seu idioma sexan ou non perceptibles no mundo exterior. A concesión do premio nacional (español) de ensaio en Madrid a unha obra de Justo Beramendi titulada precisamente De Provincia a Nación e na que non se fai referencia á nación española senón á nación galega constitúe todo un fito histórico. De algún xeito, o feito de o Ministerio de Cultura de Madrid lle outorgar tamén a Agustín Fernández Paz o premio nacional de literatura xuvenil por un libro, O único que queda é o amor, escrito precisamente en idioma galego, vén completar o proceso de revelado ao final do cal a foto dun país con características e idioma de seu pode ser contemplada nidiamente. Haberá xente digamos o clube financiero de Vigo, onde funciona a variedade lingüística local na que o ver se confunde co ollar ou co mirar, que siga na contumacia. Por outra parte o PEN Club acaba de despregar a súa actividade maior do curso actual coa celebración da Bienal Literaria Internacional en Compostela na que escritores de diferentes mundos, entre os que se inclúe o premio Nobel de orixe chinés, falaron entre si e coñeceron Galicia como cultura diferente a todas as culturas humanas.
CSertamente, cada un dos visitantes viu o que quixo ou estaba capacitado para ver. O PEN galego cumpriu moi ben a súa misión de chamar a atención dos visitantes sobre a nosa existencia.
Galicia débelle unha homenaxe de masas a Manuel Rivas por dúas razóns principais. Unha, porque el é un grande escritor vivo e vastamente seguido por infinidade de lectores. Outra, porque é o autor noso máis aprezado, non só en Madrid senón tamén alén dos Pireneus en nunha chea de linguas ás que foi traducido. Francia e París xa non son o centro da República Mundial das Letras segundo nos explicara con intelixencia e donaire Pascale Casanova nun libro destinado a permanecer, pro aínda mandan moito, estabelecen xerarquías, e infunden respecto universal. E tamén é verdade que na tal República Mundial das Letras as edicións da Gallimard representan o Tabernáculo ou a Arca da Alianza na que os máis valorados tesouros literarios son facturados desde Francia para o Mundo.
E ben: a última novela de Manuel Rivas (brillante e conmovedora), Os libros arden mal, foi editada en francés por Gallimard co título moi cortante e feliz de L´ ´eclat dans l´ abyme (ou dans l´ abîme, non sei porque non vin a traducción aínda). Xosé Manuel Pereiro, sempre coa ollada posta (el si) na nosa realidade, infórmanos de que Radio France emitiu fragmentos de L´éclat durante unha semana e de que o noso querido O´ Rivas foi entrevistado a toda plana como escritor en galego en Le Monde e en Le Figaro. Libération, máis afín sen dúbida, colocou ao autor coruñés en primeira por causa da súa novela sobre a Coruña e sobre Galicia en días de horror. Finalmente, o Premio Medicis, sempre de Francia, que se concede á mellor obra literaria en lingua non francesa, escolleu esta novela en galego de Rivas entre as 15 finalistas. O clube financiero de Vigo, para quen o galego é perxudicail para os negocios, debería reparar en que ningún libro escrito en castelán foi escolleito para o Medicis.
Os que teñen ollos para ver que miren e os que teñan ourellas para ouvir que escoiten.
Compostela 68
TVG estrea o vindeiro sábado 8 de novembro "A revolta universitaria do
68" no Galicia Documental
O vindeiro sábado 8 de novembro TVG emite por primeira vez o documental
da Fundación 10 de marzo "A revolta universitaria do 68. Unha loita da
mocidade galega" as 16 horas no espazo Galicia Documental.
"A revolta universitaria do 68" é documental de 26 minutos de duración
producido por IBISAtv para a Fundación 10 de marzo. En conmemoración dos
feitos acontecidos en Santiago de Compostela no ano 68, a Fundación 10
de marzo levou a cabo varias inicitativas como a edición do libro Do
"Gaudeamus Igitur" ao "Vencemos nós", a exposición Do “Gaudeamus igitur”
ao “Venceremos nós”. As mobilizacións estudiantís do 68 en Compostela
que estivo en Santiago de Compostela do 28 de febreiro ó 27 de marzo e
do 5 de xuño ó 6 de xullo Lugo ou este documental.
O documental conta a historia dun rapaz que chega a Santiago no ano 2007
para estudar na universidade. No piso que aluga atopa unhas caixas,
dentro das cales hai uns documentos que o mergullan na Compostela do ano
68.
A investigación do protagonista, levará ó espectador a coñecer a loita
que os estudantes universitarios mantiveron coas autoridades académicas
e civís en defensa dunha educación libre e democrática. Os feitos
descritos tiveron especial relevancia por anticiparse ás revoltas
iniciadas ese mesmo ano nas universidades de todo o mundo; ademais de
ser a folga máis prolongada do sistema universitario español e de
enfrontarse a un réxime totalitario.
Algúns dos protagonistas da revolta universitaria axudarán a conformar o
armazón deste relato. No curso 67/ 68 escribiuse unha das páxinas máis
fermosas da xuventude galega e da cidade de Santiago.
domingo, novembro 02, 2008
Afranio, o fuxido arraiano
Siñor Afranio" que organiza a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de
Galicia, coa colaboración do Concello de Tui, e que terá lugar o vindeiro
luns 3 de novembro de 2008 ás 20,30 horas na Sala Municipal de Exposición
A exposición fai un percorrido pola vida e o pensamento de Antón Alonso
Ríos, profesor e político, que tras o levantamento militar de 1936 pasou
varios anos percorrendo os montes de Galiza e Portugal facéndose pasar por
un cidadán portugués chamado Siñor Afranio. En 37 paneis a mostra percorre
tres etapas vitais: desde o seu nacemento ata o ano 1936, o período 36-39,
no que el estivo fuxido, e do ano 1939 ata o final da súa vida.
Tomiño é a primeira localidade galega en acoller esta mostra porque xoga un
papel moi importante na traxectoria de Alonso Ríos. Alí dirixiu a escola
Aurora del Porvenir e puido poñer en práctica o seu modelo educativo. Algún
tempo despois estivo fuxido polos montes deste municipio.
A exposición poderase visitar logo en Tui e noutras quince localidades polas
que pasou o Siñor Afranio fuxindo das autoridades franquistas. A
continuación a mostra chegará ao seu concello natal, Silleda, e ás
principais cidades galegas.
A mostra enmárcase nunha serie de actividades que co nome Roteiro do Afranio
organiza a Consellaría de Cultura e Deporte, en colaboración coa Comisión
pola Memoria Siñor Afranio e a Asociación Sociocultural Adellis. Este
proxecto pretende dar a coñecer a un público amplo a figura de Alonso Ríos.
Trátase dun proxecto que ademais da exposición inclúe unha web divulgativa
do roteiro e da figura do deputado agrarista e unha guía de turismo
cultural.
sexta-feira, outubro 31, 2008
Presentación do número dous da revista cultural A Torre do Castro
Nos 50 anos do comezo das obras de desecamento da lagoa de Antela (1958-2008)
Dentro das actividades culturais programadas polo concello de Sandiás
durante este ano, está a edición do número dous da revista cultural e
turística do concello, A Torre do Castro, que ten como tema principal, o
cincuentenario do comezo das obras de desecación.
Este segundo número centrase sobre todo na recuperación da memoria
histórica da lagoa de Antela. Para iso botase man dun artigo publicado en
1958 co gallo do comezo da obras de don Ramón Otero Pedrayo, baixo o título
¨Se quiebra el mágico cristal¨, que ben puido se-lo epitafio da lagoa. Tamén
inclue unha serie de curiosidades sobre a lagoa de Antela, como son a
existencia de palafitas, o uso médico das coñecidas samesugas, etc.. Noutro
artigo dedicámonos a dar a coñecer a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación
da Lagoa de Antela), centro que comezou a funcionar coincidindo co ano no
que se cumpren os 50 anos do comezo das obras de desecamento. No apartado
dedicado ó noso patrimonio inmaterial temos neste número algunhas das lendas
que existen sobre a torre do Castro, un dos símbolos do noso concello, e o
san Bieito da Uceira, que foron publicadas na súa maioría na revista Nós no
ano 1931 polo veciño de Sandiás, Urbano Santana.
Rematamos este segundo número cunha mostra de vellas fotografías,
xentileza de dous veciños de Piñeira de Arcos, co que se pode xa falar da
creación dunha galería de imaxes da memoria colectiva do noso concello.
Galería que está aberta a todos aqueles que queiran achega-las súas fotos.
Co gallo deste aniversario faisenos imprescindible recupera-la
memoria histórica da lagoa de Antela, sobre todo para que os máis novos que
non a coñeceron poidan coñecela da man dos nosos maiores. O Concello de
Sandiás é conscientes de que existe unha clara demanda dos chamados bens
sociais (medio ambiente, historia e cultura), estes bens na súa maioría son
patrimonio do noso rural. Na posesión destes bens pode esta-lo futuro deste
medio. É por iso que o Concello de Sandiás puxo en marcha, coincidindo con
esta data, a Casa da Lagoa, un centro onde todos aqueles que non coñeceron
unha parte da nosa historia poidan coñecela de primeira man, así como
coñece-lo presente representado pola recuperación medioambiental das antigas
areeiras abandonadas.
A revista esta a disposición de tódolos interesados, ademais de en papel,
en formato PDF na web oficial do Concello de Sandiás (www.sandias.es)
terça-feira, outubro 21, 2008
Recuperación da memoria en Puxeiros
A Asociación Viguesa Pola Recuperación Da Memoria Histórica Do 36 convídao ao acto
25 de outubro 2008, ás 18:00 horas
Muro do cemiterio de Puxeiros (porta de entrada)
O acto homenaxe consistirá na inauguración dunha placa e ofrenda floral.
Intervirán :
Telmo Comesaña (presidente da Asociación)
Amante Caride (neta de represaliado)
Xan Carlos Abad Gallego (historiador nado en Lavadores)
Berta (filla de represaliada)e Amalia Collazo (neta de represaliado).
Antonio Vázquez (Membro da Asociación e memoria viva de Cabral).
Pepe A. Cáccamo (Escrtor e Poeta)
Grupo de gaitas da A. de V. Camiño Vello
Presentación de Unión Libre en Lugo
do monográfico A VOZ DAS VÍTIMAS DO 36, número 13 de Unión libre. Cadernos
de vida e culturas, que terá lugar o luns, 27 de outubro, ás 8 da tarde.
Intervirán os escritores Carmen Blanco, María Lopo e Claudio Rodríguez Fer,
coordinadores deste volume, que está dedicado á memoria de Manuel Sarille Lanceiro,
presidente da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo.
segunda-feira, outubro 20, 2008
Memoria tabernaria
Desde a Praia de San Sebastián até Bouzas, en realidade, todo era un areal, aínda que eu agora falo máis de ouvido que do que teña visto. Alí onde na actualidade termina a Rúa da Coruña foi o campo de fubol de Coia e, fronte ao mar e a area, estaba e está unha pequena casa de boa pedra. Na casa, de planta baixa e un alto, abría e abre as súas portas sempre verdes unha das tabernas históricas de Vigo: "María de la Playa". A praia desapareceu tragada por grandes vías e recheos nos que se foron instalando fábricas e talleres que convirten a zona, con Barreras no centro do sistema, nun dos territorios industriais máis característicos de Vigo. Pero a taberna e casa de comidas "María de la Playa" sigue onde sempre estivo e moitos vigueses con memoria e dotados de lealdade sentimental parece que conspiran para que os poderes públicos de Vigo, sempre indiferentes aos signos da permanencia, propicien a deste local da vella freguesía de Coia. E digo Coia porque os límites históricos deste termo parroquial na súa zona costeira co de Santa María de Vigo están situados máis ou menos onda "María de la Playa". A taberna, por parte, aínda desempeña a función ancestral de gardiana da fronteira entre dous territorios cuxa orixe se perde nos neboeiros da prehistoria: Vigo e Coia. Non lonxe de "María de Playa" encóntrase "Casa Argibay", coa súa parra de latas cunha grande videira gaveante á porta, de características semellantes. Algún día falaremos tamén de "Casa Argibay". Por algunha razón misteriosa eu asocio agora o "Cabaret des Assassins" e a casiña azul de Montmartre con "María de la Playa" e "Casa Argibay".
Xulio Alonso acaba de publicar (Ir Indo) un hermoso libro de prosas. De vivos e de mortos é o título, cun prólogo de Manuel Villar Villaverde que fai aínda máis atractiva a súa lectura. Pasando as páxinas da obra, de capítulo en capítulo, fun cair nun no que se fala de "María a da praia". Comeza o texto así: "As viguesas e vigueses constitúen unha poboación que non se preocupa polas súas propias orixes. Isto explica que sexan moi poucas as pegadas da historia viguesa que conseguiron perdurar no tempo. Algunhas se salvaron porque pasaron inadvertidas baixo terra, e outras, porque de momento non constitúen ningunha ameaza para os intereses urbanísticos e industriais". Merece a pena ler todo o libro de Xulio Alonso e, en especial, o que di dese milagro de supervivencia que é "María de la Playa" a onde vou ir deica un pouco pra botar un vaso, gozar do ambiente e sentir o arrecendo da permanencia.
Na outra banda do mar, fronte a Vigo, a cidade de Boston protexe e agarima a mítica taberna que leva o nome de "Cheers
sexta-feira, outubro 17, 2008
O xefe e o nobel
Houbo galegos amigos das letras, pro non seguidores das letras galegas, que se sorprenderon estes días pola concesión do Nobel a un escritor descoñecido. Nembargantes, os que len en galego habitualmente saben que Jean-Marie Le Clézio publicou en Edicións Xerais (Merlín) no ano 1987 un libro no noso idioma. Libro que reza no orixinal "Mondo et autres histories", o que o relaciona cun título paródico de Alberto Avendaño. O volume vai acompañado dunha intro- ducción e notas dos seus versionistas: Raquel Villanueva e Valentín Arias, hoxe considerado o patriarca da traducción ao galego. En canto a Villanueva, diremos que ela é entusiasta responsable da existencia en Galicia dun núcleo de clézistas moi influínte no noso campo literario (Figueroa).
(Le Clézio, naturalmente, é lido en Galicia por persoas que non necesitan da axuda da traducción, pero estas hoxe son poucas xa que o francés cada vez perde máis terreo como lingua central da República das Letras capital París que fora, ai, antano).
Antes da proclamación (de Estocolmo para o Orbe) do premio Nobel do presente ano, o secretario da Academia Sueca fixera unhas declaracións nunha publicación norteamericana nas que acusaba o mundo literario de lingua inglesa de "insular" e nas que reivindicaba a forza e novidade das letras producidas en Europa. O fallo académico produciuse nesta dirección.
Le Clézio ten por patria a illa Mauricio, naceu nunha Niza que sabemos parte de Occitania e a súa familia é de torgueira bretona. Os espazos narrativos del sitúanos na alteridade sen caír xamáis no pintoresquismo romántico do autor metropolitano que descobre calquera dos tristes trópicos realmente existentes no Planeta. Os coñecedores de Le Clézio invocan con frecuencia un multiculturalismo moi á moda nos nosos días, pro aínda insuficiente. A imaxinación, a felicidade dos achados poéticos e un estilo de fluencia orixinal colocan Le Clézio nun lugar de privilexio grazas a este Nobel que eu celebro. Ou sexa: no centro da diferencia. A descolonización non deu chegado á fase na que se farán mundialmente visibeis as linguas e as literaturas hoxe subalternas. En canto isto non ocorre, ver Le Clézio no foco da atención máxima do universo oculto prodúcenos unha especie de alivio. Este é un premio Nobel contra a insularidade da que falaba o secretario da Academia Sueca Horace Engdahl, en todo caso. O máis prestixioso dos xornáis de Madrid publicaba ao respecto este titular necio: "Premio Nobel a la indiscreción".
quarta-feira, outubro 15, 2008
Na memoria do Foucellas e dos guerrilleiros antifranquistas
Memoria Histórica da Coruña, a Asociación Cultural Obradoiro da Historia, de Ordes,
e a Asociación Cultural Eira Vella, de Betanzos, organizan diversos actos para
homenaxear a todas as persoas que loitaron pola liberdade e a democracia; a miles de
heroes anónimos da Resistencia antifascista galega, mortos, torturados, desterrados,
encadeados, represaliados e perseguidos por defenderen a legalidade democrática da
II República.
1. As actividades comezarán en Curtis o xoves, 23 de outubro, ás 19,30 horas na
Casa da Xuventude e contará coa presenza de Pepiña, filla de Foucellas.
2. O venres, 24 de outubro, ás 20,30 horas, haberá outro acto na Casa da Cultura
de Ordes.
3. O sábado, 25 de outubro, haberá un roteiro polos lugares da guerrilla da
comarca, con saída en autobús ás 15,30 horas do cárcere da Coruña e parada en
Betanzos ás 16,15 horas na praza do Campo. Ao final da xornada, ás 21 horas, haberá
un acto no Liceo de Betanzos e, finalmente, unha cea.
4. No mes de novembro haberá en Betanzos unha semana de cine sobre a guerrilla
galega antifranquista.
En todos os actos haberá unha homenaxe ás familias represaliadas, lectura de
poemas, presenza de vellos guerrilleiros, intervencións de historiadores, gaiteiros,
actuación do grupo A Quenlla.
Fernando Souto Suárez
Telf.: 695 26 27 28
segunda-feira, outubro 13, 2008
O xefe sobre os traficantes de insectos
Pasado domingo ofrecéronme no quiosco, en compañía de determinado xornal, un fascículo que trataba, penso que de xeito claro e correcto, dos esgarabellos acuáticos. Comprei decontado tal literatura que, para a miña sorpresa, estaba acompañada dun poderoso exemplar de insecto da familia dos Hydrophilidae que na publicación se presentaba, sen nome científico, como "escarabajo buceador asiático". O exemplar viña empacado nun bloque de metracrilato e, en tanto non o dou clasificado, el está agora no meu despacho en lugar privilexiado pois tivo a virtude de me retrotraer á infancia facendo as veces da magdalena ranurada en forma de vieira da que fala Proust nunha pasaxe memorábel. Ora ben, considero ilícito o tráfico de insectos que supón esta oferta. Os sete euros que custa o becho e mailo folleto, de divulgación entomolóxica revelan un tráfico de animais en grande escala que non debería estar permitido. Quen queira coleccionar insectos, que saia á natureza a cazalos, e aínda así que o faga con moito respecto. Calquera das especies de esgarabellos acuáticos merece a mesma consideración que calquera das especies de baleas e de mamíferos mariños que tanto lles preocupan (e con razón) aos ecoloxistas e amigos da Natureza. Debemos defender a biodiversidade e o tráfico de insectos como este ao que nos estamos a referir representa un negocio ilícito e non sei se constitutivo de delito ecolóxico ou non.
terça-feira, outubro 07, 2008
O arraiano xefe
quarta-feira, outubro 01, 2008
Memoria d´A Estrada
A Asociación "Comisión pola memoria Siñor Afranio" da Estrada e a
Comisión pola Memoria de Vilagarcía, convocan un acto de lembranza dos
feitos producidos o 9 de outubro de 1936, cando foron "paseados" 6
cidadáns provenientes de Concellos da contorna e o enterro dos seus
cadáveres nunha foxa común no cemiterio local.
Estas persoas son Severino García Teijeiro, José Domingo González
Boullosa, Juán Bacariza Sánchez, Ramón Muíños Lorenzo, Manuel Guillán
Abalo e Jesús Froiz Gómez.
O pobo da Estrada, e nomeadamente persoas de releve como o crego Nicolás
Mato Varela e o xuíz Fermín Bouza Brey, amosaron un comportamento
exemplar fronte este crime e aínda que as vítimas non son deste
concello, é un feito histórico que compre lembrar para honra da
dignidade dun municipio coma este que manifestou a súa solidariedade e
apoio aos represaliados nun momento de especial perigo para calquera que
así expresase estes sentimentos humanitarios.
Os actos a celebrar o día 9 de outubro serán a sinalización do lugar
onde foron inmolados os 6 na Ponte do Regueiro, ás 19:30 h.. O
descubrimento dunha lápida na foxa común onde están enterrados no
Cemiterio da Estrada ás 20:00 h. E un acto público ás 21 h. no Teatro
Principal no que intervirán familiares das vítimas (Leonor Guillan de
Barrio y Rosalia Gonzalez Genova) e o profesor Manuel Igrexas, quen
recuperou a historia destes feitos.
Para máis información:
http://www.blogoteca.com/autoestrada/quarta-feira, setembro 24, 2008
quinta-feira, setembro 18, 2008
O xefe fala da Galicia imperceptíbel
Por X.L. Méndez Ferrín. Algúns galegos teñen escrito esta tempada na prensa sobre as palabras despectivas e arrogantes que George Steiner proferiu sobre a nosa lingua galega. Manuel Rivas, que é o escritor galego máis traducido e coñecido no estranxeiro, veu decer, entre outras cousas, que o que necesita a nosa lingua (e a nosa cultura) é facerse perceptíbel no mundo. Estou dacordo con el, pro mal poden conseguir facernos un perfil visíbel no mundo aqueles que se non consideran a sí mesmos e desprezan a propia identidade.Se vostedes atravesan as pontes internacionais que, felizmente, unen as dúas ribeiras do Miño, verán que ao entrar en Galicia non hai cartel ningún que informe de tal feito. Se vostede aterra nun aeroporto de Galicia despois dun vóo internacional non recibirán ningún tipo de información a respecto desta nosa "nacionalidade histórica". Tamén se veñen de fóra por tren e entran na librería da estación comprobarán que alí non hai libros escritos no noso idioma.Os pelegríns que chegan onda nós de lonxe non encontran no Cebreiro ningunha indicación de que entraron en Galicia e que Galicia é así e asá. Unha vez culminada a súa viaxe, se visitan a libraría da catedral non encontrarán ningún libro sobre o camiño de Santiago escrito na lingua do país. Hai xente que está a reclamar que a información sobre Galicia se lle ofreza aos pelegríns xa desde o Bierzo, pero iso sería pedir a lúa. De xeito que son milleiros os suxeitos que fan a rota xacobita e patean unha boa parte de Galicia para, regresando aos seus lugares de orixe, ignorar que estiveron neste vello Reino. Eu estou seguro que se lle preguntan a Shirley MacLange ou á filla de Bush, que fixeron a pé o camiño de Santiago, por Galicia, polo seu idioma, pola súa historia, non saberían contestar. A desaparición de Galicia ás veces é un feito deliberado. Fábricas de conservas de peixe que comercializan os seus productos con selo de Vigo, España sen mencionar a Galicia son un caso frecuente. Outro sería o de Colin Smith, que publicou o Merlín e Familia en traducción inglesa ocultando deliberadamente que a primeira edición da obra foi feita por Alvaro Cunqueiro en galego. Pro o caso máis estúpido da ocultación de Galicia é o do diccionario enciclopédico portugués de Lelo e Irmão, editorial do Porto cuxa matriz está á mesma distancia da miña casa que a sede da Academia Galega. Esta obra describe así o Miño: "Rio de Espanha e de Portugal, que nasce nas Astúrias, em Espanha, e deságua no Atlântico, em Caminha, Portugal". Se é así como perciben o Pai dos Nosos Ríos, sen ningunha relación cun país chamado Galiza, uns solventes editores da cidade de Porto, cómo nos verán os lisboetas ou os alentejanos? Sinxelamente, non existimos para eles. Certo, as raíces da ideoloxía nacional portuguesa son profundamente anti-galegas. Recoñecer a nosa existencia histórica sería, xustamente, negar o relato consensuado da fundación de Portugal. Deixemos o caso galegoportugués por imposíbel de ser solucionado. Nós estamos empeñados en ver Portugal e eles nin quixeron nin queren nin quererán nunca ver a Galiza. Os nacionalistas galegos chegan á madurez e ao uso da razón política o día no que renuncian a Portugal e á fantástica redención que desa república nos poida chegar. E, se os portugueses non nos ven, o resto dos humanos tamén non. Steiner si que nos vé, pero resultámoslle cativos e sen categoría.
50 anos do desecamento da Lagoa de Antela
A lagoa de Antela foi unha das lagoas máis importantes da Península Ibérica,
tanto pola súa extensión (máis de 40 Km. cadrados), coma pola súa riqueza de
flora, fauna, bioloxía, historia, antropoloxía, toponimia, paisaxe e
folclore característicos.
O 8 de setembro de 1958* deron comezo as obras de desecamento da lagoa de
Antela co encauzamento de 6,6 km. do río Limia.
A lagoa de Antela foi un dos humedais de maior extensión da Península
Ibérica, con 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que
dependendo da época do ano, variaban estas dimensións, así como a súa
profundidade. Tiña de profundidade media 0,60 metros e nalgúns “pozos”
chegaba ata os 3 metros. Nela atesourabase unha inmensa riqueza de flora,
fauna, bioloxía, historia, antropoloxía, toponimia, paisaxe e folclore.
Logo de innumerables intentos de desaugamento, en 1956 declarouse por Lei de
27 de decembro de alto interese nacional a colonización e saneamento da
lagoa de Antela, ó que provocaría a destrucción do humidal e a
transformación deste en terreos de labradio. O día 8 de setembro de 1958,
deron comezo as obras iniciadas co encauzamento de 6,6 Km. do río Limia, que
se continuarían con 7,5 km. do emisario da lagoa, e a partir de 1962, coa
construcción de 10 Km. de canles-dren no interior da mesma, para logo
continuar coas construccións dos desaugues terciarios, camiños, etc., ata
rematar coa entrega das parcelas ós colonos a principios dos anos 70.
Coincidindo con esta data o Concello de Sandiás ten previsto (si nos
conceden a subvención , claro esta!!!!) a realización dunhas xornadas sobre
a lagoa de Antela para recuperar a súa memoria histórica, e que versaran
sobre os aspectos xeográficos, históricos e medio ambientais da lagoa que se
celebraran na Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela)
así como na Casa da Cultura do Concello.. Tense así mesmo previsto a edición
dun número especial da revista ¨A Torre do Castro¨ (Revista Cultural e
turística do Concello de Sandiás) sobre os cincoenta anos do comezo das
obras (1958-2008), e outras actividades. Pretendese con esta serie de
accións dar a coñecer unha parte importante da nosa historia a todos
aqueles que non a coñeceron así como dar a coñecer o presente representado
pola recuperación medio ambiental das antigas areeiras abandonadas.
Lembrar que a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela)
situase no centro da vila de Sandiás nun edificio tradicional especialmente
rehabilitado para acoller o centro. Na Casa da Lagoa preténdese mostrar ós
visitantes a través de montaxes audiovisuais, experiencias interactivas,
paneis informativos, etc., os cambios acontecidos na comarca da Limia, e
máis concretamente no concello de Sandiás, a través dun percorrido polo
antes e despois da desecación da lagoa de Antela. Pondo un especial interese
en dar a coñecer as accións levadas a cabo para a recuperación da antiga
fauna e flora da antiga lagoa a través da recuperación das areeiras
abandonadas.
Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela ) – Praza de Dona Irene, 1 (Sandiás)
Teléfono do Concello de Sandiás para reservas (Visitas concertadas) : 988 46 50 01
segunda-feira, setembro 15, 2008
O xefe fala do atraso político de Galicia
No parlamento de Galicia, non que non reside a Soberanía Nacional e no que as leis son só textos que deben regular as leis do Reino, o peso de oposición recai unicamente nun partido, de dereita e sucursalista. Os partidos coaligados que exercen o poder autonómico presentanse como progresistas; un, tamén sucursalista e outro nacionalista. Co cal ocorre que San Caetano e Monte Pío non reciben outra crítica nin outro estímulo parlamentario ca os procedentes da dereita. Dunha dereita de cultura franquista e enfaticamente contra-nacionalista. Dado que Rosa Díaz pode chegar a ter representantes no parlamento galego, faise máis necesario ca nunca o ouvir no Hórreo voces que, desde a esquerda e o nacionalismo, sexan oposición e que, coma tal, critiquen e estimulen un goberno que, despois das próximas eleccións, repita hipoteticamente a coalición pos-electoral que está a punto de extinguir o seu mandato. Tamén en hipotese, considero, desde o meu ángulo de preferencias, que outro ou outros partidos ou frontes de esquerda e nacionalistas entren a formar parte do futuro goberno autonómico de Galicia. Isto último pode semellar difícil pero a realidade da ACE de Cangas pode ser un aviso de que tal aspiración non constitúe un horizonte utópico ou inacadábel.
Non creo que haxa en Galicia "dous gobernos" e miro un só ánimo político moi ben solidificado. Polo tanto a opinión de masas que expresa cada día a súa decepción ("desencanto", dixo un día Haro Tecglen, non sei se se recordan) en materia de administración territorial, urbanística, ecolóxica, social, cultural, lingüística, debería organizarse electoralmente en lugar de dirixir os seus votos, segundo o principio do mal menor, ao sucursalismo que se presenta como progresismo e ao nacionalismo non independentista. Claro que Galicia está a venderse, e as amósegas de que isto é así son as que o goberno autonómico nos pón perante os ollos co plan acuícola, coa continuidade da predación da lousa e do granito (son patrimonio do pobo galego) e coa almoneda ecandalosa da concesión de muíños eólicos cuxa imaxe é hogano a do coloniañismo que un día representou o asolagamento dos nosos (de todo o pobo) vales e o levantamento dos encoros de Barrié de la Maza. Os movementos de defensa da Terra e a esquerda obreira xenuína e os que combaten con sinceridade pola permanencia do idioma terán que escoller entre ter representantes na cámara lexislativa autonómica (ou no goberno) ou ben perder en presencia pública. O atraso político de Galicia debe ser forzado avante; é o que penso eu.
sexta-feira, setembro 12, 2008
Metamorfose dos anxos
segunda-feira, agosto 25, 2008
A babel arraiana
sexta-feira, agosto 22, 2008
Garay con Curros?
sábado, agosto 16, 2008
Viso Rock 2008
KÉRKENNAI
(Celta/Folk--Baixa Limia)
BAILEBURDIA
(Música Europeia e do mundo--Oporto)
A RAIZ
(Rock/Meta--Valença/Porto)
MOMENTOS DE DUDA
(Rock Clásico--Ourense)
THE JONYS
(Rock / Alternativa--Vigo)
O grupo Kérkennai tamén actuará na presentación da curtametraxe “O Limia, o río do esquecemento”
Acampada de balde
Polbo a feira
Xogos populares
terça-feira, agosto 12, 2008
quinta-feira, julho 24, 2008
Elixio en Compostela
quarta-feira, julho 23, 2008
Dia 15 de Agosto de 2008, no lugar da vila de Castro Laboreiro, Hotel Castrum Vilae10:30 NEP dos Montes Laboreiro
Abertura: Música de concertina e notas sobre o trabalho do NEPML
Realizador Aki Kaurismaki
Documentário video: "Notícias de Portugal"
Pequeno video gravado no lugar de Bico e transmitido em primeira-mão no programa Euronews.
Realizador Victor Coyote
Documentário video: "Só Concertinas" A concertina e alguns dos seus melhores interpretes no Alto Minho e no Olelas.
Paula Dacosta e Manuel António *
(Alua e Pólen)
Viver e Pintar em Castro Laboreiro
12:30
Debate / Encerramento
Exposição de pintura
21:30
NEPML - Abertura
Fotos antigas, videos e música
NEPML / José Alfredo Cerdeira*
Lançamento do livro: "O Buraco da Serpe".
Romance ficcionado baseado numa lenda, com o enredo a desenrolar-se em locais de Castro Laboreiro e da Gavieira.
Angel Rodriguez Gallardo
A PIDE contra os Crastejos
Américo Rodrigues / José Domingues
Apresentação do Projecto: "Casa dos Refugiados"
NEPML / António "Bernardo"*
Lançamento do livro: "Ecos dos Montes Laboreiro".
Textos mistos, de ficção e realidade sobre modos de vida de tempos idos.
Manuel Rivero Perez
A Construção/Utilização de Poças de Aire na Montanha
José Domingues / Américo Rodrigues
Trajes de Montanha; Lenços de Pedidos (Namorados) em Castro Laboreiro
24:30
Debate / Encerramento
segunda-feira, julho 14, 2008
O xefe dille adeus a La vanguardia
Os socios de Galicia Bilingüe, por exemplo, seguro que non notarán a ausencia de La Vanguardia nos quioscos pola razón de que ela, escrita en castelán, xamais combateu a recuperación do idioma catalán. Estou seguro de que alguén en algures tén moito interese en que La Vanguardia non circule en Galicia.
sexta-feira, julho 11, 2008
Á espera de Ramón Piñeiro
quinta-feira, julho 10, 2008
No cabodano do coronel arraiano

Uns meses máis tarde, no día do seu aniversario, rendémoslle ao aviador arraiano unha merecida e multitudinaria homenaxe en Lobios e Celanova. E agora xa por fin o seu libro de memorias, Matádeo Mañá, que levaba anos esgotado, volve estar nos andeis das librarías. Queremos mandarlle dende eiquí unha agarimosa aperta á toda a súa familia e moi especialmente á súa dona, Gloria, a quen lle mandamos un bico enorme dende a distancia para lle lembrar que o seu home segue e seguirá a ser sempre un referente para todos nós.
sexta-feira, julho 04, 2008
O cronopio en Celanova
O Xefe homenaxea a Maite
Escribe Maite Gómez Tapia así: "O vindeiro sábado (por mañá) terá lugar no espigón do Parrote, na Coruña, a inauguración dunha imaxe adicada á Virxe do Carme que lle custa ao concello 15 millóns das antigas pesetas. Para instalar esta imaxe retirarase unha escultura adicada á expedición do médico Francisco Javier Balmis, que en 1803 partiu da Coruña coa finalidade de erradicar o virus da viruela (ou vixigas) en América. Por outro lado, o concello de Oleiros vén de inaugurar unha estatua adicada ao mítico guerrilleiro Ernesto Che Guevara... Nunha sociedade que debemos construir desde a democracia, a igualdade, a xustiza e o laicismo é totalmente disparatado que mentres o PP promove manifestacións contra un ser humano que loitou pola xustiza social, o PSOE levante cos cartos de todos unha representación relixiosa nunha zona pública, priorizando a relixión sobre a ciencia". O escrito esta asinado en Meicende-Arteixo.Por as liñas transcriptas eu concederíalle a Maite Gómez Tapia o Premio Nacional de Xornalismo, se o houbese en Galicia. O "Fernández-Latorre" non penso que vaia ser para ela. En todo caso eu fago miñas tales palabras, ás cales simplesmente lles engadirei un escolio.
Debemos afastar de nós a impostura de que a da Virxe do Carme sexa unha devoción antiga e aceite pola Galicia mariñeira e que, consecuentemente, resulte democrático apoiar desde as institucións públicas o seu culto. O laicismo nega a totalidade, e a ciencia histórica clama á falacia. "Nosa Señora da Barca,/ dádeno-lo vento en popa/ que somo-los de Cariño,/ traguemo-la vela rota". A da Barca si non a do Carme, que é un deserto dos interiores do Líbano. Por suposto: "Santo Cristo de Fisterra,/ santo da barba dourada,/ axúdanos a pasare/ o cabo de Touriñana".
Na realidade, a da Virxe do Carmen, a do Monte (non Mar) Carmelo, era unha devoción particular da raíña María Cristina, rexente, mamá de Alfonso XIII. Tal Virxe sacaba as ánimas do Purgatorio mediante un cabo que lles tiraba en forma de escapulario. Escapulario que os frades carmelitas comercializaban e cuxa imposición aseguraba que, ao cumpriren os fieis a práctica de frecuentar a comuñón os primeiros venres de cada mes, eles irían o Ceo sen pasar nin polo fume do Purgatorio (promesa a Margarita María Alacoque). Logo a rexente dona María Cristina inspirou a Real Orde segundo a cal a Virxe do Carme se instituía en patroa da Mariña de Guerra Española, e ségue a selo oficialmente na España nacional católica na que vivimos. Da Mariña de Guerra, non dos mariñeiros.
Mañá a Coruña de Juan Canalejo, de Molina de Brandao/ Vázquez, de Millán Astray, en suma, a Coruña que bate hoxe todos os records en Galicia de permanencia da nomenclatura pública franquista, vai superarse a ela mesma e subsistuir o monumento a un episodio científico e humanitario e por un monumento a esa Virxe do Carme que, ao pouco tempo, o bisneto de María Cristina celebrará a tambor batido na Escola Naval de Marín a seguir da misa de campaña. O bispo ultraísta Del Río acaba de ser nomeado Vicario Xeneral Castrense (categoría arcebispal) con gran acumulado de tenente xeneral e cun soldo que gravitaría sobre min e sobre todo os posíbeis lectores. Ou como proferira o Celso: "Santo Cristo de Fisterra,/ santo da barba dourada,/ axúdanos a pasare/ a negra noite de España".
segunda-feira, junho 30, 2008
Rabo de porco
Lin na prensa que uns veciños do bairro de Rabo de Porco, coido que pertencente á freguesía de Combarro, concello de Poio, queren que o seu microtopónimo ou nome de lugar menor sexa suprimido polas autoridades por consideralo infamante. Cecais obre na reminiscencia destas persoas o sentimento, moi arraizado e antigo, de que os descendentes de xudeus conversos (ditos marraos) tiñan un rabo de porco como prolongación do espiñazo. Os alcumes de Rabino e de Rabiño teñen quizais esa orixe respectivamente en Vilanova dos Infantes e en Cangas do Morrazo. A min non me importaría nada vivir nun lugar chamado Rabo de Porco. "Alegría, alegrote;/ o rabo do porco no pote", que dicían as vellas da aldea.Despois dunha pequena esculca eu cheguei á conclusión de que a vila vella de Montenegro, nun intre incerto da súa existencia, considerou que tal nome era feo. En efecto, monte, en Galicia, ten unhas escuras e ancestrais resoancias negativas; é o sitio das feras e dos medos. Negro, por cima, relaciónase coa morte e con todo o nefasto. De xeito que algún señor do castelo chairego foi un día e decidiu mudarlle a denominación. O que era monte deshabitado pasou a ser vila e o que era negro e laido virou ao seu contrario en branca ou alba. Así naceu o nome da actual Vilalba. Con todo, os Montenegro fidalgos que levaban o M orgullosos no seu brasón non se sentiron afectados e seguiron chamándose de tal modo, como moitos dos seus servos e criados e así este é un apelido bastante usual en Galicia. Mesmo Valle-Inclán e Álvaro Cunqueiro se chufaban de Montenegro en terceiro ou cuarto lugar e aínda, non sei se en serio ou por enredar, dicían ser parentes.
O doutor Antón Palacios, da Facultade de Filoloxía da Universidade viguesa, é autor dun interesante artigo no que explica como algúns topónimos considerados vergoñentos polas xentes ou polas autoridades foron sustituídos por outros na Idade Moderna ou Contemporánea. O caso máis divertente é o da parroquia de Pérros (con é aberto), que en galego non significa nada pois é un topónimo seguramente prelatino. Pro a algún crego castelán, si que lle resultou irrisorio, e mudaron o nome de Pérros polo de Los Ángeles, moito máis celeste. No parou aí a cousa porque no actual Nomenclátor de Galicia aparece galeguizado como Os Ánxeles (concello de Brión). Tamén é verdade que en Samos existe a localidade de Pérros, onde naceu a nai do P. Sarmiento, que permanece co seu nome ancestral moi ben aceite polo veciñanza. E hai outros Pérros. Pois ben, o lugar de Cans, no Porriño, non só nunca quixo cambiar o seu nome, neste caso ben explícito no significado e en galego, senón que lle diu nome a un excelente festival de cinema en formato curto.
sexta-feira, junho 27, 2008
Do Galiñeiro e do Aloia

segunda-feira, junho 23, 2008
O xefe e os galeguistas de Marx
Certo que, no plano da política, Benigno Ávarez (comunista) e Xohán Xesús González (socialista) son os protagonistas da confluencia de que se trata nos días republicanos. A incansábel procura orgánica e teórica de Xohán Xesús emociónanos aínda hoxe. Noutro espazo, as eleccións da Frente Popular ligaron Alexandro Bóveda e Benigno con lazos moi fortes que estaban destinados a producir efectos políticos de longo alcance se non fose porque o golpe de 1936 acabou coa vida de ambos, e tamén coa vida do de Cuntis. E non se pode esquencer que no mundo universitario, a FUE, que xa chegaba a ser FUEG, contaba no seu seo con personalidades tales como un Luís Seoane que xa desde os derradeiros días da dictadura primorriverista amosaba as tendencias rexamente galeguistas pro abertas ao marximos.
O encontro segue a tomar corpo durante a Guerra Civil na que Ramón Esturao (de Xohán Xesús) está ao mando do Batallón Galego de Líster e Castelao, en funcións de lider lexítimo da Patria Galega, entra en contacto con Lois Soto Fernández, o mestre comunista camarada e amigo íntimo de Benigno Álvarez. Na viaxe de Soto e Castelao aos EEUU en 1938 o primeiro pon nas mans do segundo "O marxismo e o problema nacional", de Stalin. Castelao, daquela, caeu seducido pola nitidez e perfeccionismo do razoamento do líder soviético e o método de análise deste pasou ás páxinas perdurábeis do "Sempre en Galiza".
Morto Castelao, Lois Soto síntese o portador dunha antorcha. A súa revista, "Vieiros", móvese na dirección de reforzar o encontro de marxismo e nacionalismo. Luís Seoane vive lonxe de México, pero Arturo Souto e Carlos Velo está con Lois Soto e apoian a súa actividade, que se extende alén do mar até o noso grupo Brais Pinto. As redes están establecidas, os contactos flúen con facilidade nun e noutro sentido, as condicións parecen creadas. Coma unha tuba apocalíptica destinada a acordar a vivos e mortos, Celso Emilio Ferreiro entra en escena con "Longa noite de pedra". Lonxe pero dentro de nós, Xosé Velo concibe o DRIL e tomará o Santa María para admiración do Mundo. De xeito que, en 1963, resultou realidade o soño e os intentos de Xohán Xesús, de Benigno monolingüe e construído en rocha, do Soto pertinaz a aglutinante coma o corazón do acebiño: fundouse a UPG e unha nova etapa política abríase daquela nas entrañas do pobo galego. E a Historia continuou; abofé que continuou.
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN
sábado, junho 21, 2008
A lavandeira coxa do xefe
Conta Xurxo de Vivero no seu libro sobre as aves urbanas de Galicia dunha lavandeira á que lle faltaba un pé e que nembargantes se deselvolvía moi ben polo mundo. Nunha beirarrúa da Avenida das Camelias de Vigo vexo todos os días peteirando ou facendo que peteira no chan unha lavandeira á que lle falta unha daquelas longas e finas patas que a converten nunha zancuda en miniatura. Estou a falar dunha especie que na miña infancia e mocedade só se vía próxima ao home polos camiños da aldea, e aínda polos tellados. Hoxe está no centro das cidades e forma parte do continxente ornitolóxico que modificou os seus costumes e se fixo urbano. Ningún neno acantaza xa paxaros, como faciamos nós con fondas ou tiragomas. Saberán que ás lavandeiras lles presta moito durmir nos canavais, do tipo dos que proporcionan canas para as videiras. A un canaval que eu sei chegaban á noitiña ducias de lavandeiras de toda unha contorna, en Mourente, Pontevedra. E coñecín un rapaz que se entobaba no canaval á espera das lavandeiras, que non o vían no luscofusco. El disparáballe coa espingarda de ar comprimido a moi pouca distancia e facía grande mortandade de lavandeiras. As correntes culturais dominantes respectan hogano moito máis que noutras eras as especies selvaxes. Por iso as especies selvaxes convértense en especies civilizadas, ou sexa cidadás.Eu gosto da lanvadeira, así da esquiva e colorida dos ríos retirados, que non se civiliza nada, como da máis común que leva tamén en galego o nomes vulgares de pastoriña (Vilanova dos Infantes), pastoriza (con seseo, Morrazo) ou paxaro da neve (en castelán, aguzanieves). Seu nome científico é Motacilla alba, á que lle recoñecen unha subespecie máis escura que no é do caso agora.
A lavandeira, patilonga, ten o bico finiño, e nela destaca o rabo que sempre move ao andar. Cando escapa de nós en pequenas voaduras a lavandeira desprega a cola. Chía moi pouco e non asociamos a súa voz con canto ningún. É un paxaro fino, xentil, cuxa observación relaxa o paseante. É unha presenza femenil á que non lle imaxinamos macho.
En latín chamábanlle motacilla/-ae, de onde no século XVIII saiu o nome linneano. Pro este nome dispuña dunha variante, moticella, que os romanos, por etimoloxía popular, facían derivar do verbo moue, -es, moui, motum, mouere, que significa "mover". Lemos en Varrón, a respecto da lavandeira, isto: "semper mouet caudam". Quer decer que estamos a tratar dun paxaro caracterizado visualmente polo feito de que el "estás sempre a darlle ao rabo ou a mover a cola". Por iso mesmo o nome vulgar francés de lavandeira é o de hoche-queue: "a que move a cola de arriba a abaixo". O curioso é que os franceses tamén lle chaman bergeronnette que significa "pastora" en diminutivo, o cal ven ligar con outros nomes galegos da Motacilla alba que xa citamos: pastoriña e pastoriza.
Rematando esta columna vou dar unha volta pola Avenida das Camelias por ver se a miña lavandeira coxa sobrevive na cidade.
quinta-feira, junho 19, 2008
Arraianos dende a periferia da periferia
Dende esta periferia relativamente privilexiada damos conta dunha nova que nos acaba de chegar do outro lado do atlántico a través da nosa correspondente Comandante Xipini. O comisario desta mostra fotográfica, que se inaugura o día 10 de xullo na embaixada de Italia no Salvador, e que nos convida a reflexionar sobre este novo milenio urbano, é o noso amigo ítalo-galaico, Matteo Bertolino.Estamos en el amanecer de un Milenio Urbano. Casi la mitad de la población mundial (3.300 millones) vive hoy en día en contextos urbanos: la creciente urbanización y el paralelo crecimiento demográfico representan fenómenos planetarios y desafíos importantes para las futuras generaciones. Ciudades y periferia juegan un papel central en los procesos de desarrollo y de globalización.
En el 2030 el nivel de crecimiento actual llevará a los países menos desarrollados a triplicar la actual proporción de territorio ocupada por áreas urbanas, mientras para los países industrializados esta cuota crecerá dos veces y media. Por esta razón será el desarrollo urbano una vía posible para reducir la pobreza y para mitigar las desigualdades existentes. Si por un lado vemos como el desarrollo económico ha afectado y transformado realidades urbano-periféricas como las de San Salvador, de Turín o Milán, por el otro vemos como el caso de Asia Central, donde la casi ausencia de una economía de mercado plenamente desarrollada y sus increíble cantidad de espacios geográficos ha dejado un contexto urbano muy distinto, tanto desde un punto de vista arquitectónico-espacial como desde un punto de vista social. Sin duda, el estar menos insertado en el mercado global contribuye a definir las formas y trayectorias de una ciudad-periferia.
Ciudades y periferias como parte de una misma realidad, como piezas en reciproca y constante transformación, como “hechos sociológicos que se forman espacialmente” (G. Simmel), como realidades poliédricas, en constante movimiento, socialización e intercambio, marginación y soledad. La ciudad-periferia es hoy sujeta a varias fuerzas que contribuyen a plasmar su naturaleza; las periferias ya no son ‘realidades lejanas del centro’, ciudades y periferias ya no son definibles en relación a su espacios geográficos: existen periferias muy burgueses y manifestaciones de degradado social en los ‘centros’ de las ciudades. Hoy existe la ciudad como paisaje plural, con su multitud de seños, formas y lenguajes, y con un nuevo vocabulario estético-urbano.
A través de esta exposición se pretende contribuir artísticamente a la actual reflexión sobre la importancia de ciudades y periferias en el mundo, tratando de plasmar las realidades en las áreas geográficas en que cada artista ha realizado sus imágenes, en un marco socio-antropológico de análisis.




