domingo, março 04, 2007

MANDA CARALLO sen comentario...




só traemos eiquí unha información sobre as burradas promovidas por algúns ecoloxistas famélicos que buscan polémica e algo de espazo nos medios. Xa está ben, señores de fentos, sexamos serios.

Seica tamén hai algo de política polo medio. Un arraiano chamado Ramón, nobre coma un boi que luta nos xulgados, vencerá sobre a cornamenta dunha fiscalía moi interesada na etnografía. Porque neste caso a tradición arraiana caga duro sobre o ecoloxismo supostamente nacionalista e aparvado. Que as chegas sempre se fixeron nesta terra sen a vosa axuda. Beizón.



Publicado no Faro do outro día:



A FISCALÍA INVESTIGA AS CHEGAS DE BOIS



La Fiscalía de Ourense está investigando la seguridad y las condiciones en que se desarrolla cada mes de agosto la "Chega de bois" de Muíños, una fiesta tradicional en la que el año pasado dos animales sorprendieron a los organizadores y embistieron a varias personas del público, que no llegaron a sufrir daños importantes.Fue el propio alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, el que dio a conocer la existencia de la investigación durante uno de los últimos plenos del Concello, en el que explicó a sus compañeros de corporación que la Fiscalía ourensana le había solicitado documentación e informes relativos a la fiesta más popular y de mayor repercusión económica del municipio.La polémica se arrastra desde hace años, cuando los colectivos ecologistas empezaron a vigilar de cerca el desarrollo de la "Chega de bois" y las medidas de seguridad que se adoptaban para garantizar la seguridad de los espectadores. Incansable es también su lucha contra este "espectáculo macabro" por el "daño" que según ellos se infringe a los bois, auténticos protagonistas de la jornada.Precisamente, según explicaba ayer el fiscal jefe de Ourense, Florentino Delgado, "fue a raíz de una denuncia de la Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) cuando se empezaron a investigar los hechos".Por el momento, Fiscalía está instruyendo diligencias de investigación y Delgado Ayuso insistía en que "por el momento no se han detectado indicios racionales de delito". Será una vez cerradas las diligencias previas, cuando un fiscal valore la información de la que se dispone y decida si tiene cabida la apertura de un proceso judicial o se archivan las diligencias.Fiesta sin permisoCabe recordar que la Chega de Bois de Muíños, una de las fiestas más populares del verano en Ourense, se celebra todos los años sin permiso de la Consellería de Medio Ambiente ni de la Subdelegación del Gobierno, pues el alcalde siempre ha manifestado que prefiere pagar una multa a la Administración que renunciar a esta tradición.La principal preocupación de los grupos ecologistas, además del "posible maltrato animal", es el recinto en que se celebra la Chega, un campo de fútbol que, en su opinión, "no reúne los requisitos mínimos de seguridad", lo que provocó la denuncia.

sábado, fevereiro 24, 2007

Manuel Lourenzo premiado co Casa dos Poetas


Felicitamos aos membros do Patronato pola súa decisión de concederlle o XXIII Premio Celanova, Casa dos poetas ao dramaturgo Manuel Lourenzo, "polo seu compromiso en prol do teatro galego e universal, como espello dos problemas sociais e existenciais ós que se enfronta o ser humano".

Lourenzo, membro destacado do colectivo Abrente, que naceu vencellado á Feira de Teatro de Ribadavia, é un dos fundadores do teatro galego contemporáneo e hoxe constitúe un referente en todos os eidos da actividade teatral, xa sexa actuando, dirixindo, producindo, ensinando, teorizando ou creando textos teatrais. Textos soberbios, clásicos e contemporáneos, sempre comprometidos e que nos obrigan a reflexionar, textos complexos e con fondura coma Contos Troianos, que tivemos o pracer de coñecer nunha moi recomendable montaxe que hai unhas semanas estreou na Sala Yago de Santiago.


A honestidade intelectual de Lourenzo tamén é indiscutible, tan indiscutible coma a súa traxectoria de máis de corenta anos facendo teatro, cine e televisión dende Galicia; en defintiva, facendo país.
A ver se algún día podemos presenciar algunha das súas montaxes teatrais en Celanova.

sexta-feira, fevereiro 23, 2007

Celanova sempre foi terra de xudeus

Como descendentes do mellorciño da estirpe xudaica arraiana cun par de parafusos arabescos rosendianos espetados na trabe de ouro, os irresponsables deste CADERNO ARRAIANO queremos dar conta dunha nova que se vía vir dende había tempo.
Estaba claro que o primeiro xudeu documentado en Galicia, no ano 1.044, tiña que ser de Celanova. O resto eran indocumentados, sen papeis, ilegais, fuxidos, arraianos: os nosos antergos.
Abraiados porque a nosa intuición non coñece límites, a noticia publicada o outro día na prensa só confirma algo ben sabido pero que só diciamos na intimidade, polo medo que nos foi transmitido de xeración en xeración.
Pero xa nolo dicía o demo... que eramos un crisol de culturas, froito da persecución, do abandono e do ecelcticismo máis fronteirizo.
O que está claro é que eran ben mellores os xudeus de hai mil anos. Entre os de hoxe hai poucos que merezan compartir o noso fogar arraiano...

quarta-feira, fevereiro 21, 2007

Polos planaltos do principio do mundo



Inesquecible xornada cos amigos do Crasto Laboreiro e co profesor Isaac Alonso Estraviz e maila súa dona, antes das Xornadas de Historia Local que organizan todos os anos os compañeiros do Centro de Estudos e Pesquisas Montes do Laboreiro. Veleiquí un dos principios do mundo para nós, que somos contrabandistas arraianos, arroutados, panteístas, intelectuais sen palestra e laboriosos apicultores e facedores de revistas.

Homenaxe Galega a Isaac Díaz Pardo

De ben nacido é ser agradecido...
A Galería Sargadelos de Ferrol acolleu a presentación ante os medios do libro Isaac Díaz Pardo. Homenaxe galega, editado pola asociación cultural Fuco Buxán e coordinado por Rosa Méndez Fonte.
Esta obra pretende afondar no coñecemento da traxectoria vital de Isaac nas súas múltiples vertentes: artista, industrial, escritor, ceramista, conservador, editor e libertario comprometido con Galicia e a coa súa cultura. Consta de 260 páxinas, ilustracións e fotografías e recolle colaboracións de Camilo Díaz, Manuel Aznar, Xosé Neira Vilas, Euloxio Ruibal, Fernando Salgado, Fermín Bouza e Andrés Varela, Eva Veiga, Xosé Leira, Jose Viale Moutinho e Rosa Méndez
A presentación oficial do libro terá lugar o 2 de marzo trala cea e homenaxe que lle van render os de Fuco Buxán ao Sumámonos a esta homenaxe e felicitámolos pola iniciativa...

Se houbera máis Isaacs en Galicia, dez ou vinte aínda que só fora, outro galo cantaría neste país, que sempre foi especialmente ingrato coas persoas verdadeiramente xeniais e brillantes. E que viva a mediocridade...

Saúde Isaac, e non afrouxes!!

terça-feira, fevereiro 20, 2007

Lembranzas do Furriolo




Este potente mural de X. Vizoso no Alto do Furriolo (entre Xinzo en Celanova), promovido polo Colectivo Arraianos, foi definido por Isaac D. Pardo coma un berro no medio do monte.



Ben definido. Sobran as palabras.

As fotos son do Américo, Irmau Arraiano do Crasto Laboreiro






quinta-feira, fevereiro 15, 2007

En apoio de Dionísio Pereira


OS ARRAIANOS POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN


O historiador Dionísio Pereira comparece hoxe no xulgado de paz de Cerdedo para responder por unha frase incluída nun libro sobre a represión franquista na zona. A familia do ex alcalde de Cerdedo, Manuel Gutiérrez, antigo xefe da Falange local, esixe que se retracte e unha indemnización por danos e perxuízos. "Nin quiero nin podo retractarme, porque está en xogo a dignidade das vítimas".



Asinamos e apoiamos este MANIFIESTO da Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido”

A todos e a todas:
A transición á democracia, que escomenzou coa morte de quen encabezara o golpe fascista que puxera fin a IIª República, non rematou coa entrada en vigor da vixente Constitución nin coa sucesión de eleccións e relevos en gobernos (central e autonómicos) e outras institucións. A ferida provocada polo levantamento franquista segue aberta, porque aquel proceso que nos quixeron vender como exemplar non foi máis que un intercambio forzado nunha situación de clara desigualdade. Os resortes do poder seguían nas mans dos franquistas: eles pretendían obter unha cláusula de impunidade mediante o noso silencio, a cambio de poder exercer as liberdades públicas máis ou menos recurtadas.

Pero aquel medo que durante os anos da ditadura pechaba as bocas, non podía por sempre seguir sendo o parapeto protector dos verdugos e dos seus fillos biolóxicos e ideolóxicos. Co paso do tempo, agromou na conciencia colectiva a necesidade de botar luz sobre os arrepiantes acontecementos que comezaran coa Guerra Civil e aínda hoxe rebrotan. Neste punto, a Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes “Verbo Xido”, que forma parte do colectivo “Sinhor Afranio”, implícase na tarefa de colaborar con quen investiga para sacar á luz todo aquilo que nos quixeron agochar.

Para honrar a cantos cerdedenses foron asasinados ou sofriron a represión de calquera xeito por defender os dereitos individuais e colectivos e á República, levamos a cabo a instalación dun monumento na Ponte do Barco (Pedre) na lembranza de dous canteiros asasinados naquel lugar; apoiamos unha iniciativa do BNG, aprobada unanimemente pola Corporación municipal de Cerdedo, de honrar a todas as vítimas da contenda sen distinción con outro monumento –algo que, pasados varios anos, o Concello aínda non puxo en práctica- ; homenaxeamos a un ilustre exilado fillo da nosa terra, Xosé Otero Espasandín; dedicámoslle a edición das Xornadas “Terra de Tod@s” de 2006 á recuperación da memoria da represión franquista e nela percorremos un roteiro dos lugares da memoria e participamos na edición dun libro, titulado A IIª República e a represión franquista en Cerdedo, escrito por Dionisio Pereira.Tamén aplaudimos a decisión unànime da Corporación, tomada en abril de 2006, de retirar a rúa dedicada a un ex alcalde franquista, Manuel Gutiérrez, e advertimos do perigo que supuña outro acordo tomado en nadal do mesmo ano polo que, tan só cos votos do PP, revogaba o anterior, provocando o sanguento paradoxo de que un sistema que se quere democrático honre a quen participou no seu esfarelamento.

En pleno retroceso ás cavernas da historia, o atentado contra o monumento de Pedre serviu para advertir dalgo que nós xa sabiamos: os herdeiros do “Caudillo” non se resignan e acontecementos como o protagonizado polo Concello de Cerdedo sérvenlles de combustible.

No entanto, quédanos a forza da palabra e a fortaleza que nos dá saber que defendemos unha causa xusta. Todos escoitamos en voz baixa os nomes dos represores, sabemos de propiedades que cambiaron de donos a punta de pistola e a golpe de multas, de violacións, de testemuñas de asasinatos e de torturas. Co paso dos anos foron morrendo case todos, pero a verdade dos feitos é a mesma. Aos historiadores e historiadoras correspóndelles plasmala en libros e outras publicacións, e así contribuír á tarefa de cicatrizar unha ferida que aínda está aberta, para que a Guerra e a represión se convertan nun capítulo da historia do que apender para que non se repita.

Pero mentres que por escribir nun papel uns nomes, que foron mil veces pronunciados en voz baixa polas vítimas da barbarie e que se sinalan como presuntamente vencellados á represión, alguén poida ser procesado, como acontece con Dionísio Pereira pola frase contida no devandito libro, “Verbo Xido” dará un paso para expresar publicamente o seu respaldo, ó tempo que solicita o de todos aqueles colectivos e persoas que traballan polos mesmos obxectivos liberadores e defendan que a palabra nin mata nin fere.

Pola liberdade de expresión!

En Cerdedo, a 11 de febreiro de 2007

domingo, fevereiro 11, 2007

O gran silencio

Non é o Castelo das Poulas, nin moito menos, pero é un mosteiro cartuxo (ou cartuxán) dos Alpes franceses.
Agora xa sabemos que só dende o silencio poderemos ouvir o vento das voces ancestrais...
Phillip Groning xa pode morrer tranquilo despois de facer este documental caralludo.
Escoita as folerpas, a néboa que baixa do monte, o ceo que se move contra as ondas da auga, a herba que medra, as vacas peludas polo claustro, as badaladas do reloxio, a pedra tépeda do verán, a madeira de cerdeira que estrala no lume que arde dentro do ferro...
Un avión que pasa, a paz do xaxún, unha treboada de primavera, a xiada, outro ceo de noite, máis herba e dúas badaladas, o reloxio dos turistas, nenos de branco que xogan na neve e que se chimpan a rolos, a risa, o xantar do domingo, a horta reverdecida, os perruqueiros, o xersei de rombos negros, o liño do xastre de tesoura máxica, o cego visionario que non teme a morte, o pano pendurado que move o vento do refectorio...
Escoita o zoar dos libros nas estancias dos monxes, a caligrafía medieval dun libro de canto, o recollemento dun cuarto ascético e acolledor, empotrado, a gota de auga sobrer auga, o eco do silencio, a palangana que roda na pedra, o vento do xeo, os cánticos gregorianos no cumio do monte e mailo ceo a chamar por nós...
Case tres horas de pura beleza cinematografica, poesía visual, o son dunha paz austera, o ritmo da vida e a harmonía da disciplina.

Corpo e espírito agroman coma unha enredadeira na horta do mosteiro, na esquina da cociña, no refectotrio, no catre empotrado, na oración, entre as estrelas e o fondo das fervenzas. A cona santa contra as parvadas dos que din saber algo de cine. Redonda, soberbia creación. Paciencia. Demasiado pronto, dicían os monxes. 16 anos despois. Beizóns á tradición ascética da orde cartuxa, á natureza e á intelixencia do cineasta alemán, por facernos partícipes da paz dos que renunciaron a todo para estar cos deuses.

A historia continuará coa próxima entrega do Gran Silencio dende o mosteiro arraiano do alto de Penagache, con banda sonora de Sangre Cavallum e Megalito Sound System, tocando piano entre as antas e as chairas do Couto do Corno Dourado.

terça-feira, fevereiro 06, 2007

Homenaxe aos represaliados polo franquismo

Volverlles a palabra é o intento de lles render unha solidaria e conmovida homenaxe a todas as mulleres e homes que foron represaliados pola ditadura franquista por pensar e vivir libremente nun país que comezaba a nacer.


"Xa non está na nosa man devolverlles a vida nin liberalos dos anos de prisión, nin impedir aldraxes e calumnias, pero está na nosa man, aínda que tarde, evocar a súa verdadeira voz, facelos falar desde a súa dignidade. O presente volume está de cheo nese compromiso de volverlles a palabra a todos aqueles que non puideron falar, e sobre todo, a aqueles que decidiron falar, pagando, tantas e tantas veces, un duro prezo, o que impuña a barbarie franquista. Conscientes deste compromiso, Baldo Ramos e X. C. Domínguez Alberte non repararon en esforzos para que un número importante de voces de hoxe se xuntasen, nesta tribuna da dignidade civil, para volverlles a palabra (simbolicamente cando menos) a miles e miles de homes e mulleres que para moitos de nós, están na raíz dos nosos mellores compromisos cívicos"




Texto de Xesús Alonso Montero no prólogo deste libro, que xa está a venda nas librerías

quarta-feira, janeiro 31, 2007

Seguiremos a fodere...


que foi como dixo White Pomba ao final daquela primeira entrega da nosa longa e lisérxica travesía arraiana...

Porque tralo merecido descanso que nos tomamos estes meses (era preciso parar un pouco e reflexionar, e niso andamos) a Revista Arraianos vai voltar este ano coa forza dos bois piscos que arrincan os marcos da vella fronteira do Penagache e doutras moitas raias imaxinarias que dividen este país a medio facer...

Chegados a esta altura, e xa van seis tiradas, estamos obrigados a manter e mellorar o nivel desta publicacion que foi medrando a cada número. Seguimos a ser arraianos pero estamos en fase constituínte. Andamos a argallar un Consello de Redaccion que vai marcar un antes e un despois nesta xeira colectiva.
O dito... que seguiremos a fodere

quinta-feira, dezembro 28, 2006

Se Celso Emilio levantara a cabeza...

poderia alucinar co acto que organizamos en Andel para presentar o especial da Revista Arraianos
Na foto da esquerda Anxo Angueira, Moncho Nicolas e Aser Alvarez
Na da dereita, Garcia e mailo Leo reinterpretando dun xeito maxistral a CEF

quarta-feira, dezembro 06, 2006

CELSO EMILIO CHEGA A VIGO.Presentacion de Arraianos VI


Arraian@s do principio do mundo:

Tralo pequeno retiro espirutual cos driudas raiotos nos planaltos do Laboreiro pra meditar sobre algunha cousa que xa esquecimos, voltamos agora coa forza dos escornabois pra conquistar Vigo a golpe de palabra e notas musicais, da man de Celso Emilio Ferreiro, protagonista desta entrega da REVISTA ARRAIANOS

A cita vai ser o venres, 15 de decembro, na libreria Andel, a partir das 8 e media da noite,
con Moncho Nicolas na ponte de mando, Anxo Angueira e Aser Álvarez na proa da poiesis, Luis Ferreiro na popa, Mc Garcia en Dios ke te Crew e Leo en... Arremecaghonaaaaaa!!!
Quen ofrece mais por menos?

Reservamos-che o dereito de ad mision...

domingo, setembro 24, 2006

FESTA DE PRESENTACION ARRAIANOS VI EN COMPOSTELA


Estimados arraianos:

O vindeiro mercores, 27 de setembro, estades todos convidados a festa de presentacion do numero 6 da REVISTA ARRAIANOS: Celso Emilio fai 95 anos.

Vemonos no Pub Garigolo (rua da Algalia de Arriba, en Prisciliano de Compostela) a partir das oito e media da noitinha.

Contaremos coa presenza de Isaac Diaz Pardo, Benedicto Garcia, Baldo Ramos e Aser Arraiano.

E no apartado musical, fliparemos coas actuacions de Garcia, de Dios Ke Te Crew, rapeando maxistralemente a CEF, e Leo Arremecaghona, o cantautor punk, creando hai-cus coa sua distorsion arraiana.

Agardamos vervos e poder tomar uns vinhotes.

Compre ter moito coidado con estes arraianos!!!

quarta-feira, setembro 20, 2006

Celso Emilio fai 95 anos ARRAIANOS VI



A Revista Arraianos VI xa esta nas librerias e nos puntos de venda habituais, cun numero especial sobre Celso Emilio Ferreiro, con interesantes colaboracions e material orixinal e inedito do poeta de Celanova.

Lugares de venta:
En Celanova, Libreria Abella, Conde e Quiosco Gerardo
En Muinhos, Terradomillo e Supermercado Placido
En Lobios, Quiosco Miguel
En Lobeira, Supermercado As Conchas
En Pitoes das Junias, Taberna Terra Celta
En Allariz, Micalla e Roi Xordo
En Ourense, Livraria Torga
En Santiago, Livraria Palavra Perduda, Couceiro, Pub Garigolo, Casa das Crechas, Quiosco Artico e no Xa chegou
En Vigo, Andel e Meendinho
En Pontevedra, Libreria Michelena
En A Corunha, Libreria Couceiro e Sisargas




terça-feira, setembro 12, 2006

MONUMENTO AS VITIMAS DA REPRESION FRANQUISTA NO FURRIOLO


O artista Xose Vizoso en plena accion de recuperacion da memoria.

Polos represaliados no Furriolo.

Pola dignidade.

Como dixo Isaac Diaz Pardo, veleiqui un berro dramatico no Alto do Furriolo.

Memoria = Xustiza
Esquecemento = Inxustiza.


Beizón a todos os arraianos



Foto: Baldo Ramos, poeta e arraiano maior

sexta-feira, agosto 25, 2006

Xornadas ARRAIANOS Agosto 2006

Asociacion Arraianos - Terras de Celanova
Actividades Ano da Memoria 2006
75 aniversario da II Republica


Domingo 27 de agosto: Homenaxe aos asasinados no Alto do Furriolo (A Bola)

11:30.- Lectura dun comunicado da Asociacion Arraianos.
12:00.- Recital poetico-musical: Volverlles a palabra, a cargo de Xose Luis Mendez Ferrin, Victor Campio, Manuel Vilanova, Baldo Ramos, Anxo Angueira, Delfin Caseiro, Lois Anton, Xoan Carlos Dominguez Alberte e Vapores das Burgas.
12:30.- Inauguracion dun mural de Xose Vizoso en homenaxe as vitimas da represion franquista no Alto do Furriolo (A Bola).
12:45.- Interpretacions musicais en homenaxe as vitimas da represion.
13:30.- Xantar de irmandade no Furriolo, coa participacion de colaboradores na iniciativa, veciños, descendentes e amigos de presos e represaliados.
Os interesados en participar neste xantar podense anotar chamando ao concello de A Bola.


I Xornadas sobre Represion, Solidariedade e Resistencia Antifranquista
IES Celanova. 28, 29, 30 e 31 de Agosto de 2006


Luns 28 de agosto: Represion franquista nas Terras de Celanova
10:00 Inauguracion oficial das xornadas.
10:15 Mesa redonda: Medo, solidariedade e represion en Celanova.
11:15 Dialogo entre Elixio Rodriguez e Aser Alvarez: A este mataredelo maña.
12.00 Pausa.
A represion: historias de vida
12:45 Dialogo entre Carlos Pereira e Arturo Perez, neto e fillo do alcalde de Gomesende, asasinado no Furriolo polos falanxistas da zona. Celso de Poulo: memoria dun asasinato e dunha familia represaliada.
19:00 Proxeccion dun documental sobre a represion franquista.

Martes 29 de agosto: Consecuencias da represion
10:00 Felipe Castro Perez: A ruptura da convivencia nas Terras de Celanova. 36-39.
11:00 Raul Soutelo Vazquez: As consecuencias da represion para as mulleres do rural.
12:00 David Simon Lorda: Galenos de Ourense, historias de represion, exilio e depuracion.
12:45 Pausa.
A represion: historias de vida
13:00 Dialogo entre Eudosio Alvarez e Cesar Alvarez, o ‘Reinos’ do Viso. A testemuña do avo e a recuperacion da memoria.
14:00 Percorrido pola exposición:
A vida cotia no primeiro franquismo
18:00 Presentación do libro A memoria na escola, por X. Manuel Cid, Xoan Carlos D. Alberte e Raul Soutelo.
19:00 Proxeccion dun documental e tertulia posterior.

Mércores 30 de agosto: Resistencia, memoria e solidariedade arraiana
10:30 Acto de homenaxe a Isaac Diaz Pardo: Represion, compromiso e recuperacion da memoria.
11:00 Antonio Lourenço Fontes: De Tourem a Vinhais, resistencia e solidariedade arraiana.
12:00 Angel Rodríguez Gallardo: Refuxiados e fuxidos nos Montes do Leboreiro.
13:00 Eliana Brites Rosa: O papel da fronteira luso-galaica na questao dos refugiados da Guerra Civil de Espanha (1936-1939)
14:00 Percorrido pola exposicion: O ensino na II Republica
19:00 Proxeccion dun documental e tertulia posterior

Xoves 31 de agosto: Guerrilla antifranquistas, literatura e memoria
10:00 Xesus Alonso Montero e Camilo Dios: Compromiso, resistencia e memoria.
O exemplo de Camilo Dios como membro da Guerrilla Antifranquista Galega.
11:30 Bento da Cruz: Guerrilheiros antifanquistas na Raia Seca.
12:15 Pausa
12:30 X. L. Mendez Ferrin: Compromiso e literatura.
14:00 Clausura oficial das xornadas, coa asistencia de Anxela Bugallo.
18:00 Celebracion do cabodano de Celso Emilio Ferreiro: ofrenda floral e recital poetico no Cemiterio de San Breixo de Celanova.
19:00 Presentacion dun monografico da revista Arraianos dedicado a Celso Emilio Ferreiro:
Celso Emilio fai 95 anos, coa presenza de Maria Sol Lopez e Luis Ferreiro
19:30 Visionado dun documental sobre CEF e tertulia posterior.




Promove: Asociacion Arraianos

Coordinan: Xoan Carlos D. Alberte e Aser Alvarez

Colaboran: Direccion Xeral de Creacion e Difusion Cultural (Conselleria de Cultura), Secretaria Xeral de Politica Linguistica (Conselleria de Presidencia), Delegacion Provincial da Conselleria de Educacion, Concello de A Bola, Concello de Allariz, Concello de Vilar de Santos, Xunta Directiva do IES Celanova, Fundacion 10-M, Fundacion Castelao, Fundacion Celso Emilio Ferreiro e o Ateneo Republicano de Galicia.

sábado, julho 15, 2006

FEAR



O vindeiro fin de semana ficara cosntituida, por fin e trala laboriosa redaccion dos estatutos por parte do axente Medulios Petrucio, a F.E.A.R. (medo en ingles) Federacion de Asociacions Arraianas (sur de Galicia-Norte de Portugal.

Veleiqui o inicio dunha nova xeira no movemento arraiano, coa creacion dunha estrutura basica de intercomunicacion, traballo en comun, creacion e posta en marcha de proxectos transfronteirizos.

Ilustracion de Baldo Ramos

Recuperando memorias



Entre o 27 e o 31 de agosto, o Colectivo Arraianos celebrara en Celanova unha homenaxe as vitimas da represion franquista e as I Xornadas sobre Represion, Solidariedade e Resistencia Antifranquista na Raia Seca.
Inauguraremos o Roteiro da represion e un monumento no Furriolo polas vitimas da barbarie. Habera documentais, charlas, exposicions, poesia, musica, investigacions, historias de vida de represaliados e descendentes... Todo para facermos cidadania e contruir un futuro mellor.
O programa de actos xa case esta pechado. Seguiremos informando... pero ide facendo sistio na vosa axenda arraiana para estar con nos entre o 27 e o 31 de agosto de 2006.
Para facer memoria. Para recuperar o pasado e conquistar o futuro.

Ilustracion de Conde Corbal

segunda-feira, junho 19, 2006

Fe de ratas: Estamos en crise e debemos reflexionar


Bando de Guerra

Estimados cadernarios, blogueiros, arraianos, ciberamigos e compañeiros/as:

Pedimos desculpas polo abandono deste curruncho durante os ultimos dias. Algun trasno-jaquer nos debe ter enfiados, e por iso evitamos ainda os signos de acentuacion. Os tiles puideron ter a culpa deste repoludo desconflautamento tipografico, pero ninguen acredita en semellante version do acontecido.

Oficialmnete on sabemos que carallo pasa co caderno arraiano, pero descubriremolo e faeremos pagar aos culpables. Temos moi mala hostia e pouco que perder, salvo a honra. Hai unha investigación aberta porque cremos que algún intruso nos está dinamitando a configuración dende o principio do mundo. Imos a por el, sen compaixon, e queremos que o saiba e que pense neste intres: Trágame terra!!! Arggg!!!!

Nos vindeiros dias voltaremos a ciber normalidade

Servizos Secretos Arraianos Non STOP