Os socios de Galicia Bilingüe, por exemplo, seguro que non notarán a ausencia de La Vanguardia nos quioscos pola razón de que ela, escrita en castelán, xamais combateu a recuperación do idioma catalán. Estou seguro de que alguén en algures tén moito interese en que La Vanguardia non circule en Galicia.
segunda-feira, julho 14, 2008
O xefe dille adeus a La vanguardia
Os socios de Galicia Bilingüe, por exemplo, seguro que non notarán a ausencia de La Vanguardia nos quioscos pola razón de que ela, escrita en castelán, xamais combateu a recuperación do idioma catalán. Estou seguro de que alguén en algures tén moito interese en que La Vanguardia non circule en Galicia.
sexta-feira, julho 11, 2008
Á espera de Ramón Piñeiro
quinta-feira, julho 10, 2008
No cabodano do coronel arraiano

Uns meses máis tarde, no día do seu aniversario, rendémoslle ao aviador arraiano unha merecida e multitudinaria homenaxe en Lobios e Celanova. E agora xa por fin o seu libro de memorias, Matádeo Mañá, que levaba anos esgotado, volve estar nos andeis das librarías. Queremos mandarlle dende eiquí unha agarimosa aperta á toda a súa familia e moi especialmente á súa dona, Gloria, a quen lle mandamos un bico enorme dende a distancia para lle lembrar que o seu home segue e seguirá a ser sempre un referente para todos nós.
sexta-feira, julho 04, 2008
O cronopio en Celanova
O Xefe homenaxea a Maite
Escribe Maite Gómez Tapia así: "O vindeiro sábado (por mañá) terá lugar no espigón do Parrote, na Coruña, a inauguración dunha imaxe adicada á Virxe do Carme que lle custa ao concello 15 millóns das antigas pesetas. Para instalar esta imaxe retirarase unha escultura adicada á expedición do médico Francisco Javier Balmis, que en 1803 partiu da Coruña coa finalidade de erradicar o virus da viruela (ou vixigas) en América. Por outro lado, o concello de Oleiros vén de inaugurar unha estatua adicada ao mítico guerrilleiro Ernesto Che Guevara... Nunha sociedade que debemos construir desde a democracia, a igualdade, a xustiza e o laicismo é totalmente disparatado que mentres o PP promove manifestacións contra un ser humano que loitou pola xustiza social, o PSOE levante cos cartos de todos unha representación relixiosa nunha zona pública, priorizando a relixión sobre a ciencia". O escrito esta asinado en Meicende-Arteixo.Por as liñas transcriptas eu concederíalle a Maite Gómez Tapia o Premio Nacional de Xornalismo, se o houbese en Galicia. O "Fernández-Latorre" non penso que vaia ser para ela. En todo caso eu fago miñas tales palabras, ás cales simplesmente lles engadirei un escolio.
Debemos afastar de nós a impostura de que a da Virxe do Carme sexa unha devoción antiga e aceite pola Galicia mariñeira e que, consecuentemente, resulte democrático apoiar desde as institucións públicas o seu culto. O laicismo nega a totalidade, e a ciencia histórica clama á falacia. "Nosa Señora da Barca,/ dádeno-lo vento en popa/ que somo-los de Cariño,/ traguemo-la vela rota". A da Barca si non a do Carme, que é un deserto dos interiores do Líbano. Por suposto: "Santo Cristo de Fisterra,/ santo da barba dourada,/ axúdanos a pasare/ o cabo de Touriñana".
Na realidade, a da Virxe do Carmen, a do Monte (non Mar) Carmelo, era unha devoción particular da raíña María Cristina, rexente, mamá de Alfonso XIII. Tal Virxe sacaba as ánimas do Purgatorio mediante un cabo que lles tiraba en forma de escapulario. Escapulario que os frades carmelitas comercializaban e cuxa imposición aseguraba que, ao cumpriren os fieis a práctica de frecuentar a comuñón os primeiros venres de cada mes, eles irían o Ceo sen pasar nin polo fume do Purgatorio (promesa a Margarita María Alacoque). Logo a rexente dona María Cristina inspirou a Real Orde segundo a cal a Virxe do Carme se instituía en patroa da Mariña de Guerra Española, e ségue a selo oficialmente na España nacional católica na que vivimos. Da Mariña de Guerra, non dos mariñeiros.
Mañá a Coruña de Juan Canalejo, de Molina de Brandao/ Vázquez, de Millán Astray, en suma, a Coruña que bate hoxe todos os records en Galicia de permanencia da nomenclatura pública franquista, vai superarse a ela mesma e subsistuir o monumento a un episodio científico e humanitario e por un monumento a esa Virxe do Carme que, ao pouco tempo, o bisneto de María Cristina celebrará a tambor batido na Escola Naval de Marín a seguir da misa de campaña. O bispo ultraísta Del Río acaba de ser nomeado Vicario Xeneral Castrense (categoría arcebispal) con gran acumulado de tenente xeneral e cun soldo que gravitaría sobre min e sobre todo os posíbeis lectores. Ou como proferira o Celso: "Santo Cristo de Fisterra,/ santo da barba dourada,/ axúdanos a pasare/ a negra noite de España".
segunda-feira, junho 30, 2008
Rabo de porco
Lin na prensa que uns veciños do bairro de Rabo de Porco, coido que pertencente á freguesía de Combarro, concello de Poio, queren que o seu microtopónimo ou nome de lugar menor sexa suprimido polas autoridades por consideralo infamante. Cecais obre na reminiscencia destas persoas o sentimento, moi arraizado e antigo, de que os descendentes de xudeus conversos (ditos marraos) tiñan un rabo de porco como prolongación do espiñazo. Os alcumes de Rabino e de Rabiño teñen quizais esa orixe respectivamente en Vilanova dos Infantes e en Cangas do Morrazo. A min non me importaría nada vivir nun lugar chamado Rabo de Porco. "Alegría, alegrote;/ o rabo do porco no pote", que dicían as vellas da aldea.Despois dunha pequena esculca eu cheguei á conclusión de que a vila vella de Montenegro, nun intre incerto da súa existencia, considerou que tal nome era feo. En efecto, monte, en Galicia, ten unhas escuras e ancestrais resoancias negativas; é o sitio das feras e dos medos. Negro, por cima, relaciónase coa morte e con todo o nefasto. De xeito que algún señor do castelo chairego foi un día e decidiu mudarlle a denominación. O que era monte deshabitado pasou a ser vila e o que era negro e laido virou ao seu contrario en branca ou alba. Así naceu o nome da actual Vilalba. Con todo, os Montenegro fidalgos que levaban o M orgullosos no seu brasón non se sentiron afectados e seguiron chamándose de tal modo, como moitos dos seus servos e criados e así este é un apelido bastante usual en Galicia. Mesmo Valle-Inclán e Álvaro Cunqueiro se chufaban de Montenegro en terceiro ou cuarto lugar e aínda, non sei se en serio ou por enredar, dicían ser parentes.
O doutor Antón Palacios, da Facultade de Filoloxía da Universidade viguesa, é autor dun interesante artigo no que explica como algúns topónimos considerados vergoñentos polas xentes ou polas autoridades foron sustituídos por outros na Idade Moderna ou Contemporánea. O caso máis divertente é o da parroquia de Pérros (con é aberto), que en galego non significa nada pois é un topónimo seguramente prelatino. Pro a algún crego castelán, si que lle resultou irrisorio, e mudaron o nome de Pérros polo de Los Ángeles, moito máis celeste. No parou aí a cousa porque no actual Nomenclátor de Galicia aparece galeguizado como Os Ánxeles (concello de Brión). Tamén é verdade que en Samos existe a localidade de Pérros, onde naceu a nai do P. Sarmiento, que permanece co seu nome ancestral moi ben aceite polo veciñanza. E hai outros Pérros. Pois ben, o lugar de Cans, no Porriño, non só nunca quixo cambiar o seu nome, neste caso ben explícito no significado e en galego, senón que lle diu nome a un excelente festival de cinema en formato curto.
sexta-feira, junho 27, 2008
Do Galiñeiro e do Aloia

segunda-feira, junho 23, 2008
O xefe e os galeguistas de Marx
Certo que, no plano da política, Benigno Ávarez (comunista) e Xohán Xesús González (socialista) son os protagonistas da confluencia de que se trata nos días republicanos. A incansábel procura orgánica e teórica de Xohán Xesús emociónanos aínda hoxe. Noutro espazo, as eleccións da Frente Popular ligaron Alexandro Bóveda e Benigno con lazos moi fortes que estaban destinados a producir efectos políticos de longo alcance se non fose porque o golpe de 1936 acabou coa vida de ambos, e tamén coa vida do de Cuntis. E non se pode esquencer que no mundo universitario, a FUE, que xa chegaba a ser FUEG, contaba no seu seo con personalidades tales como un Luís Seoane que xa desde os derradeiros días da dictadura primorriverista amosaba as tendencias rexamente galeguistas pro abertas ao marximos.
O encontro segue a tomar corpo durante a Guerra Civil na que Ramón Esturao (de Xohán Xesús) está ao mando do Batallón Galego de Líster e Castelao, en funcións de lider lexítimo da Patria Galega, entra en contacto con Lois Soto Fernández, o mestre comunista camarada e amigo íntimo de Benigno Álvarez. Na viaxe de Soto e Castelao aos EEUU en 1938 o primeiro pon nas mans do segundo "O marxismo e o problema nacional", de Stalin. Castelao, daquela, caeu seducido pola nitidez e perfeccionismo do razoamento do líder soviético e o método de análise deste pasou ás páxinas perdurábeis do "Sempre en Galiza".
Morto Castelao, Lois Soto síntese o portador dunha antorcha. A súa revista, "Vieiros", móvese na dirección de reforzar o encontro de marxismo e nacionalismo. Luís Seoane vive lonxe de México, pero Arturo Souto e Carlos Velo está con Lois Soto e apoian a súa actividade, que se extende alén do mar até o noso grupo Brais Pinto. As redes están establecidas, os contactos flúen con facilidade nun e noutro sentido, as condicións parecen creadas. Coma unha tuba apocalíptica destinada a acordar a vivos e mortos, Celso Emilio Ferreiro entra en escena con "Longa noite de pedra". Lonxe pero dentro de nós, Xosé Velo concibe o DRIL e tomará o Santa María para admiración do Mundo. De xeito que, en 1963, resultou realidade o soño e os intentos de Xohán Xesús, de Benigno monolingüe e construído en rocha, do Soto pertinaz a aglutinante coma o corazón do acebiño: fundouse a UPG e unha nova etapa política abríase daquela nas entrañas do pobo galego. E a Historia continuou; abofé que continuou.
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN
sábado, junho 21, 2008
A lavandeira coxa do xefe
Conta Xurxo de Vivero no seu libro sobre as aves urbanas de Galicia dunha lavandeira á que lle faltaba un pé e que nembargantes se deselvolvía moi ben polo mundo. Nunha beirarrúa da Avenida das Camelias de Vigo vexo todos os días peteirando ou facendo que peteira no chan unha lavandeira á que lle falta unha daquelas longas e finas patas que a converten nunha zancuda en miniatura. Estou a falar dunha especie que na miña infancia e mocedade só se vía próxima ao home polos camiños da aldea, e aínda polos tellados. Hoxe está no centro das cidades e forma parte do continxente ornitolóxico que modificou os seus costumes e se fixo urbano. Ningún neno acantaza xa paxaros, como faciamos nós con fondas ou tiragomas. Saberán que ás lavandeiras lles presta moito durmir nos canavais, do tipo dos que proporcionan canas para as videiras. A un canaval que eu sei chegaban á noitiña ducias de lavandeiras de toda unha contorna, en Mourente, Pontevedra. E coñecín un rapaz que se entobaba no canaval á espera das lavandeiras, que non o vían no luscofusco. El disparáballe coa espingarda de ar comprimido a moi pouca distancia e facía grande mortandade de lavandeiras. As correntes culturais dominantes respectan hogano moito máis que noutras eras as especies selvaxes. Por iso as especies selvaxes convértense en especies civilizadas, ou sexa cidadás.Eu gosto da lanvadeira, así da esquiva e colorida dos ríos retirados, que non se civiliza nada, como da máis común que leva tamén en galego o nomes vulgares de pastoriña (Vilanova dos Infantes), pastoriza (con seseo, Morrazo) ou paxaro da neve (en castelán, aguzanieves). Seu nome científico é Motacilla alba, á que lle recoñecen unha subespecie máis escura que no é do caso agora.
A lavandeira, patilonga, ten o bico finiño, e nela destaca o rabo que sempre move ao andar. Cando escapa de nós en pequenas voaduras a lavandeira desprega a cola. Chía moi pouco e non asociamos a súa voz con canto ningún. É un paxaro fino, xentil, cuxa observación relaxa o paseante. É unha presenza femenil á que non lle imaxinamos macho.
En latín chamábanlle motacilla/-ae, de onde no século XVIII saiu o nome linneano. Pro este nome dispuña dunha variante, moticella, que os romanos, por etimoloxía popular, facían derivar do verbo moue, -es, moui, motum, mouere, que significa "mover". Lemos en Varrón, a respecto da lavandeira, isto: "semper mouet caudam". Quer decer que estamos a tratar dun paxaro caracterizado visualmente polo feito de que el "estás sempre a darlle ao rabo ou a mover a cola". Por iso mesmo o nome vulgar francés de lavandeira é o de hoche-queue: "a que move a cola de arriba a abaixo". O curioso é que os franceses tamén lle chaman bergeronnette que significa "pastora" en diminutivo, o cal ven ligar con outros nomes galegos da Motacilla alba que xa citamos: pastoriña e pastoriza.
Rematando esta columna vou dar unha volta pola Avenida das Camelias por ver se a miña lavandeira coxa sobrevive na cidade.
quinta-feira, junho 19, 2008
Arraianos dende a periferia da periferia
Dende esta periferia relativamente privilexiada damos conta dunha nova que nos acaba de chegar do outro lado do atlántico a través da nosa correspondente Comandante Xipini. O comisario desta mostra fotográfica, que se inaugura o día 10 de xullo na embaixada de Italia no Salvador, e que nos convida a reflexionar sobre este novo milenio urbano, é o noso amigo ítalo-galaico, Matteo Bertolino.Estamos en el amanecer de un Milenio Urbano. Casi la mitad de la población mundial (3.300 millones) vive hoy en día en contextos urbanos: la creciente urbanización y el paralelo crecimiento demográfico representan fenómenos planetarios y desafíos importantes para las futuras generaciones. Ciudades y periferia juegan un papel central en los procesos de desarrollo y de globalización.
En el 2030 el nivel de crecimiento actual llevará a los países menos desarrollados a triplicar la actual proporción de territorio ocupada por áreas urbanas, mientras para los países industrializados esta cuota crecerá dos veces y media. Por esta razón será el desarrollo urbano una vía posible para reducir la pobreza y para mitigar las desigualdades existentes. Si por un lado vemos como el desarrollo económico ha afectado y transformado realidades urbano-periféricas como las de San Salvador, de Turín o Milán, por el otro vemos como el caso de Asia Central, donde la casi ausencia de una economía de mercado plenamente desarrollada y sus increíble cantidad de espacios geográficos ha dejado un contexto urbano muy distinto, tanto desde un punto de vista arquitectónico-espacial como desde un punto de vista social. Sin duda, el estar menos insertado en el mercado global contribuye a definir las formas y trayectorias de una ciudad-periferia.
Ciudades y periferias como parte de una misma realidad, como piezas en reciproca y constante transformación, como “hechos sociológicos que se forman espacialmente” (G. Simmel), como realidades poliédricas, en constante movimiento, socialización e intercambio, marginación y soledad. La ciudad-periferia es hoy sujeta a varias fuerzas que contribuyen a plasmar su naturaleza; las periferias ya no son ‘realidades lejanas del centro’, ciudades y periferias ya no son definibles en relación a su espacios geográficos: existen periferias muy burgueses y manifestaciones de degradado social en los ‘centros’ de las ciudades. Hoy existe la ciudad como paisaje plural, con su multitud de seños, formas y lenguajes, y con un nuevo vocabulario estético-urbano.
A través de esta exposición se pretende contribuir artísticamente a la actual reflexión sobre la importancia de ciudades y periferias en el mundo, tratando de plasmar las realidades en las áreas geográficas en que cada artista ha realizado sus imágenes, en un marco socio-antropológico de análisis.
segunda-feira, junho 16, 2008
Da fouce e da estrela
Farruco Sesto Novás titulou así, fillo como é da cultura política galeguista, un seu libro de poemas, non sei se o primeiro. El sabía, supoño que tamén Anxo Quintana e Mario López Rico, que Castelao ideara en pleno fragor bélico, 1937, o escudo republicano de Galicia (si: como Atila en Galicia). Neste escudo elimínase o elemento contrarreformista do copón e o Santísimo Sacramento, e o mesmo se fai coas sete cruces das sete provincias representativas do Antigo Réxime. Igualmente, a coroa real desaparece como é regra en réxime de República. No escudo de Castelao hai unha fouce de ouro, que acumula no seu simbolismo a herdanza céltica e a rebeldía dos agrarios e dos irmandiños. No chefe da fouce de ouro campa unha estrela vermella de cinco puntas (nada que ver coa de David). É a estrela da Liberdade e do Socialismo. O escudo é abrazado por un tenente que é serea de longa cabeleira que, polo baixo, ensina, atrevida e algo bulrista, o rabo de pixota. O escudo da serea, da fouce e da estrela leva, no deseño de Castelao, unha lexenda: DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS. Coido que algún día este será o escudo oficial de Galicia.Durante a guerra de España o Batallón Galego do V Rexemento XI División de Líster púxolle unha estrela vermella de cinco puntas á súa bandeira azul e branca de combate. Na clandestinidade do franquismo, a UPG e a ANPG tamén impuxeron a estrela vermella de cinco puntas no centro da bandeira, co cal lle deron unha nota de viveza e de cor que suxería a máis Liberdade e a máis internacionalismo. Os mozos nacionalistas díronlle en chamar á bandeira galega coa estrela vermella, "bandeira da Patria". A min sempre me fixo moita graza esta denominación. "Madrid está inundado de bandeiras da Patria", díxome emocionada por teléfono Oriana Méndez o día no que Nunca Máis ocupou a Corte para admiración do Mundo. A renuncia á estrela feita pública por Quintana e López Rico ten un fondo significado. O Bloque quer mudar de base e non gosta dos votos obreiros que lle vén canalizando a CIG e a esquerda social do País, gostantes da estrela vermella do internacionalismo proletario unida á idea de independencia. O BNG quer agora os votos dos señores do diñeiro fácil por iso o seu conselleiro de Industria sacrifica a imaxe maternal da Patria á infección das eólicas sen taxa. Quer os votos dos capitalistas, e a estrela espavéntaos. O que non sabemos é se San José pode mover tantas papeletas na urna como move a central sindical CIG. En todo caso xa o iremos vendo. O sindicalismo de inspiración marxista e de orientación nacionalista naceu e forxouse na loita clandestina. Eu opino que é vai ser imposíbel fundar agora unha patronal do tipo do Fomento do Traballo catalanista que lle tornera uns fantasmáticos votos burgueses a un BNG convertido en pujolista. En todo caso, é cousa do BNG e non miña nin dos que siguen en Galicia arelando, vivindo e pensando so o signo e resplendor da estrela vermella.
sexta-feira, junho 13, 2008
No surrealismo de Lugrís
Agora acredito en que a peza máis importante do surrealismo literario que chegou á miña vida é o poema "La balada del puerto de Os", da autoría de Urbano Lugrís. Atlántista e entrefrebado de reminiscencias galegas e célticas, o texto de Os ambicioso e potente, encóntranse conmigo cando eu teño dezasete ou menos anos. Estou vendo a revista, Atlántida da Coruña, todo un festival para a vista. Estaba sobre a mesa de publicacións periódicas á entrada da Biblioteca Pública de Pontevedra, ano 1954. Nese ou noutro número da Atlántida o mesmo Lugrís escribía sobre Jules Verne e aparecían deseños do Vinte mil leguas que me entusiasmaba tanto por aquel tempo. Lin o poema de Os e sentinme mergullar nun líquido descoñecido que me perturbou os sentidos. Eu non o sabía, daquela, pero estaba entrando nunha dimensión literaria e visual da que só tiña unha vaga noticia: os decorados da película que se difundía daquela como Recuerda (Hitchkok) nos que figuraban decorados de Salvador Dalí. E unha palabra que aínda non tiña sentido para min e que cantaba extrañamente como "Surrealismo". Por cima, aquel surrealismo se mesturaba cun fondo mítico nacionalista galego no que eu estaba a penetrar por outros lugares, por moito que o poema estivese escrito en castelán. Para rematar: impresionoume o verso clasicista, medido, de empaque e factura elegante no que se envolvía unha voz finxida e fría. Pasaron os anos, moitos anos, e a cidade de Os viña ao meu recordo sempre, e, sen reler xamais o poema, este aparecía moitas veces de xeito inesperado na páxinas do meus contos, dalgunha das miñas novelas. No Grímpola de Vigo, no América de Compostela, os murais de Lugrís vistos e revistos un milleiro de veces obrigabanme a repetir para min a palabra Os. Hoxe volvín ler o poema nun libro precioso que acaba de sacar a editorial Alvarellos: Urbano Lugrís, Balada de los mares del Norte, edición a cargo de Olivia Rodríguez, á que gostamos chamar Olivia Tudela, que ademáis acompaña un prefacio sumamente fino e intelixente. A lectura desta recopilación exhaustiva dos escritos literarios do pintor Lugrís produciume o efecto dunha carga de profundidade coma as de Tiburones de acero, que é como se distribuiu en España unha película inesquencíbel de submarinos por Tyrone Power. Envíanos Olivia un libro marabilloso coma un título de William Saroyan. Coma un coitelo, coma unha flor, como absolutamente nada no mundo. Logo veu Margarita Ledo e mellorou a secuencia: parolar cun eu, cun intre, cun insecto. No corazón deste libro belísimo e saudoso figura, como peza principal, a balada de Os. Non se trata, non, da vila real de Os que hai en Noruega, nin da vila de Is que esta cecais asolagaba en algures. Non, esta non é unha cidade solagada, nin Antioquia nin Valverde. É unha cidade maldita, morte ou cuase morta. Moncha Fuentes asegúrame agora que a de Lugrís en realidade é o destacamento militar de Orsenna que aparece, para nosa confusión alucinada, na novela tamén surrealista ou así A ribeira das Syrthes de Julien Cracq, quen acaba de morrer aí a trás.
segunda-feira, junho 09, 2008
o xefe fai memoria
Se no pasado o Vaticano non confiou tanto en Eijo Garay como para lle conceder a púrpura cardealicia non penso que hoxe estea disposto a culminar un proceso de beatificación con conclusións favorabeis á causa. Eijo Garay foi un íntimo colaborador de Franco e a súa ideoloxía confesa non era a dun católico carca e conservador senón a dun estricto fascista de signo confisional. Se lermos os seus escritos políticos veremos que consideraba a José Antonio Primo de Rivera moi altamente, xa que este, ao revés de Ramiro Ledesma, tivera a habilidade de unir o ideal totalitario co catolicismo. A Eijo Garay gustáballe moito a sentencia joseantoniana que definía o home como "portador de valores eternos". Cando a actual dereita española fala de "valores", e faino decote, eu sempre me recordo de José Antonio Primo de Rivera, de onde procede a dereita española, inclusivemente a fracción galega bugallalista cuxa faciana é un Rajoy a piques de pasar a condición de prea política. Eijo Garay foi, sí, un vigués (recriado en Sevilla, é certo) que viviu os días de máxima represión fascista, nesta cidade na que escribo, sen mover un dedo en favor de ningún preso, sen pedir o indulto de ningún condenado a morte, sen estorbar un paseo sanguinario, non sendo (é fama) o dun seu irmán ou medio irmán cenetista.
Falangista confeso, teorizou mellor ca ninguén a falaz harmonía de clases para a que os sindicatos verticais foron activados, servíndose como axuda das encíclicas Rerum Novarum e Quadragessimo anno. É Eijo Garay un dos autores do nacionalcatolicismo español e a súa pluma e o seu razoamento, se se pode chamar así, transparecen en infinidade de discursos do Caudillo. Era o bispo falangista que advertía que España non necesitaba "amazonas" e preconizaba unha Sección Femenina consagrada a formar nais e non mulleres autodeterminadas e traballadoras. Eijo Garay proclamou que o deporte está ben pro que non pode caer no "neopaganismo" nin no culto aos corpos humanos con pouca roupiña. Para el, a instrucción Premilitar formaba parte do programa pedagóxico social das mocedades de España. Defensor a ultranza do totalitarismo, este antecesor de Rouco Varela foi o conselleiro principal de Franco no proceso de unificación da Falange e do Requeté que diu lugar ao partido único Falange Española Tradicionalista y de las J.O.N.S.
Supoño que con isto a Consellaría de Educación terá argumentos para lle retirar o nome de Eijo Garay a un colexio público e o concello de Vigo a unha rúa. En Coruña, Juan Canalejo continúa a facer "guardia sobre los luceros".
segunda-feira, junho 02, 2008
O xefe colle a línea polos camiños da vida
Cando eu era neno e aínda mozo non se usaba en Galicia a palabra "autobús", e menos "bus". Os urbanos de Ourense á estación do tren chamábanse "carritos" e en outras cidades había tranvías e logo houbo trolebuses (ditos "troles"). Aos autobuses interurbanos (ou interaldeáns) chamabámoslle "coches de línea" ou "líneas". A palabra "empresa" non tiña os valores semánticos que hoxe a enchen e "empresas" eran exclusivamente as dos "coches de línea". Non se podía decer "de liña" porque a liña, especialmente na costa, era, e é, unha corda ou baraza que se utiliza para pescar e tamén calquera fío. O minifundio dos transportes para humanos compúñase de nomes como estes: Empresa Castromil, Empresa Suárez, Empresa Villalón, e así. Ao falarmos de viaxes en "coche de línea" falabamos de "coller o Cerqueiro" ou "o Celta" ou "o Industrial".Castromil, na derradeira etapa como empresa independente, tivo a boa iniciativa de poñerlle ás súas "líneas" nomes de escritores en galego, comezando, por suposto, co de Ramón Otero Pedrayo. Logo, a empresa imprimiu para distribuir entre os viaxeiros unha serie de contos en galego de varios autores. Aínda o Castromil, coido que con diferente propietario, sirve coas súas "líneas" á Academia Galega nas frecuentes deslocacións da institución por toda a xeografía do noso País.
As empresas de transporte de pasaxeiros son moitas en Galicia e o panorama que presentan nas estacións de autobuses é abigarrado e de difícil comprensión para os estranxeiros, aínda que grandes compañías están a devorar estes tempos as medias e pequenas empresas familiares. Con todo, algo tén o "coche de línea" en Galicia que o converte en familiar, tradicional e moi literario.
Otero Pedrayo, antes mentado, escribiu unha triloxía narrativa baixo o título de "Os Camiños da Vida", título que eu lle pedín emprestado ao meu Mestre para usar como lema dunha das miñas colaboracións neste xornal. Pois ben, esoutro día cruceime cunha "línea" que ostentaba como lema "Os Camiños da Vida". Observei que pertencía a unha empresa dita Dosil e domiciliada na Ponte Nafonso, Noia. O caso é que Otero Pedrayo falaba moito desta famosa ponte e Noia é unha das máis enxebres vilas ou cidades literarias de Galicia, mormente despois de pasar polo mundo Antón Avilés de Taramancos.
quarta-feira, maio 28, 2008
O xefe recibe o Premio Nacional de Literatura

O xurado destaca que Ferrín protagoniza o cambio de rumbo estético das nosas letras nas décadas dos sesenta e os setenta, e valora igualmente o forte compromiso político da súa obra narrativa e poética.
Dáse a circunstancia de que hai unhas semanas Méndez Ferrín criticou publicamente algúns aspectos da organización dos Premios Nacionais de Cultura, dos que dicía "amosan a mentalidade colonizada de que falamos pesia ao inequívoco adxectivo de Nacionais". En concreto, o autor esixía que se crease un galardón para cada xénero literario, como de feito sucede nos premios estatais de cultura entregados polo Ministerio, e que se equiparase a contía económica dos galegos (15 mil euros cada un) cos españois (20 mil en cada categoría).
sexta-feira, maio 23, 2008
Pola carniza de monte e de mar
O xefe fala unha vez máis da vida e da putrefacción. En defensa da carroña e da carniza. Pura poesía e sustentabilidade, puro sentido común do que alguén debera tomar nota. E se non que llo digan aos gandeiros que cada ano sofren os estragos do lobo nos seus rabaños. Coa instalación dalgúns pudrideiros polo país solucionaríanse estes problemas e a morte xeraría vida de novo...
Teño entendido que encallaron estes días unha balea grande e outros cetáceos máis cativos na costa de Oia, entre cabo Silleiro e a praia do Fedorento, na Guarda. Din os xornais que están levando estes animais (seguramente Tragsa) para seren incinerados en Cerceda. O becho maior en volume parece que está mau de mover e non sei se o evacuarán ou xa o evacuaron por vía marítima.Todo o mundo está de acordo en que é normal retirar os animais mortos do monte ou da costa e facelos desaparecer por cremación. Eu discrepo, polo que me vexo en minoría.Penso que os cadáveres dos mamíferos mariños deberían ficar onde os botou o mar para alí podreceren. Cada cadáver é unha fonte e unha explosión gozosa de biodiversidade. Debemos entender as preas ou cadáveres de animais como teatro de nacemento, reprodución e morte de milleiros de individuos vivos e centos de especies que grazas a descomposición orgánica multiplican os seus sistemas orgánicos. Ver a putrefacción como algo maldito e indesexábel, non é unha actitude ecoloxista. Os cetáceos varados na costa deberían ficar alí e culminar o seu proceso de descomposición no mesmo sitio no que foron botados en seco. Este e os seus fillos microscópicos ou maiores darían conta das partes mergulladas do animal en tanto que outras entidades vivas de respiración aérea favoreceríanse das zonas corporais que emerxeron.En todo caso, e de non ser aceptados os cadáveres pola veciñanza humana, pensamos que o seu destino alternativo debera ser a rede de pudrideiros do monte galego que non existe como existe en Asturias e noutras comunidades de España e de Europa. Constitúe un grave atentado ecolóxico substraerlle á Natureza o acontecemento colosal e farturento dunha comprida balea defunta.Nunha prosa célebre (polo simpática) Dieste conta o caso dunha balea encallada nos Lombos do Ulla ou así e de como os de Rianxo e os de Carril desputaron pola titularidade do corpo do cetáceo. A min gostaríame mirar os de Oia e os ecoloxistas e toda a cidadanía, como se di agora nos círculos do poder autonómico, unidos para impedir que a balea ou baleas sexan levadas da nosas costa a fin de que o lume as reduza a cinsas. Charles Baudelaire escribiu un día un poderoso poema en homenaxe á beleza dun corpo de animal putrefacto que Lois Tobío verqueu ao galego co título de "A prea". O poema podería recollerse no cartel dunha campaña, hoxe impensábel, en defensa da carroña, da carniza, da presa, dos cadáveres en descomposición como centros de vida que deben ser protexidos.A balea é un animal (non sei por que) moi solicitado pola nova poesía galega. Supoño que as e os poetas (moitos) que procuran a balea como símbolo ou metáfora ou referencia faranno pensando en baleas vidas. Algún día, espero, á sombra de Baudelaire xurdirá unha poética das baleas mortas, máis dialéctica e menos soñadora.Para min, a máis relembrada bas baleas literarias non é Moby Dick, senón a que encallou nas ribeiras do Miño ao seu paso por Ourense segundo relataba "La Región" o Día de Inocentes de 1947.
segunda-feira, maio 19, 2008
O xefe e Curros
Foi inaugurada na Casa dos Poetas de Celanova unha conmovente exposición sobre recordos e pertenzas de Curros Enríquez, no centenario do seu pasamento e enterro na Coruña. Boa nova que conxugaremos co traslado do monumento a Curros dendesde seu desterro ao centro de Vigo de onde un alcalde franquista o tiña expulsado. A exposición de Celanova leva o rubro dun poema dedicado a Rosalía por Curros: NA FRENTE UNHA ESTRELA. A estrela, como símbolo da Liberdade, do Xenio, da Enerxía Criativa, da Emancipación. Trátase seguramente da estrela vermella de cinco puntas que Castelao puxo onda unha fouce de ouro no escudo republicano de Galicia, deseño que, obviamente, non figura entre os símbolos oficiais hoxe, por non ser de substancia autonómica senón nacional e popular. De modo que a exposición de Celanova chámase NA FRENTE UNHA ESTRELA. Ordenou de facer a exposición a Academia Galega e executouna, co concurso do Patronato Curros Enríquez, X.L. Axeitos. Beizón aos leais e pertinaces!Daquela eu lembrei un día en que subín a Celanova en bicicleta. Era o 16 de setembro de 1951 e todo estaba preparado para a inauguración do monumento a Curros por Asorey (ou polo irmán de Asorey, segundo me di o citado Axeitos). Tamén en 1951 estaba en Celanova a Academia e tamén escomenzaba alí a súa tarefa silenciosa o Patronato destinado a perpetuar a memoria do bardo na súa Terra. Houbo críticas daquela por non se ter usado moito o idioma galego nos discursos. Eu penso que ao final do verán de 1951 había medo en Celanova, e medo ben xustificado. Terían medo a usar o galego os académicos e demais oradores. Tamén Daniel Calzado, ex-alcalde da Frente Popular de Tomiño, que representaba oficialmente no acto ao Centro Gallego de Buenos Aires, onde se encontraba exiliado, e, in pectore, ao Consello de Galiza do que había de ser derradeiro secretario.
O caso é que a BPS e a Brigadilla da GC desarticularan (1947) en toda a Galicia a "Organización de Intelectuais Libres" (OIL) e prenderan grande número de persoas relevantes, como foron o avogado e economista Valentín Paz Andrade, o escritor Francisco Fernández del Riego, o rexistrador Alejandro Otero, o médico Ramón Baltar ou o tamén médico Darío Álvarez Blázquez. Supoño que os actos académicos de Celanova en 1951 estiveron moito ben controlados polos servizos represivos e mesmo Otero Pedrayo vería coutada a súa tendencia eruptiva a citar Castelao e a falar galego en público con aquel aceno de quen fai ondear unha bandeira subversiva, tan característico.
Tamén lembro o día no que diante do monumento a Curros fixo un alto o cadaleito de Celso Emilio na súa marcha ao cemiterio de San Verísimo de Celanova en agosto de 1979. Daquela, Santalices chegou de Bande para, rachando un protocolo mísero, ler o que era seguramente o derradeiro poema escrito por C.E. Ferreiro Miguez (non Míguez). Curros, en bronca, fita dignísimo e desafiante o convento. Hoxe a súa ollada crúzase e cruzarase por sempre coa ollada tamén metalizada do Celso Emilio Ferreiro de Acisclo Manzano, este noutro lugar da mesma praza da antiga Botica abacial.
Crónica de Santos Cabana para as Redes Escarlata
2008, Día das Letras, no serán, en Cacheiras, local social da
Rosalía de Castro, asociación cultural. Organiza esta asociación
cultural e o concello de Teo, da man da súa concelleira de cultura,
que é hogano a man sabia e certeira de Carme Hermida.
Anxo Angueira, escritor, poeta, da terras de Iria, Leo, poeta e
músico, de Matamá-Vigo (Leo e Arremecághona), Aser Álvarez, de
Celanova (O ruideiro arraiano) son protagonistas do acto.
Vai de memoria, non vou procurar agora o programa: a música e a
voz de Leo lévannos ao mar de Vigo coa poesía de Martín Codax. A
voz sólida de Anxo Angueira convoca a Xohan Airas: palabras do
século XIII que percorren terras de Lampai, concello de Teo segundo a
división administrativa actual. Lampai, probablemente das Terras de
Iria, Lampai, terra de canteiros que aínda procuran hoxe as mellores
pedras no monte, que son as pedras que miran o mar de fronte.
Vén despois Rosalía. O poema da santa e da costureira. Ai miña
santiña, miña santasa!, como describir a voz sólida de Anxo
enchendo cada recanto do local social e facendo que escoite,
reverente e cómplice, o público heteroxéneo que aló estabamos,
desde o actual presidente do consello da cultura galega até os dous
nenos de catro/cinco aniños de Teo que se sentaban diante de onde eu
estaba e que abrían os ollos para beber as palabras de Rosalía, viva
e sen pranto, que non convén chorar máis. Todas, todiños entregados
xa á palabra nesta viaxe pola nosa poesía nacional.
(Non podería faltar a excepción: catro adolescentes reclamando a
atención dos estúpidos, que remataron por lle facer caso a Xosé
María Lema: ídevos para Castela; ou a Paco Fernández Rei: por que
non ides para fóra?)
E aquilo só era o comezo. Versión de Leo coa música de Batallán
do poema de Curros dedicado a Rosalía: ai dos que levan na frente
unha estrela/ ai dos que levan no bico un cantar. E descubrimos un
Anxo Angueira que emula a Compay Segundo, potente segunda voz, e ían
xurdindo cómplices espontáneos entre o público a corear o refrán:
ai dos que levan na frente unha estrela/ ai dos que levan no bico un
cantar...
E os feros corvos do Xallas. A voz baril de Angueira, Pondal baril
en Teo. E Cabanillas, o himno agrario na guitarra e na voz de Leo,
composición de Suso Vaamonde. E fomos ficando sós, Manuel Antonio,
nós, o barco e máis nós sós, /Sinn Féin/.... e o son dun
instrumento de vento artesán fixo entrar no auditorio o frío da
soidade. Toca falar agora de Aser Álvarez de Celanova, do ruideiro
arraiano, que percutía, ou sopraba artefactos dos que supoño que
será el propio o inventor, ou ?ruidaba ruideiro? coa súa gorxa
admirable. Aser Álvarez de Celanova, o ruideiro arriano, que foi quen
de lle pór rima sonora ás palabras que recitou Anxo, ás palabras
que cantou Leo. E de que maneira! Arremecághona!.
Pensade agora nas cunetas de Pimentel, na voz de A.Angueira,
Galicia ametrallada nas cunetas.. Pensade na vea satírica de Celso
Emilio en cántiga de Leo, que os mortos que vós matades/ os mortos
que vós matades/ gozan de boa saúde. Pensade na poesía amatoria de
Cunqueiro. Pensade no oulear do lobo no Courel no poema de Novoneyra e
se cadra escoitaredes o ritmo perfecto do recitado de Angueira e o
perfecto oulear de lobo que sae da gorxa do ruideiro arraiano, e a ver
se forades quen de sentir en arreguizo a profunda dor que aniñou no
peito de María Mariño, ou se sodes quen de gozar do estalo na boca
do zume das uvas douradas ou brancas ou tintas de acio roubado na
infancia por Álvarez Blázquez nas parras que medraban nas ruínas do
pazo.
E o punk rock choutou nas composicións de Leo (de non perder o seu
libro de haicús, titulado /Hai cú/). Punk rock, mais só refráns na
letra, díxonos Leo. Para que nós puxeramos o resto. Precísase a
guitarra e a voz de Leo e a percusión do ruideiro arraiano para
achegarse a calquera deles. Poño a seguir un que vale como exemplo de
precisión, que non necesita de ningún bis porque se refire á vida,
e a vida seica non permite bises:
Buaaaaa....!
Chaca-Chaca.
Pin-pum.
E a malla, a malla de Manselle, un fragmento de /Pensa Nao/, prosa
que é cántiga de traballo labrego de progreso, os motores diesel a
bruar na malla de Manselle e na infancia do autor, tamén infancia
azul de mar azul ou de flor de liño azul ou de sementes de liñaza a
caer grao a grao na cunca da man dun neno ou o olor, o olor de
berberecho asado en lareira pobre na aldea de baixo na casa da señora
María...
Todo iso, e moito máis, pasou un serán, no local da Asociación
Rosalía de Castro, en Cacheiras, Teo, 145 anos despois de que
Rosalía de Castro asinase /Cantares Gallegos/, o mesmo día que o seu
home, Manuel Murguía, cumpría 30 anos. A poesía galega ocupou o
local e o peito de todos e todas as asistentes.
Eu tiven a sorte de estar alí.
Saúde, redeir*s.
Xosé Luís Santos Cabanas.
sexta-feira, maio 16, 2008
O xefe fala das freguesías
A UPG recollía nos seus puntos fundamentais (1963) a vella reivindicación, asociándoa a unha reforma que abolise as provincias e as súas deputacións e que crease unha división territorial en comarcas. Daquela, a UPG clandestina sentíase reforzada por toda a tradición do nacionalismo e, moi especialmente, por Sempre en Galiza de Castelao que explica bastante ben o asunto. Nesta liña nacionalista, antes da Guerra Civil houbo concellos que, basándose en lexislacións favorabeis, lle concederon a "autonomía" a unhas cantas parroquias. Moi perto de onde eu escribo teñen realidade administrativa as de Bembrive (Vigo), Morgadáns (Gondomar) e Camposancos (A Guarda). Unhas poucas máis, todas baixo a denominación de "entidades locais menores" e todas nun réxime anticuado e sen capacidades suficientes, viven ou arrastran unha existencia caquéctica no resto de Galicia.
A situación é esta: a lexislación vixente en materia de réxime local permite que a vella aspiración nacionalista poida ser levada á práctica en toda Galicia. E ben, en ningún concello, que eu saiba, foi activada ningunha entidade de nivel inferior ao concello. Iso si, algunhas municipios puxeron carteis co nome das súas parroquias para o viaxeiro ser sabedor, aínda que a información só constitúe unha curiosidade toponímica pois que xurídicamente as parroquias siguen a ser inexistentes.
Por outra banda, e dado que as parroquias son reais cultural, territorial e poboacionalmente, o instinto de conservación e a forza identitaria dos homes e mulleres que as integran ocasionou que flocesen unhas "Asociacións de Veciños" de caracter privado que subplantan o sustitúen aos órganos de caracter público de que deberían estar dotadas as fregue-sías ou parroquias. O caso é que as únicas parroquias non valeiras de contido de Galicia son as que mantén, vivas ou moribundas, a Igrexa Católica.
Eu penso que nin as Asociacións de Veciños, nin as Comunidades de Montes ou de Augas, nin moito menos a Igrexa Católica, deban seguir a representar fraudulentamente a realidade parroquial de Galicia, así rural como urbana ou periurbana. O curioso é que en canto saímos de Galicia e entramos en Castela-León, as entidades inferiores ao municipio florecen como Juntas de Distrito ou Pedanías. Nas grandes cidades tamén se funciona así: poñamos que falo de Madrid. E alí non tiveron Asemblea de Monforte!
En canto ao Sul, as Cámaras Municipais de todo Portugal funcionan baseadas nas súas Juntas de Freguesia, e a lei portuguesa parece estar feita expresa para o corpo social e cultural galego.
Nin a dereita nin a esquerda, nin o nacionalismo nin o sucursalismo pensan como penso eu (e algúns máis, afortunadamente). O que fai que me sínta nesta materia incómodo e en minoría. Recomendo a lectura dun artigo de X.M. García Crego (en Espiral) que tivo a virtude de activar desde a raíz o asunto da freguesía administrativa en Galicia. Trataremos de reeditalo; isto non queda así, non pensen.
Sen fronteiras (ponte nas ondas)
PONTE DO MEU LADOA ponte serve para atravessar
a ponte serve para ligar
a terra que a água desuniu
os dois lados do mesmo rio,
a ponte serve para nos juntar
A língua serve para falar
a língua serve para beijar
quem nos fala ao coração
e nos segura a mão
a língua serve para nos juntar
Ponte deste lado,
a ponte que me leva aí
põe-te ao meu lado
e fico pertinho de ti
http://www.youtube.com/watch?v=zrlPR7bp_T4
quinta-feira, maio 15, 2008
Porcópolis é vexetariana
Non quero que me vexades a cara e támome coas orellas longas e caídas... porque sinto vergoña do que realmente son. Estudie nutricionismo e acabo de tomar conciencia de que son un auténtico porco celta galego e non fago máis que martirizarme por pensar que son o rei do cebadeiro e da artesa galaica e non paso de ser un humilde, feble e amariconado vexetariano... Así nos vai, claro que aínda non fomos quen de nos facer carnívoros e facer unha limpeza selectiva de certos humanos neste país de sinxeitos... E que xamóns habería e que país tan civilizado, que diría don Ramón dende o cadaleito!
sexta-feira, maio 09, 2008
Unha gran minoría
Comecei a estar en minoría a este respecto cando o ministro franquista Villar Palasí promoveu, co concurso de profesores do PCE e do Opus Dei, a reforma do ensino en España na que se contiña a desparición da Universidade Napoleónica, que así de despectivamente lle eles chamaban. Eu non crin naquela reforma, que continúa nos nosos días. En materia de ensino primario, medio e universitario a reforma franquista de Villar Palasí non fixo senón continuar impulsada, no réxime actual, pola UCD e o PSOE sen oposición de case ninguén pola esquerda.
Eu estou en minoría porque creo que a misión da Universidade é a de ensinar, e só secundariamente a de investigar. Creo que as Faculdades só poden ser as que se consagren á docencia das grandes saberes, e que nin o xornalismo nin as belas artes nin os seguros nin a publicidade deben ser ensinadas na Universidade senón en centros dignos pro de caracter diferente. Creo que os plans de estudos deben ser maximamente xeneralistas e que, sobre bases de cursos preparatorios, a especialización debe promoverse na Universidade só en estado de xermolo. Creo que, á marxe da Universidade, deberían existir Grandes Escolas (claro que napoleónicas) con internado e profesorado propio de elite, destinadas a formar basicamente en ciencias, técnica e humanidades aos mellores fillos do pobo galego, gratuitamente e a costa do erario público, preparándoos para a dirixencia social. Creo que a investigación debería promoverse: a) á marxe da empresa capitalista; b) nunha Academia de Ciencias segundo o modelo socialista. A Universidade debería dirixir os seus esforzos a constituir unha Formación Profisional da meirande esixencia e no nivel máximo. Polo cal a Universidade só debería ser pública. E creo na Lección Maxistral, e en que esta deba dictarse coidadosamente preparada polo Catedrático e preferentemente escrita e medida. Creo na xerarquía da ciencia e que o máis sabio debe ser o Mestre, se está dotado para a docencia. Creo na oposición en turno libre pra que todos os homes e mulleres do país en posesión do título de doutor ou doutora podan competir entre si polas prazas universitarias, en exercicios públicos nos que se inclúa precisamente a trinca e o debate. Creo que o único mérito adicional que poida influir nas oposicións sexa o das publicacións recoñecidas no universo académico. Creo na gratuidade das matrículas e na exclusión dos alumnos non dedicados ao estudo, no caracter necesariamente democrático da Universidade e na misión galeguizadora que as faculdades nosas deben asumir.
Estou en minoría.
segunda-feira, maio 05, 2008
O xefe fai memoria de Carmiña Graña
En Galicia, cando se pensa no exilio, xorden, xorden as figuras de Castelao, de Casares Quiroga, de Dieste, de Lois Soto, poñamos por caso os máis obvios. Eses son os exiliados de 1936-1939. Pro poucos son verdadeiramente conscientes de que no exilio estiveron tamén Margarita Ledo, X.M. García Crego, Maximino Cacheiro, Moncho de Barreras, Foz ou Carmiña Grana, entre unha nube de outros e outras. Todo os ditos, e máis, encóntranse hoxe activos laboral e politicamente e participan moi solidarios e discretos nos movementos en favor da memoria histórica de 1936. Son horas de que se vaia falando da historia completa da Resistencia ao franquismo en Galicia de 1936-39 a 1975, aínda que a crónica da guerrilla está xa moito adiantada felizmente.
Carme Graña Penedo chegou a Madrid nos anos sesenta e conectou de inmediato, no círculo legal do "Club de Amigos de la UNESCO", coa UPG, da que pasou desiguida a formar parte. Sempre ligada ao aparato de propaganda, lugar da máxima esixencia de disciplina, as campañas de Castrelo de Miño do 64 e do primeiro Día da Patria Galega do período franquista tiveron a esta compañeira como elemento fundamental. Á caída da estación impresora central da UPG situada no Morrazo, cuxo responsábel era Moncho Reboiras apoiado en Camiña Graña, esta pasou á clandestinidade e, coa BPS e a Brigadilla da Garda Civil apegada aos seus calcañares, foi retirada a Cataluña e desde alí pasada a Francia polo Pireneus coa axuda nunca ben encomiada dos anarquistas e de Puig Antich en persoa. Asentada en París, e logo no Porto despois do 25 de abril, a nosa amiga foi elemento valiosísimo para a UPG e a ANPG en tempos de expansión destas organizacións. Xa de regreso á Patria, Carmiña Graña seguiu o camiño difícil e amargue do independentismo e integrou o PGP,Galicia Ceibe e formou parte fundamental da actual FPG, que é onde se encontra.
Ogallá que esta homenaxe a Carme Graña, alén de a honrar a ela, contribúa a abrir un novo tempo de estudo e análise da historia completa da Resistencia ao franquismo en Galicia.
segunda-feira, abril 28, 2008
Arraianos apoia a Dionisio Pereira
historiador Dionisio Pereira.
Hai un documento de apoio para o que se piden sinaturas e que será remitido
aos presidentes do Goberno de España, do Congreso dos Deputados e do
Senado. No caso de que esteas disposto a apoiar estar campaña,
pregámosche que envíes os teus datos (nome e apelidos; institución:
universidade, instituto, asociación; localidade, país) a
h-debate@cesga.es
O xefe fala de Julio e do Río
sexta-feira, abril 25, 2008
Celso Emilio volve rapeando
No cedé musical que acompaña a acabada de publicar Fotobiografía de Celso Emilio Ferreiro recóllense 15 cancións armadas arredor de textos do poeta de Celanova. Catorce proceden de gravacións históricas de xentes e grupos tales Luís Emilio Batallán, Pilocha, Fuxan os Ventos, Xavier, Manuela e Miguel ou Suso Vaamonde. Pero a compilación agacha un inédito: Deitado frente ao mar... na voz do mc de Dios Ke Te Crew (DKTC), García, e con bases de Mou, da mesma banda hip hop. A "lingua proletaria do meu pobo" comparece rapeada e revela, segundo García, "a total contemporaneidade de Celso Emilio, o Celso Emilio rapeiro".
O mestre de cerimonias de DKTC lembra como accedeu á lírica e á épica do poeta de Celanova grazas a un agasallo. "Un colega regaloume Longa noite de pedra e falárame do poema Son un pasmón como un perfecto rap. Prometinlle que, cando volvese á súa casa na Ribeira Sacra, tería gravada a versión, e así foi". En Son un pasmón Celso Emilio ataca a civilización do automóbil e opta por unha cidadanía crítica. "Son un pasmón vai contra o AVE", bromea García, "chama á calma". Cantado polo hiphopeiro de Ordes, o texto de Longa noite de pedra e as súas rimas internas e externas, semella escrito especificamente para esas músicas afroamericanas do gueto.
Malia a que Son un pasmón soou nun par de concertos de Dios Ke Te Crew, "trátase de algo máis persoal, unha teima, pero sempre dentro do colectivo". E o poeta galego máis sonado da resistencia contra a ditadura foi quen conectou ao mc co cantautor punk O Leo i Arremecághona. "Chamounos Aser Álvarez para presentar o monográfico da revista Arraianos sobre Celso Emilio e alí coñecín a Leo", lembra divertido García, "Celso Emilio como unha caste de chamán". Daquel encontro naceu o proxecto Labregos do Tempo dos Sputniks.
"A idea de Labregos ... [o nome procede doutro poema do totémico Longa noite de pedra] consiste en glosar a Celso Emilio", relata Leo Fernández Campos, "entre o punk, o rap e o cantautor". Fernández Campos, ideólogo e intérprete de O Leo i Arremecághona, refírese ao carácter "indómito" desas "músicas de protesta" que enlaza coa obra do poeta de Celanova. "O cantautor de combate, o punk e o hip hop, que actualiza a rebeldía musical e procede da rúa, son os estilos que ao poder máis lle custa asimilar", afirma. O Leo prepara, arestora, unha ranchera co poema Eu son o rei de min mesmo como letra.
A reutilización da poesía na música pop soborda arestora as operacións insurxentes sobre o corpo escrito de Celso Emilio dos labregos do tempo dos sputniks. O electro pop, cadora máis estilisticamente flexíbel, de Fanny + Alexander confirmouse co seu primeiro disco longo, o ano pasado, Finais dos 70, comezos dos 80. Da man de certa indietrónica, F+A valéronse de letras detectadas en poemas de María do Cebreiro, Pilar Pallarés, Lois Pereiro ou Carvalho Calero. Noel Feáns, unha das dúas patas do grupo, confesa irónico: "Temos dúas razóns diferentes para facer cancións con poemas. Unha, por que facer algo non moi ben, cando hai quen o pode facer mellor. Dúas, a máis estupenda: o beatnik, Borroughs e Sonic Youth, Patti Smith e Ginsberg...".
Para Feáns, "non todo o mundo é Leonard Cohen, así que cómpre recorrer aos poetas. Quen teña talento para a lírica, que se dedique á lírica". Fanny + Alexander recuncarán no nó entre poema e pop no seu vindeiro cedé, programado para o outono. "Procuraremos acoutar aínda máis a xeración de finais dos 70", di, "e achegaremos poetas inéditos e outros que escriben con norma reintegracionista, tristemente a poesía maldita neste país". "Con Reixa, o listón das letras pasou a estar altísimo e, quizais, tapou experiencias anteriores como a de Voces Ceibes, cantautores non autores", afirma.
Feáns, que xa iniciara probas na dirección de Fanny + Alexander con Fusquenlha, non dubida ao se posicionar: "Un poema e unha canción son exactamente o mesmo". E exemplifica coa tradición medieval. "As cantigas que son? Poemas? Cancións? A diferencia entre música e poesía é propia da modernidade". A imaxe grecolatina do poeta e a lira non se afasta tanto, ao cabo, de Micah P. Hinson. Leo Fernández Campos súmase á reivindicación galaico-portuguesa: "A nosa tradición é musicada, Martín Códax, Cantares Gallegos, Os Resentidos...". "Un poema e unha canción son o mesmo", conclúe.
"Un poema non é necesariamente o mesmo que unha canción; non se sabe exactamente onde se atopa o nexo entre o texto e unha melodía". A opinión do cantautor guardés Tino Baz distánciase dos seus colegas. Máis achegado ao canon folk, Baz vén de editar o seu primeiro cedé en solitario, Cinsa namorada. "Unha das pezas da gravación xira arredor dunha composición de Marica Campo, pero traballei poemas de Bernardino Graña, de Elvira Riveiro, de Xavier Seoane...".
Tino Baz explica o seu método de traballo. "Na lectura, o poema revela a súa estética acústica", afirma, "o léxico, a estrutra métrica, o seu valor eufónico; a melodía instálase axiña sobre o verso". O guardés fala dende un clasicismo retórico que acha "esencialidade musical" na escrita e compara o proceso decisorio sobre os poemas co cineasta que le unha novela "e de contado advirte que aí hai un filme". "Pero non existe unha máxima que permita decidir se o poema resulta musicábel ou non".
O cantor mírase debedor da tradición dos anos 70. "A reivindicación nacional da palabra de Mini e Mero [colaboradores en Cinsa namorada], a amizade de Suso Vaamonde ou Miro Casabella son fundamentais á hora de adaptar poemas á nosa música", defende. Na cuestión das liñaxes non existen lugares comúns entre os consultados. O Leo remítese a Lou Reed. "Berlin [o terceiro disco en solitario do neoiorquino] é como a gran novela norteamericana", emociónase, "e amosa que as fronteiras entre lírica, épica, narrativa, xa non resultan operativas". Para Fernández Campos, o elepé dos rapeiros composteláns Malandrómeda Os estraños sempre traen malas novas "exemplifica transgresión de lindes, na liña de Berlin, textos que non se consideran poemas, precisamente".
García, de DKTC, recolle outro Berlín, o da poeta María Lado con Fanny+Alexander, "interesantísimo". O mc de Ordes retorna a Celso Emilio Ferreiro e fala dos seus paisanos Kastomä, que colocan na leira do rock urbano pero de vila o poema Non de Longa noite de pedra. "É o poeta máis musicado, por como escribía e tamén pola súa actualidade", e cita tamén aos cercedenses Zenzar [Falo no nome da terra, de Viaxe ao país dos ananos, aparece na gravación Rock&Roll, de 2002]. O ex cantante de Diplomáticos de Monte-Alto, Xurxo Souto, percorre as versións pop de Celso Emilio en Ser dun tempo, dunha terra, texto incluído na Fotobiografía.
Noel Feáns declárase partidario irreductíbel de Rosalía de Castro, o elepé de 1975 de Amacio Prada e rescata o dobre editado no Día das Letras de 1989 dedicado, de novo, a Celso Emilio Ferreiro. "Aí están, con poemas de Celso Emilio, Jei Noguerol, Na Lúa, Cana Verde, Luar na Lubre ou Brath", relata. O tributo ao poeta resistente de Celanova é o penúltimo capítulo da relación produtiva entre poetas e músicos, entre poemas e cancións. O vindeiro, na rúa en outono, da man de Edicións do Cumio, será protagonizada polo novo pop galego -Quant, Ataque Escampe, F+A- co único requisito de empregar como texto "un poema contemporáneo".
sábado, abril 19, 2008
Crónica dende Porcópolis
O único bo da enfermidade é que teño moito tempo para ler e estes días deborei tamén un libro caralludo de Jon Krakauer, no que conta a historia de Chris McCandless, que morreu de fame en Alaska despois duns anos peregrinaxe e de moito ler Conrad, Tolstoi e Thoreau... Unha historia moi ben contada, e seica Sean Penn fixo unha boa peli. A banda sonora non está nada mal, aínda que sexa Pearl Jam en campaña presidencial... En fin, que a estas horas sempre me sube a temperatura e volto ao Camiño do Zen para centrarme un pouco até a hora da merenda.
Benvidos a Porcópolis
ODA AO XAMÓNGroria do porco, frol da invernía,
sona da casa, lapa de carne
Xamón.
Densidá ilustre da cena sabia,
gracia e potencia, rosa do pote,
Xamón.
Coallo dos froitos todos da terra,
labio fresqueiro, mantenza antiga,
Xamón
Febra xugosa, rica canteira onde
se curtan limpos poliedros
Xamón.
Benedictina fartura ilustre de Oseira e
Samos, coartel famoso,
Xamón.
Rei da lareira, carne petrucia, da Raza
esgrevia gardas o zume,
Xamón.
De rica alquímia Summa suprema,
Fariña, poma. Landra, castaña.)
Xamón,
Sal do fumeiro, na noite negra
do viño en xerra irmán doado,
Xamón
Pai das artritis, das esclerosis .
fildalgas doenzas do pazo antergo,
Xamón.
Tentación dura pra o anacoreta,
coor de meixela, carne de lume,
Xamón.
Do chan galego tes a dozura
se a meias coces con fachas secas,
Xamón
Sono adoecido do triste abstemio
farto de berzas, todo augachirle,
Xamón,
Pra tí frolecen os soutos vellos,
medran as hortas, madura o nabo,
Xamón.
Para gabarte cantóu Homero,
brilas no hexámetro, manxar heroico
Xamón
Liturxias vellas impós ós fieis
aristocrática, feudal mantenza,
Xamón
Coma o pescado roxo e sabroso
amoleciches ó funcionario,
Xamón
Do norte xiado veu pra buscarte
o loiro suevo fillo da guerra,
Xamón.
Da xente aria vella mantenza,
na túa presencia trema o Semita,
Xamón.
Triste xudeu farto de ovella
morre de envexa pola túa groria,
Xamón.
Criado con calma, mimo, coidado,
da esencia do agro síntesis rara,
Xamón.
Mentras o fígado come o escolante,
ríllate ancioso o forte abade,
Xamón
Tes en Caldelas forte crianza
na neve xiada das cumes outas,
Xamón.
Dacón por ti goza de sona
de ser Porcópolis, Chicago noso,
Xamón.
Papa das carnes, cardealicio,
archimandrita da limpa mesa,
Xamón.
Homildemente a tí chegamosos
pelingrinos, fartos de légoas,
Xamón.
E no teu gosto fresco e potente
teñen consolo as nosas fames,
Xamón.
¡Rei da mantenza, sol do fumeiro,
que sempre agardes nosa chegada
Xamón
Coallo dos froitos todos da terra,
labio fresqueiro, mantenza antiga,
Xamón
Febra xugosa, rica canteira onde
se curtan limpos poliedros
Xamón.
Benedictina fartura ilustre de Oseira e
Samos, coartel famoso,
Xamón.
Rei da lareira, carne petrucia, da Raza
esgrevia gardas o zume,
Xamón.
De rica alquímia Summa suprema,
Fariña, poma. Landra, castaña.)
Xamón,
Sal do fumeiro, na noite negra
do viño en xerra irmán doado,
Xamón
Pai das artritis, das esclerosis .
fildalgas doenzas do pazo antergo,
Xamón.
Tentación dura pra o anacoreta,
coor de meixela, carne de lume,
Xamón.
Do chan galego tes a dozura
se a meias coces con fachas secas,
Xamón
Sono adoecido do triste abstemio
farto de berzas, todo augachirle,
Xamón,
Pra tí frolecen os soutos vellos,
medran as hortas, madura o nabo,
Xamón.
Para gabarte cantóu Homero,
brilas no hexámetro, manxar heroico
Xamón
Liturxias vellas impós ós fieis
aristocrática, feudal mantenza,
Xamón
Coma o pescado roxo e sabroso
amoleciches ó funcionario,
Xamón
Do norte xiado veu pra buscarte
o loiro suevo fillo da guerra,
Xamón.
Da xente aria vella mantenza,
na túa presencia trema o Semita,
Xamón.
Triste xudeu farto de ovella
morre de envexa pola túa groria,
Xamón.
Criado con calma, mimo, coidado,
da esencia do agro síntesis rara,
Xamón.
Mentras o fígado come o escolante,
ríllate ancioso o forte abade,
Xamón
Tes en Caldelas forte crianza
na neve xiada das cumes outas,
Xamón.
Dacón por ti goza de sona
de ser Porcópolis, Chicago noso,
Xamón.
Papa das carnes, cardealicio,
archimandrita da limpa mesa,
Xamón.
Homildemente a tí chegamosos
pelingrinos, fartos de légoas,
Xamón.
E no teu gosto fresco e potente
teñen consolo as nosas fames,
Xamón.
¡Rei da mantenza, sol do fumeiro,
que sempre agardes nosa chegada
Xamón
sexta-feira, abril 18, 2008
O xefe pon firme ao exército
segunda-feira, abril 14, 2008
O xefe sobre Curros
Tamén na Coruña se falara de trasladar o monumento a Curros, obra monumental de Asorey, a non sei cal monte. Pro, naquel caso, Otero Pedrayo tomou a palabra e pronunciouse públicamente contra o traslado; houbo queixas múltiples e a cousa ficou como estaba. O traslado do monumento a Curros puido ter sido, e non foi, un episodio moi importante no proceso de desgaleguización e franquización da cidade da Coruña que se inaugurou na era Molina Brandao e que culminou na era Francisco Vázquez. O Concello da cidade da Torre de Breogán, que algúns persisten en lle atribuir a Hércules porque pareza menos nacional, e mais a Academia Galega con sede na Rúa das Tabernas, acaban de conmemorar espléndidamente o centésimo aniversario do enterro de Curros no cemiterio mariño de San Amaro, o que parece indicar que a Coruña comeza a recuperar conciencia das súas responsabilidades galega e democrática.
Con todo á Coruña aínda lle resta moito camiño nacional e democrático por andar en materia de estatuas e de nomenclatura urbana e mesmo sanitaria.
Hoxe non toca falar de Millán Astray nin de Juan Canalejo nin da Coruña, senón de Curros Enríquez e de Vigo. Parece ser que a campaña que levamos coma un cruz ao lombo durante máis de cuarenta anos foi finalmente escoitada polas autoridades municipais de Vigo, que fixeron público o seu propósito de restituiren Curros na Alameda onde o puxera na primeira década do século XX o pobo e a Sociedade "La Oliva", presidida polo nacionalista Manuel Gómez Román. Teño que felicitar a todos os participantes en tan teimuda reivindicación, en especial a quen conseguiu reunir a derraia colleita de asinaturas en favor desta causa política-cultural e que foi Xosé González Martínez.
E felicitar tamén a Gerardo González Martín como autor do texto do documento. Agora imos ver con que dilixencia os poderes municipais compren a súa palabra.